Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Unidade e firmeza: 70.000 persoas en Gaza no 42º aniversario da FPLP
(Moitas fotografías do acto que demostran a forza da FPLP).
16/12/2009


Uns 70.000 cadros, militantes e seguidores da Fronte Popular para a Liberación de Palestina e xentes da Franxa de Gaza reuníronse no Estadio Palestina o 12 de decembro para celebrar o 42º aniversario da FPLP, colapsando as rúas contiguas e portando bandeiras palestinas, pancartas da FPLP e carteis dos líderes e mártires da Fronte.

Desde as primeiras horas da mañá, unha multitude de mozos e vellos, homes, mulleres e nenos viaxaron desde as diferentes provincias da Franxa de Gaza e de todos os campamentos e aldeas da cidade para acudiren á manifestación, respondendo ao chamamento da Fronte para asistir baixo o lema de “Unidade, firmeza e resistencia. Até a vitoria!”.

O camarada Dr. Rabah Muhanna, membro do Comité Político da FPLP e xefe do partido en Gaza, chamou a manter e aumentar a resistencia xeral e, en particular, a loita o inimigo sionistas, avogando por unha resistencia coordinada a nivel nacional ao servizo da loita pola recuperación dos dereitos palestinos.

O camarada Muhanna fixo fincapé que o camiño das negociacións, desde Oslo até Annapolis, claramente chegou á súa fin, e apostou por unha declaración de todas as forzas palestinas para declarar a morte de todas as chamadas “negociacións” e a fin do chamado “período transitorio”, incluíndo acabar con toda coordinación en materia de seguridade co ocupante.

Fixo un chamamento urxente á unidade nacional, dicindo que é unha necesidade para a vitoria e que todos os detidos políticos na Ribeira Occidental e en Gaza deben ser liberados, e debe estabelecerse unha unidade baseada na cuestión nacional palestina e o intereses nacional, como resposta aos sacrificios de miles de palestinos mártires, feridos e prisioneiros: acadar un Estado independente con Xerusalén como capital, a autodeterminación e o regreso.

O camarada Muhanna homenaxeou ao pobo palestino na Palestina ocupada no 48, na Ribeira Occidental, en Gaza, nos campamentos, e en todo o mundo da diáspora e o exilio, expresando a completa determinación da Fronte para loitar polo consecución da vitoria total sobre o réxime ocupante, fascista e criminal.

Esbozou a experiencia histórica da Fronte na súa confrontación co sionismo, como unha extensión da loita do Movemento Nacionalista Árabe. Dixo que a Fronte continuará polo camiño da súa histórica loita revolucionaria para acadar a vitoria e derrotar ao inimigo sionista e criminal, e aos que lle proporcionan o seu poder para agredir e debilitar ao pobo e impedir o seu progreso, o campo imperialista baixo o salvaxe liderado dos EUA.

O camarada Muhanna acabou o seu discurso cun chamamento á unidade nacional, apelando ás cores da bandeira palestina e das distintas organizacións palestinas: o verde de Hamas, o branco de Al Fatah, o negro da Yihad Islámica e o vermello da FPLP, chamando a todo o pobo a unirse baixo a bandeira nacional palestina.

Almazah Sammouni, que perdeu a súa familia na agresión a Gaza de decembro de 2008-xaneiro de 2009, dixo: «Hoxe vin aquí non para chorar pola miña familia», a familia Sammouni, «que pereceron baixo o fogo e os mísiles dos ocupantes como milleiros de mártires do noso pobo, senón que veño declarar o meu orgullo polos seus sacrificios e compromiso». Fixo un chamamento a todas as forzas palestinas, en particular Fatah e Hamas, para unirse baixo a bandeira do sangue dos mártires e a promesa dun futuro mellor para o pobo e as súa crianzas, e para loitar para levar ante os tribunais internacionais aos ocupantes e os seus dirixentes polos crimes cometidos contra o Pobo Palestino.

A camarada Amna Rimawi, esposa do camarada preso Majdi Rimawi e xefe do consello da aldea de Beit Rima, un dos heroes da lendaria operación do 17 de outubro contra o extremista ministro de turismo Rehavam Ze’evi, falou no acto, saudando no nome dos presos, e chamando a filas aos captores do soldado ocupante Gilad Shalit para que sigan os criterios que teñen para o troco de prisioneiros, porque as familias e os prisioneiros saben que a súa liberación só pode chegar a través da resistencia.

Mohammad Khalidi, un obreiro palestino desempregado, falou co seu uniforme de traballo, denunciando a pobreza e o paro causado polo asedio e a ocupación. Dixo que: «Estamos aquí para amosar a nosa firmeza obreira na cara da máquina de guerra sionista, o inxusto acosa e o terríbel desemprego.»

O acto, presidido polo camarada Hani Al-Thawabteh, membro do Comité Central da Franxa de Gaza, e a camarada Shireen Abu-Oun, tamén contou con poesía, representacións artísiticas, e ducias de mensaxes de felicitacións dos líderes da FPLP Hilda Habash, a esposa do fundador Dr. George Habash, e o Secretario Xeral da Fronte, o encarcerado Camarada Líder Ahmad Sa’adat.


A camarada Shireen Abu-Oun, o camarada Dr. Rabah Muhanna e o camarada Al-Thawabteh



A camarada Almazah Sammouni



O camarada Dr. Rabah Muhanna



O camarada Hani Al-Thawabteh

















2 Comments:
  • At 12/16/2009 09:25:00 da tarde, Anonymous fumador said…

    Inda son uns cantos, non é?

     
  • At 12/17/2009 07:57:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Antón.

    Pois si. É evidente que fica demostrado esa mentira que algúns queren vender de que a FPLP son un pequeno grupo de palestinos vivindo en Europa sen apoio real en Palestina.
    E hai que ter en conta que este acto reune só aos partidados da FPLP de Gaza e non de Cisxordania, onde sempre se dixo que tiñan máis apoios.
    Saúdos comunistas!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com