Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Os alemáns orientais perderon moito en 1989
18/11/2009


Para moitos na RDA, a caída do muro de Berlín e a unificación significou a perda do emprego, da vivenda, da seguridade e da igualdade.

Bruni de la Motte

Guardian
8/11/09

O 9 de novembro de 1989, cando o Muro de Berlín se viña abaixo, comprendín que a unificación alemá chegaría moi pronto. Isto significaba a fin da República Democrática Alemá, o país no que nacera, crecera, tivera aos meus dous fillos, obtivera o meu doutorado e gozara dun satisfactorio traballo como profesora de literatura inglesa na Universidade de Potsdam. Por suposto, a unificación trouxo consigo a liberdade de viaxar polo mundo e, para algúns, máis riquezas materiais, mais tamén trouxo a desintegración social, o desemprego xeneralizado, as listas negras, un estúpido materialismo e unha sociedade de cotobeladas, así como unha demonización do país no que eu vivín e que axudei a moldear. A pesar das vantaxes, para moitos foi máis un desastre que unha celebración.

Abondan dous exemplos. A miña mellor amiga, unha profesora de linguas estranxeiras, perdeu o seu traballo e entrou nunha lista negra porque, na época na que caeu o muro, ela estaba a ensinar nunha universidade de dereito do goberno. Non era membro do partido, nin sequera estaba politizada. Após moitos esforzos conseguir atopar un emprego axudando a mozos excluídos sen escolarizar, cun contrato temporal e un salario moito menor. O meu irmán, doutorado en ciencias filosóficas, perdeu o seu emprego de investigador na academia e desde entón só conseguiu empregos temporais sen ligazón coa súa especialidade e mal pagados.

Pouco se sabe do que aconteceu coa economía da RDA cando caeu o muro. Unha vez que se abriu a fronteira, o goberno decidiu estabelecer un fondo para garantir que as “empresas públicas” (a maioría) fosen transferidas aos cidadáns que crearan a riqueza. Porén, poucos meses despois da unificación, o goberno conservador recentemente elixido transferiu o fondo fiduciario a alemáns occidentais que representaban os intereses dos grandes negocios. A idea de bens “de propiedade pública” transferidos aos cidadáns foi abandonada sen máis explicacións. No seu canto, os bens foron privatizados nunha velocidade recorde. Máis do 85% dos bens públicos foron comprados por alemáns occidentais e moitos foron pechados pouco despois. No campo, 1,7 millóns de hectáreas de terras agrícolas e forestais foron vendidas e o 80% dos traballadores agrícolas perderon os seus empregos.

En xullo de 1990, cando aínda existía a RDA, foi introducida unha apurada “unión monetaria”, co resultado da bancarrota económica da RDA. Antes da unificación, o marco da Alemaña Occidental valía 4,50 marcos da RDA; a unión monetaria fixou a paridade nunha taxa de cambio de 1:1. O resultado foi, dun día para outro, a suba do prezo dos produtos de exportación da RDA nun 450% , deixando de ser competitivos; o mercado da exportación (39% da economía) quebrou inevitabelmente.

Un enorme número de obreiros perderon o seu traballo, como tamén milleiros de investigadores e académicos. Como resultado das purgas no mundo científico e académico, un proceso de limpeza política, máis dun millón de persoas con estudos académicos perderon o seu traballo. Isto significa case o 50% deste grupo, obtendo Alemaña Oriental a máis alta porcentaxe de desemprego profesional no mundo; todos os reitores das universidades e todos os directores de empresas públicas, así como 75.000 profesores, perderon os seus empregos e pasaron a ingresar as listas negras. Este proceso contrasta radicalmente co que aconteceu na Alemaña Occidental despois da guerra, onde poucos ex nazis foron tratado deste xeito.

Na RDA todas as persoas tiñan o dereito legalmente estabelecido á permanencia e propiedade da casa onde vivían. Despois da unificación, houbo 2,2 millóns de reclamacións de cidadáns do occidente sobre as casas do leste. Ironicamente, as reclamación de restitución do outro lado, feitas por alemáns do leste sobre propiedades do oeste, foron rexeitadas por “fora de prazo”.

Despois da morte da RDA, moitos acabaron por recoñecer e lamentar que as conquistas sociais xenuínas das que gozaban foran desmanteladas: igualdade social e de xénero, pleno emprego, ausencia de medos existenciais, como as rendas, o transporte público e as facilidades deportivas e culturais. Desafortunadamente, o colapso da RDA e do “socialismo real” chegou pouca antes do colapso do “mercado libre” do sistema occidental.
3 Comments:
  • At 11/19/2009 03:20:00 da tarde, Anonymous andr said…

    Pero gañaron liberdade.

    Poder expresarse políticamente, poder marchar do país sempre e onde que quixeran e non só os países do bloque do leste, o non estar controlado por un gran irmán como era o goberno da RDA

     
  • At 11/19/2009 05:21:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Anton

    Liberdade? Imos ver, ficas sen casa, sen educación, cunha educación precaria ao servizo da burguesía, é dicir, cunha miseria de servizos sociais... Ah, pero podes viaxar a algunha illa paradisiaca!

    Evidentemente o concepto de liberdade é ben distinto segundo a clase a que un pertenza.

    Ante unha propaganda burguesa, imperialista e fascista que vomitan estes días os vocerios do anticomunismo, só podo dicir: Viva a RDA!
    Moito é o traballo que hai que facer para contrarrestar toda a propaganda burguesa, cos seus diarios, as súas televisións, as súas películas.

    Podía un alemán occidental viaxar á RDA? O sistema da RDA era unipartido? En que lado da Alemaña perviviron no poder as ricas familias nazis?

    Gañaron liberdade... si, a liberdade de ser escravos.

     
  • At 11/23/2009 12:36:00 da manhã, Anonymous Manel said…

    É totalmente certo, a única liberdade que gañaron é a de ser escravos.
    Parece mentira que moitos dos que se din de esquerdas apoien sen rechistar as mentiras do imperialismo, da burguesía.
    O filme "Adeus Lenin" reflexa moi ben o cambio que deu a RDA cando tiraron co Muro Antifascista. A destrucción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
    Coca-cola en cada esquina, eliminación de postos de traballo, drogas, xente despoxada das súas casas... en fin, puta miseria é o que chegou co capitalismo.
    Eu tamen digo: VIVA A REPÚBLICA DEMOCRÁTICA ALEMANA!!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com