Comunicado de ADIANTEDesde ADIANTE congratulámonos de que, por fin, o pasado 27 de xaneiro á Unión da Mocidade Comunista Checa (KSM) se lle devolvera á súa lexitima legalidade no seguimento dunha decisión do Tribunal Municipal de Praga que anula a decisión, e contradí os fundamentos, que levaran a que o 12 de outubro de 2006 o Goberno checo declarase ilegal esta organización xuvenil ligada ao KSČM. Esta vitoria da mocidade checa, e da mocidade comunista en particular, foi forxada pola súa incesante loita nas rúas e pola grande vaga de solidariedade internacionalista. E supón, para alén, unha labazada á campaña anticomunista que o capitalismo e o fascismo -apoiados pola “esquerda” revisionista- están a desenvolver no seo da sempre reaccionaria Unión Europea. A mocidade comunista e independentista organizada en ADIANTE parabeniza á KSM e á Federación Mundial da Mocidade Democrática por este éxito. Estaremos á alerta ante as persecucións anticomunistas na rexión, sobre todo nos estados do Grupo Visegrád. Porque os embates e ataques á mocidade traballadora do mundo terán sempre de fronte a solidariedade, unidade e firmeza internacionalista da mocidade antifascista organizada. FASCISMO NUNCA MAIS!!COMUNISMO OU BARBARIE... VENCEREMOS! |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.