Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Amplo descontento co capitalismo vinte anos despois da queda do muro de Berlín
19/11/2009
Fonte: BBC News


Após vinte anos da caída do Muro de Berlín, unha enquisa realizada en 27 países do mundo sinala que o descontento co capitalismo libre mercado (sic) é xeneralizado, con só un pequeno 11% que afirma que funciona ben e que non sería positiva unha maior regularización.

Só en dous países superan o 20% os contentos co capitalismo: Estados Unidos (25%) e Paquistán (21%).

A visión máis común é que o capitalismo de libre mercado ten problemas que poden abordarse a través de procesos de regularización e reforma – un punto de vista defendido polo 51% das máis de 29.000 persoas enquisadas.

Unha porcentaxe do 23% consideran que o capitalismo é un sistema totalmente defectuoso que un novo sistema é necesario –incluíndo o 43% na Francia, o 38% en México, o 35% no Brasil e o 31% na Ucraína.

Por outra parte, en 15 dos 27 países, a maioría quere que o seu goberno controle mais directamente as principais empresas. Este punto de vista está particularmente estendido en dúas ex repúblicas soviéticas: Rusia (77%) e Ucraína (75%), mais tamén no Brasil (64%), Indonesia (65%) e Francia (57%).

En 22 dos 27 países, a maioría defenden unha mellor distribución da riqueza polos gobernos (67%). En 17 países dos 27, un 56% apostan por que os gobernos regulen máis as empresas.

A enquisa tamén preguntou sobre se a disolución da Unión Soviética foi algo bo ou non. O 54% di que foi positivo, aínda que esta posición é maioritaria en só 15 dos 27 países. O 22% afirma que foi algo negativo, mentres que o 24% non sabe.

Entre os estados membros do antigo Pacto de Varsovia, a maioría dos rusos (61%) e ucraínos (54%) coidan negativa a desintegración da Unión Soviética. Pola contra, catro de cada cinco polacos (80%) e case dous tercios dos checoslovacos (64%) considérana positiva.

Os resultados proceden dunha enquisa sobre 29.022 cidadáns maiores de idade de 27 países, realizada para a BBC World Service por GlobeScan, empresa internacional de estudos estatísticos, xunto co Program on International Policy Attitudes (PIPA) da Universidade de Maryland. GolbeScan coordinou o traballo de campo entre o 19 de xullo e o 13 de outubro de 2009.

Doug Miller, presidente de GlobeScan, afirma: “Seica a queda do Muro de Berlín en 1989 non foi a esmagadora vitoria do capitalismo de libre mercado que se prevía nese momento, sobre todo despois da situación nestes últimos doce meses.”

Conclusións:

Os europeos din que a desintegración da Unión Soviética foi algo bo, cunha ampla maioría na Alemaña (76%), e Francia (74%). Esta opinión domina especialmente nos Estados Unidos, onde o 81% dos consultados coidan positiva a desintegración. Nos principais países desenvolvidos, como Australia (73%) e Canada (73%) tamén son da mesma opinión.

Fóra do Occidente desenvolvido, o consenso é moito menor. Sete de cada dez exipcios (69%) opinan que a desintegración da Unión Soviética foi sobre todo negativa. As opinións están divididas na India, Kenia e Indonesia, con moitos “non sabe/non contesta” nas respostas.

Malia compartir visións semellantes sobre moitos temas claves, franceses e alemáns están en franco desacordo no tocante ao capitalismo de libre mercado. Na Francia, o 47% coida que os seus problemas poden ser resoltos mediante regulacións e reformas, mentres que un 43% consideran o contrario. Na Alemaña, poren, poucos (8%) son os que defenden un sistema económico diferente, sendo cerca de tres cuartos (74%) os que coidan que o capitalismo de libre mercado debe estar libre das regulacións e das reformas.

América Latina é particularmente favorábel a un papel máis activo dos gobernos na xestións da economía. Nove de cada dez apoian unha redistribución da riqueza en México (92%), Chile (91%) e Brasil (89%).

Onde menos porcentaxe apoia a redistribución é en Turquía (9%). Onde menos gusta a intervención do goberno na economía é na India (66%), Polonia (61%) e os Estados Unidos (59%). Pola contra, onde máis se defende o papel regulador do goberno é no Brasil (87%), Chile (84%), Francia (76%), Estado español (73%), China (71%) e Rusia (68%). Porén, existe unha forte oposición á regularización en Turquía (71%), Filipinas (47%), Paquistán (36%), Nixeria (32%) e a India (29%).

O control directo das industrias polo goberno ten moita oposición non só nos Estados Unidos (52%), senón tamén na Alemaña (50%), Turquía (71%) e Filipinas (54%).

Foron entrevistados, entre o 19 de xuño e o 13 de outubro, 29.033 cidadáns de Australia, Brasil, Canadá, Chile, China, Costa Rica, República Checa, Exipto, Francia, Alemaña, India, Indonesia, Italia, Xapón, Kenia, México, Nixeria, Paquistán, Panamá, Filipinas, Polonia, Rusia, Estado español, Turquía, Ucraína, Inglaterra e os Estados Unidos. (Nota: no Brasil, Chile, China, Costa Rica, Exipto, México, Panamá, Filipinas e Turquía so se consultou nas zonas urbanas.)

Ler máis
1 Comments:
  • At 11/22/2009 07:48:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    La opinión favorable de una mayoría de ciudadanos de Alemania,Frnacia, y Usa sobre la desintegración de la Urss, demuestra que son unos ignorantes , que la pauperización absoluta a ellos no les afecta y que están podridos por el capitalismo.la mayoria de la población "wasp" de Occidente s inservible para el comunismo.Conclusión dramática pero real.Granados, desde Madrid.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com