Foron ducias os comunistas estadounidenses detidos en 1948 en aplicación da Lei Smith, asinada por Roosvelt case unha década antes. Entre eles, xente como Eugene Dennis, Gil Green, John Gates ou un zigzagueante Guss Hall. Os penados, uns ao cárcere e outros esmagados polas multas, foron acusados de conspiración para organizar o Partido Comunista e promover o ideario marxista-leninista para «derrocar e destruír o Goberno dos Estados Unidos pola forza e a violencia». As probas obtidas pola policía e presentadas polo fiscal non teñen faladoiro: O Manifesto Comunista de Marx e Engels, o Estado e a Revolución de Lenin, e os Fundamentos do Leninismo de Stalin.
Os burgueses sabían ben o que facían. Estaban ante os Catro Xinetes da Apocalipse Capitalista.
 |
es normal que te detengan si llevas un libro del asesino Stalin. ¿dictaduras? ni del proletariado.