Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Outra ollada sobre o Muro de Berlín
25/11/2009


Greg Butterfield

20/11/2009
Workers World


Hai vinte anos, unha organización sindical mantiña unha folga baixo condicións moi complicadas. Esta organización obreira e os seus dirixentes foron castigados polas institucións empresariais.

Os empresarios ameazaban, coaccionaban e subornaban á xente para que atravesaran a liña de piquetes. Animaban aos crebafolgas.

Os líderes da Union International tramaron cos capitalistas acabar coa folga.

Finalmente, os folguistas perderon. Mais iso non foi dabondo para os xefes.

Non satisfeitos coa redución dos salarios e as prestacións dos obreiros e con rachar a súa unión, enviaron o seu aparello estatal contra os líderes folguistas coa acusación de crimes atroces. O líder obreiro marchou ao exilio fuxindo da persecución xudicial.

A organización sindical da que falamos era Amalgamated Transit Workers Unión Local 1202, que se declarou en folga contra o xigante Breyhound Bus Lines en febreiro de 1990.

Mais todo o escrito anteriormente tamén se aplica á República Democrática Alemá – a Alemaña socialista do leste- e á queda do Muro de Berlín uns poucos meses antes, en novembro de 1989. Tanto a clase capitalistas como algúns mal informados progresistas festexaron o 20 aniversario deste suceso.


Unha liña de piquete significa ‘non cruzar!’

Pregúntelle a calquera persoa que fixera folga se algunha vez aprobou que alguén atravesara a liña de piquetes, e seguramente escoitará un rotundo «Non!»

O Muro de Berlín -tan criticado e condenado tanto pola máquina de guerra imperialista como polos choromiqueiros liberais- non era máis ca un piquete de folga nunha escala moito maior.

O muro foi construído en 1961 en resposta ás provocacións do imperialismo norteamericano e de Alemaña Occidental, o seu socio menor, para destruír o intento de construción do socialismo no leste alemán. Estas provocacións incluían a infiltración no Berlín Oriental de axentes anticomunistas, as ameazas militares e o suborno a especialistas cuxo traballo era necesario para o estado obreiro –a chamada ‘fuga de cerebros’.

O repugnante mito de que o Muro de Berlín foi construído para destruír a liberdades dos berlineses, inmortalizado no famoso discurso do presidente John F. Kennedy, é xusto o contrario da realidade. As potencias capitalistas querían esmagar a liberdade da clase obreira de construír unha sociedade que non se movera polo afán de beneficios.

O Muro de Berlín era a antítese do muro do apartheid construído por Israel cercando as poboacións palestinas, o muro militar norteamericano e coreano do sur que separara aos familiares de Corea do Norte, ou enorme muro norteamericano contra os inmigrantes na fronteira con México.

Cal é a diferenza? Estes muros están destinados a reprimir aos traballadores e aos oprimidos.

O Muro de Berlín, pola contra, foi construído para defender aos traballadores e aos oprimidos.


Os logros da Alemaña Socialista

A RDA non foi o produto dun levantamento revolucionario clásico. Foi formada por unha alianza entre comunistas, socialistas e organizacións obreiras alemáns que resistiran o Nazismo e sobrevivido á Segunda Guerra Mundial, e o Exército Roxo soviético que liberou a parte oriental do país, todo isto baixo a presión militar e económica dos Estados Unidos –iniciábase a Guerra Fría. E só foi estabelecida despois de que o imperialismo norteamericano, e os seus novos aliados nas vencidas clases altas alemáns, empezaran a facer da Alemaña Occidental un baluarte da agresión contra a URSS e os seus aliados.

En certo sentido, era unha casa de transición ao socialismo.

Calquera que foran as súas eivas, a RDA foi un estado obreiro que proporcionou postos de traballo, vivenda e atención sanitaria para todos os seus habitantes. Proporcionou axuda e apoio, incluíndo axuda militar e médica, aos movementos de liberación nacional de todo o mundo, incluíndo a loita contra o apartheid no sur da África.

A RDA proporcionou unha terra segura aos refuxiados do terror fascistas de países como Chile ou Arxentina. A Alemaña Socialista tamén proporcionou traballo e educación a traballadores e estudantes convidados de Asia, África e Medio Oriente –moitos dos cales foron aterrorizados ou expulsados polos ataques fascistas de comezo da década dos 90, despois da reunificación coa Alemaña Occidental imperialista.

Alemaña Oriental estaba por diante de calquera país do mundo no tocante aos dereitos e liberades dos homosexuais, bisexuais, lesbianas e transexuais. O movemento de liberación gay como o coñecemos, naceu dentro do s movementos comunistas e socialistas alemáns do século XIX e principios do XX.

Respecto aos dereitos das mulleres á educación, ao emprego e á vivenda, e especialmente na creación dunha ampla rede de gardarías, a RDA realizou enormes progresos. Boa parte destes progresos foron ao cadoiro coa fin da RDA.

A República Democrática Alemá tiña dereito a defender a súa soberanía fronte ao imperialismo, aínda máis cando a fronteira entre o leste e o oeste da Alemaña era tamén a fronteira entre os campos imperialista e prosocialista.

Quen non pode ou poderá nunca apoiar os dereitos das organizacións obreiras de defenderse –sexa un sindicato, un movemento de resistencia ou un estado obreiro- nunca serán quen de ter éxito nunha loita revolucionaria.

Os revolucionarios honestos temos que aprender esta lección, e é o deber dos que vivimos estes terríbeis reveses educar ás novas xeracións.


(Articles copyright 1995-2009 Workers World. Verbatim copying and distribution of this entire article is permitted in any medium without royalty provided this notice is preserved.)
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com