Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Inglaterra: O racismo no traballo non o causa o Partido Nacional Británico
08/12/2009

Proletarian, nº 33
Decembro 2009

Desde que o Partido Laborista chegou ao poder en 1997, é como se unha imparábel marea reaccionaria golpeara as nosas costas. O laborismo adorou o rico altar do capital, de xeito que os salarios da xente normal permaneceron extremadamente baixos mentres que os prezos de todos os produtos e necesidades se dispararon.

Por suposto, a riqueza dos poderosos multiplicouse varias veces, e os millonarios patrocinadores acudiron en manada a prover aos laboristas con calquera cousa necesaria para mantelos no poder.

Doce anos de laborismo

Tan inexpugnábel foi a maioría dos laboristas en 1997 que tiveron a oportunidade de introducir calquera tipo de medida reformista conciliadora coa clase obreira: as leis antisindicais puideron ser derrogadas, púidose apoiar á industria pesada e manufactureira, e o Servizo Nacional de Saúde e a Educación puideron ser liberados das medidas privatizadoras que drenan os seus escasos recursos.

Pero o Partido Laborista non naceu para nada diso; os seus obxectivos sempre foron o de velar polos intereses da minoría traballadora privilexiada e evitar a revolución obreira.

Ás veces, fronte a unha clase obreira disposta a defender os seus dereitos, o laborismo practicou unha política de concesións reformistas (prestacións, asistencia sanitaria gratuíta), mentres que noutras ocasións acadou os seus obxectivos mediante a represión brutal dos obreiros, tanto aquí como no estranxeiro (a traizón á folga xeral de 1926 e á folga mineira de 1984, a guerra de Corea, etc.) En 1997, un goberno entrante cunha maioría parlamentar nunca vista, deu ás elites laboristas a confianza, non para «aplicar políticas socialistas», como moitos dos seus amigos da esquerda nos quixeron facer crer, senón para abusar da clase obreira con total impunidade.

O recente escándalo dos gastos dos deputados mostrou ás masas obreiras o espectáculo dos porcos do Partido Laborista fartándose no manxedouro parlamentar, mentres a clase obreira a quen din representar era tratada con odio e desprezo.

Este amplo período de reacción, guerra e Mondismo (un enfoque de colaboración de clase no que os líderes sindicais cooperan cos empresarios na consecución de pactos) contribuíu, por suposto, á creación das condicións da queda do laborismo, e presenta á esquerda unha histórica oportunidade para rachar dunha vez por todas coa socialdemocracia.

Un barco abandonado

Millóns de votantes da clase obreira abandonaron para sempre o Partido Laborista. Varios desenganados intentos dos laboristas para atopar unha escapatoria á desfeita a través de alianzas políticas e electorais fracasaron. E fracasaron porque os laboristas creron na súa superioridade moral sobre o movemento que os creou a eles.

A ira e desconfianza que os obreiros senten agora polo laborismo ameazan con desafiar os fundamentos políticos de moitos grupos socialdemócratas, e son as maiores dores de cabeza do propio Partido Laborista.

Non sorprende, xa que logo, que nos últimos tempos o laborismo tente publicitar e centrar a atención directamente no Partido Nacional Británico (British National Party, BNP) e no seu líder, Nick Griffin. Os políticos laboristas esperan que sementando o medo, poidan esquivar a súa caída política.

Popularizando o BNP!

A actual forza e popularidade do BNP está sendo incribelmente esaxerada tanto polos medios de comunicación como polo Partido Laborista. Propagando o traballo do BNP, o Partido Laborista quere esaxerar a ameaza que representa o BNP como un método para reanimar o apoio dos obreiros, seguidores e votantes, que, con razón, están descontentos co partido. O lema de combate saíu das sedes do Partido Laborista e infiltrouse eficazmente no movemento obreiro: «Vota Laborismo para pararlle os pés ao BNP».

A razón seica é que votar a un partido belicista que pretende cargar nos ombreiros dos obreiros a actual crise financeira é o menor dos dous males, xa que, polo menos, cando o Laborismo pecha aos inmigrantes en campos de concentración, o racismo co que xustifican as súas accións é máis sutil que o empregado polo BNP.

Medios de comunicación

Desde a época de Marx, os socialistas sempre tivemos claro que os medios de comunicación non son observadores imparciais da loita de clases. Marx afirmou con razón que «a verdadeira liberdade de prensa consiste en non ser un negocio».

Algúns medios de comunicación apoian a campaña do laborismo contra a «ameaza do fascismo» para tentar que a xente continúe a confiar neles. Outros, representando aos círculos burgueses máis reaccionarios, e os máis ferventes defensores dos obxectivos chauvinistas e aventureiros do imperialismo, aínda abrigan cariño e nostalxia polo fascismo. Non pasou moito tempo desde que o fascista William Hearst e o seu imperio mediático radicado nos Estados Unidos lanzaron violentas calumnias e mentiras sobre a URSS, moitas delas empregadas gratuitamente por Goering e os nazis na súa guerra contra o comunismo.

Nick Griffin no programa Question Time

A través da internet ou a televisión, foron millóns os que seguiron en outubro a comparecencia de Nick Griffin no programa da BBC Question Time. A maioría dos espectadores puideron decatarse de que Nick Griffin é un auténtico estafador, ademais dun tolo excéntrico.

