- O independentista galego Ugio Caamanho foi detido esta sexta feira na Coruña e onte pola tarde ingresaba no cárcere de Teixeiro. Na páxina do organismo antirrepresivo Ceivar informan desta detención.
- En Bilbo, 20.000 persoas saíron á rúa para protestar pola macrorredada contra a mocidade vasca. Polo de agora, son 31 os detidos. No Gara pode ampliar información.
- O dirixente obreiro Manuel Pérez Mártinez, Camarada Arenas, ten o próximo 3 de decembro un novo xuízo-farsa. Os Comités por un Socorro Roxo Internacional convocan unha concentración para mostrar o apoio a Arenas diante das portas da Audiencia Nacional.
É un deber dos comunistas amosar a nosa solidariedade cos que combaten este sistema. Liberdade comunistas e independentistas presos! |
Por suposto que é deber dos comunistas amosar solidariedade cos loitadores pola clase obreira e o socialismmo.
Este rapaziño, Ugío, pensei que xá cumplira uns cantos anos, non entendo como volve a estar preso...
Os compañeiros vascos andan de disgusto en disgusto, están mallando neles a diario. Cada día se ve máis claro que o único que queren os españolistas é borrar a Euskal Herria do mapa e non deixan saídas legais para o conflicto.
Parece mentira que o Camarada Arenas ainda esté entre reixas, e ademáis coa súa enfermidade... e totalmente intolerábel!
Fagamos fronte á ofensiva do fascismo español!!