Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Serán o seu Pobo Heroico e a Revolución quen salven a Haití
24/02/2010

Comisión Nacional de Comunicacións do Partido Comunista Chileno (Acción Proletaria)

Namentres o imperialismo, que afundiu a Haití na miseria máis absoluta, verte bagoas de carpideira e fala de “maldición bíblica” que “castiga” ao pobo haitiano polo “pecado” de levar a cabo a primeira grande revolución social no Caribe e crear a primeira república libre do Caribe, o pobo pobre cheo de dignidade, desde o comezo do terremoto, asumiu a loita pola supervivencia e a axuda mutua. Así o describe o escritor canadense de orixe haitiana, Dany Laferrière, que visitaba Porto Príncipe no momento do terremoto.

A Haití non o condenou ningunha “maldición” senón o brutal colonialismo francés e o imperialismo gringo e os seus axentes locais. O imperio francés impuxo a Haití o pago da exorbitante cifra de 21 mil millóns de dólares actuais desde 1825 até 1947 para non invadilo brutalmente como fixo Napoleón. O nacente imperio gringo comezou a súa agresión contra Haití en 1806, cando o Congreso dos EUA prohibiu o comercio con Haití por presión francesa. Os soldados gringos invadiron Haití en 1914, 1915, 1994 e 2004. Ocuparon o país durante 19 anos desde 1914 até 1934, apropiándose de 500 mil dólares en ouro que eran as únicas reservas monetarias do país. O imperialismo controlou a todos os presidentes procedentes da burguesía negra ou mulata, ditadores asasinos ou supostos “demócratas” que colaboraron co saqueo do país: o xeneral Vilbrum Guillaume Sam (1914), Phillipe S. Dartiguenane (1915-1922), Joseph Borno, Elie Lescot (1941), Sténin Vincent, Duvalier pai e fillo (1956-1986), o xeneral Namphy (1986), o xeneral Prosper Avril (1988), o xeneral Raoul Cedras (1991), o xeneral Latortue (2004), ... O imperialismo masacrou e apoiou todos os masacres padecidos polo pobo haitiano: tres mil patriotas masacrados en 1919, 18 mil haitianos masacrados polo tirano dominicano Trujillo en 1935, 40 mil revolucionarios e opositores liquidados pola feroz ditadura dos Duvalier. Sobre todo saqueou o país infinidade de veces para que non saíra endexamais da miseria: os gringos controlan financeiramente o país até 1941, Duvalier fillo refúxiase en 1986 na Francia de Mitterrand levando consigo 900 millóns de dólares das arcas públicas, cifra superior á débeda externa do país naquel tempo, a liberación do país após Duvalier acentúa máis a miseria.

Mais Haití é patria de grandes revolucionarios: Rosalvo Bobo, líder da primeira insurrección antiimperialista de 1915, Charlemagne Peralte, líder da segunda insurrección (1918-1920), Jacques Roumain, grande intelectual fundador do Partido Comunista Haitiano, Antoine G. Petit, o profesor Gerard Pierre Charles...

E é un país de organizacións revolucionarias hoxe activas: o Comité de Iniciativa para a Formación do Partido Comunista de Haití (COIFOPCHA), o Novo Partido Comunista de Haití, o Partido Popular Nacional, e de organizacións de masas como a fronte obreira Batay Ouvriye, a organización campesiña Tet Kole Ti Peyizan Axisyen,...

O futuro de Haití depende de que cese a inxerencia política e militar imperialista, de que se fortaleza a revolución na súa veciña República Dominicana e no Caribe, de que se reconstrúan as organizacións revolucionarias haitianas no interior e na diáspora, e o país reciba unha sincera solidariedade dos países do mundo.

Que Obama puxera ao xenocida Bush e ao non menos belicoso Clinton ao mando dos 10 mil soldados, portaavións e avións que van “socorrer” a Haití, xa permite decatarse das intencións imperialistas: manter o país na miseria e na submisión para facer presión sobre Cuba e impedir a revolución na República Dominicana, Porto Rico e Xamaica.


Ligazón ao artigo orixinal

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com