Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Cegueira
24/11/2009
Gloria Rekarte, ex presa política

Gara
24/11/2009


Eneko Olza. Detención: Iruñea, 5 de xullo de 2000, no curso do xuízo que se seguía contra el pola queima dun caixeiro automático. Acusación fiscal: Incendio terrorista. Petición fiscal: 15 anos. Proba única: tiña unha cazadora da mesma color que a que aparecía na cámara de videovixilancia da entidade bancaria. Atenuantes: ningún. Condena: 10 anos. Situación actual: encarcerado.

José Diego Yllanes: Detención: Iruñea, 7 de xullo de 2008. Acusación: Asasinato. Petición fiscal: 17 anos. Probas: todas. Curso do xuízo: impecábel posta en escena do acusado. Atenuantes: Reparación do dano (económica, enténdase) e embriaguez leve. Condena: 12 anos e medio. Situación actual: encarcerado de momento.

Espléndido retrato o da xustiza espida, e dos seus funcionarios, das leis, dos medios... e da sociedade. Mais poucos quixeron reparar en tanto. Os danos a un caixeiro automático valen un chisco menos que a vida dunha muller. Un chisco menos en petición fiscal e en condena, e seguramente bastante máis á hora do cumprimento desta condena. Ante a disidencia vasca, a xustiza sabe como golpear e como semellar implacábel; os medios como crear a alarma social da que botan man os tribunais para ditar sentenza. A sociedade, como sentirse entón satisfeita. Mais ante a posición económica e social de Yllanes, a xustiza, que é calquera cousa menos cega, pregou velas; os medios apagaron os lumes e boa parte da sociedade mostrouse insolitamente comprensiva. Se alguén camiña cunha venda nos ollos, non é precisamente a xustiza
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com