Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Defendamos a memoria de Ernst Thälmann e da resistencia antifascista alemá
01/11/2009

Os camaradas alemáns do círculo de amigos do Monumento a Ernst Thälmann en Ziegenhals (no Estado federado de Brandeburgo, a 45 km de Berlín) acaban de encetar unha campaña a nivel internacional para impedir o seu derrubo. Max Renkl, o presidente desta asociación amiga, está facendo un chamamento a todos os antifascistas para que se unan a esta loita pola defensa da memoria de Thälmann e de todos os que se opuxeron aos nazis.

O Monumento a Ernst Thälmann foi construído polo Goberno da República Democrático Alemá nos anos 50, como merecida homenaxe ao dirixente comunista Thälmann, máis non só a el, senón aos primeiros resistentes antifascistas. Levantouse o monumento onde o 7 de febreiro de 1933, só unha semana despois da chegara ao poder dos nazis, se reuniu o Comité Central do Partido Comunista de Alemaña (KPD), liderado por Ernst Thälmann. Foi a primeira xuntanza dun partido alemán para organizar a resistencia antifascista. Thälmann pronunciou aí o famoso Discurso de Ziegenhals, onde chamou a todos os antifascistas a unirse e loitar contra o réxime fascistas. O Partido Comunista de Alemaña tardou unha semana en comezar a súa resistencia. Outros loados pola burguesía, como o militar Stauffenberg, tiveron que agardar 11 anos e que a guerra estivera case perdida, para intentar algo contra Hitler (que non contra o fascismo).

En 1990, a Treuhandanstalt, empresa estatal alemá encargada de privatizar o patrimonio da República Democrática Alemá, incluído o patrimonio do Partido Socialista Unificado da Alemaña, converteuse na propietaria do Monumento, do edificio adxacente e do chan. En 2003, a Treuhandanstalt vendeu o monumento e toda a propiedade a un militar de Brandeburgo. O novo dono, ademais de impedir o acceso ao monumento, leva 6 anos intentando derruílo.

Os comunistas alemáns teñen que incrementar os seus esforzos, porque o propietario está disposto a destruílo xa, e as autoridades de Brandeburgo apoian o seu proxecto. Esta é a razón da importancia desta campaña. É deber de todo comunista, de todo antifascista, colaborar na medida do posíbel nesta campaña. Difunda esta campaña e asine a petición on-line para impedir o derrubo. Tamén pode acceder á petición a través desta páxina http://www.etg-ziegenhals.de/Aktuelles.html.

Hoxe máis que nunca, longa vida a Thälmann, ao histórico KPD e aos loitadores antifascistas!


2 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com