Desafortunadamente, o que semella que non viu a maioría da audiencia, e que David Dimbleby se esforzou en agochar, foi o feito de que sentado xunto a Nick Griffin estaba o arrogante e adulador laborista e depravado criminal de guerra, Jack Straw, o noso ministro de ‘Xustiza’!

O Grupo Comunista Revolucionario elaborou o exhaustivo e estarrecedor currículo vitae de Straw, que publicou o 22 de outubro:

«Straw foi membro dirixente do Gabinete desde que os laboristas chegaron ao poder en 1997. El era Secretario de Interior no ano 2000, cando tivo lugar a horríbel morte de 58 emigrantes chineses na parte traseira dun camión tratando desesperadamente de buscar traballo en Inglaterra. Foi Secretario de Relacións Exteriores entre 2001 e 2003, cando Gran Bretaña invadiu Afganistán e Iraq, as guerras de ocupación que continúan hoxe e que están custando centos de miles de mortos e feridos. Straw, que permitiu que o asasino ditador Pinochet fuxira da extradición, vetou a publicación de documentos que demostrarían a ilegalidade da guerra de Iraq, negouse a pedir aos Estados Unidos que pechara o ilegal campo de tortura de Guantánamo (Cuba), e tapou a participación do goberno británico en torturas. Como ministro de Xustiza, agora preside un sistema carcereiro que nunca estivo tan saturado e un servizo de inmigración que se xacta de deportar unha persoa cada oito minutos.»

O absurdo espectáculo de ver a moitos ben intencionados antifascistas e liberais atacar a un fervellasverzas mediocre con complexo de superioridade, mentres Jack Straw senta alegremente ao seu lado recibindo os aplausos, é demasiado grotesco. Griffin, por moi desagradábel, sibilino e tafur que sexa, na actualidade carece do apoio da clase dirixente para organizar un ataque a nivel nacional e internacional contra a clase obreira e as masas oprimidas.

Pola contra, hoxe, estes ataques son levados a cabo, moi eficazmente, polo imperialista Partido Laborista, cunha oposición material da clase obreira moi feble, polo que a burguesía non ten ningunha necesidade de poñer na rúa escuadróns da morte fascistas para defender os seus intereses. Jack Straw e o seu pelotón belicista de asasinos e ladróns de Westminster, porén, representa unha moi real, inmediata e seria ameaza ás condicións de vida da clase obreira en Inglaterra, e ás expectativas de todos os antiimperialistas no estranxeiro.

Antifascismo

O xeito máis efectivo que temos para poder loitar contra o fascismo, o BNP e as ideoloxías do odio e saber cara a onde vai a actual tendencia do fascismo.

A actual crise económica, que está provocando unha cada vez máis situación de intolerábel miseria para as vastas masas do planeta, converten en urxente necesidade para os pobres do mundo a rebelión e a resistencia. En Inglaterra, o ataque en todos os campos –traballo, servizos e liberdades- está encabezado polo Partido Laborista, e o máis probábel é que o continúen os conservadores despois das vindeiras eleccións.

A clase obreira debe armarse co marxismo-leninismo; é necesario que recoñeza quen son os seus amigos e quen os seus inimigos; e é fundamental emprender a construción dunha forza revolucionaria de combate anticapitalista, capaz de derrubar por completo o corrupto sistema. Se nós aceptamos apoiar un partido burgués ou outro por medo a Nick Griffin e ao BNP, entón estamos condenados a perder a oportunidade de crear as condicións para unha ofensiva real contra o capitalismo.

Se a clase dominante necesita instigar un réxime fascista, entón é máis que posíbel que algún dos partidos burgueses estivesen felices de participaren no traballo. De non ser así, anos de violenta propaganda contra os inmigrantes e contra o comunismo difundida polos medios de comunicación a todos os niveis e polos ‘respectábeis’ partidos burgueses, proporcionarán aos partidos abertamente fascistas unha vantaxe. Na nosa opinión, como fiel servidor do capitalismo monopolista, o Partido Laborista encetou a preparación da represión dos dereitos democrático-burgueses das masas obreiras coa máxima eficiencia.

Inmigración

O chauvinismo inglés, o chauvinismo do Partido Laborista e a nula educación política da poboación obreira creou unha situación onde a desconfianza, o desprezo e incluso o odio contra os estranxeiros están axudando a preparar o terreo para dirixir a ira popular pola actual crise capitalista contra os grupos minoritarios e os “musulmáns terroristas” do estranxeiro.

Facéndolle o xogo á extrema dereita, Gordon Brown está a alimentar a máquina do odio coa retórica do tipo “postos de traballo ingleses para os traballadores ingleses”. O seu lacaio Alan Johnson, un traidor de clase totalmente desprezábel e repugnante, declarou hai pouco que o Goberno actuou torpemente ante o asunto da inmigración, xa que debías dar resposta ás «lexítimas preocupacións» da xente. Porén, non mencionou onde a xente adquiriu esas “preocupacións”.

Brown prometeu acabar cos visados estudantís, reducir o número de traballos non cualificados e, en xeral, maior dureza coa inmigración. Todo o abano político, desde os laboristas até os tories, pasando polos liberais e o BNP, comparten o mesmo programa detestábel de converter en bodes expiatorios aos inmigrantes e aos solicitantes de asilo, as vítimas máis vilipendiadas do imperialismo, das deficiencias do propio sistema capitalismo.

Malia ser desprezábeis, o BNP non é o maior inimigo nestes momentos.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com