Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

57º Aniversario da morte de Stalin
15/03/2010


PCE (m-l)

Marzo 2010

O 5 de marzo de 1953 morreu Iosif Visariónovich Dzhugashvili, coñecido mundialmente co alcume de Stalin. A súa persoa e a súa xestión política entre 1929, ano no que se impuxo sobre os seus adversarios políticos, e o ano do seu falecemento, mereceron os peores cualificativos. Non quedou nin unha soa parecela do seu goberno que non fora xulgada cos termos máis duros e a máis absoluta das descualificacións. Desde a axuda á España republicana durante a Guerra Civil até o Pacto Xermano-Soviético, pasando polos plans quinquenais e a colectivización da agricultura, todo é considerado como unha política pérfida e criminal froito dunha personalidade sádica e paranoica. Desde a extrema dereita até o anarquismo, pasando por socialistas, trotskistas e liberais, é difícil atopar unha personaxe histórica que concite o odio de sectores políticos tan diversos, unidos todos eles en identificar a Hitler con Stalin baixo a etiqueta do totalitarismo, absurdo concepto teórico que serve para amalgamar o fascismo e o comunismo e condenar conxuntamente dous sistemas políticos, económicos e sociais absolutamente antagónicos.

Convertidos en xuíces, a meirande parte dos historiadores académicos, acompañados da historiografía militante trotskista, interpretan a política de Stalin como unha sucesión de crimes, abominábeis represións e traizóns ao movemento obreiros, repetindo libro tras libro a mesma tocata forxada nos anos da Guerra Fría, alleos ás achegas de historiadores como Grover Furr, Ludo Martens ou Víctor Zemskov e á documentación dos arquivos soviéticos, que rebaixan drasticamente as cifras da represión de 1936-1938 e desmenten as elucubracións fantasiosas sobre a fame en Ucraína. Escribindo ao ditado da burguesía e plaxiándose entre eles, estes historiadores con anteollos de cabalgadura son a antítese do que debe ser un científico social, cuxa primeira obriga é aterse aos datos obxectivos.

O estudo de calquera período histórico nunca pode darse por pechado; pola contra, a análise de novas fontes documentais ou o desenvolvemento de novidosos enfoques interpretativos troca necesariamente a nosa visión do pasado, volvendo obsoletas ou simplemente erradas as interpretacións sustentadas até ese momento. Un historiador que ignore os feitos obxectivos para seguir mantendo modelos que encaixen cos seus prexuízos ideolóxicos, deixa de ser historiador para converterse nun historietógrafo ou, sinxelamente, nun panfletista estilo Pío Moa ou César Vidal.

Dispoñemos xa dun material o suficientemente sólido que permite reformular a maioría de xuízos emitidos sobre Stalin e encetar unha nova aproximación á súa personalidade e á súa acción política. A figura de Stalin non precisa haxiografías absurdas nin loas desmesuradas. Trátase de algo tan sinxelo como facer historia de xeito rigoroso e científico. Sen negar os erros, a súa política de planificación económica e colectivización agraria converteu á URSS en dez anos na segunda potencia industrial do mundo, erradicou o analfabetismo, e puxo a base técnica e científica que permitiu á Unión Soviética vencer á Alemaña nazi na Segunda Guerra Mundial. A vitoria sobre Hitler, co inmenso sacrificio de 27 millóns de cidadáns soviéticos mortos na contenda, salvou ao xénero humano da barbarie fascista. Iso é unha realidade e, sen dúbida, moi brillante.

Os millóns de traballadores que admiraban a Stalin nos anos trinta, estaban completamente manipulados e padecían unha profunda ignorancia? Alguén cun pouco de sentido común pode coidar que os habitantes da URSS vivían aterrados e traballaban unicamente por temor á policía política? Os comunistas gobernaban exclusivamente pola forza? Estas lerias urdidas no seu momento por Robert Conquest, difundidas co xeneroso apoio económico da CIA por fundacións presuntamente culturais e repetidas nos nosos días por charlatáns como César Vidal, Pío Moa e Ricardo de la Cierva, sen esquecer a catedráticos con caste académica, como Antonio Elorza, non só pretenden difamar a figura de Stalin. Detrás da demonización de Stalin hai un obxectivo máis ambicioso: a criminalización do comunismo. A burguesía mantén unha incansábel guerra ideolóxica cuxo obxectivo é desarmar política e ideoloxicamente á clase obreira e afastala das posicións revolucionarias, sementando a confusión e a desorientación entre os traballadores. Elementos fundamentais desa estratexia son a identificación entre fascismo e comunismo e a representación de Stalin coma un ditador sanguento.

Emprégase habitualmente hoxe o termo estalinista como un insulto, mais convén non esquecer que eses estalinistas hoxe tan deostados se enfrontaron ao fascismo nos anos trinta, defenderon Madrid ante as tropas de Franco, loitaron na resistencia contra a ocupación nazi, venceron en Stalingrado e chegaron a Berlín en 1945. O que a burguesía non perdoa a Stalin é ter elevado á URSS ao rango de potencia mundial e demostrar que o socialismo non é unha utopía. Os comunistas sentímonos orgullosos deses feitos. Non entendemos a aqueles que se pretenden comunistas e repudian a Stalin. O antiestalinismo é sinxelamente unha forma de anticomunismo, por moito que se disfrace con roupas “progres” e pretenda distinguir entre comunistas puros, pero inxenuamente idealistas, e o malvado Stalin. Non é unha casualidade que os abandeirados do antiestalinismo terminaran na súa inmensa maioría nas fileiras da dereita máis rancia e reaccionaria. No quincuaxésimo aniversario do seu pasamento, nós asumimos a obra de Stalin e o seu legado como parte fundamental da historia do comunismo e do movemento obreiro mundial, e defendemos publicamente a súa inmensa talla de estadista e revolucionario.
3 Comments:
  • At 3/16/2010 03:59:00 da tarde, Blogger Unknown said…

    acho que não se pode conceber que alguém se diga comunista, marxista-leninista ou revolucionário anticapitalista e seja contra Estaline. Há que superar esta situação de anti-comunismo.
    Camaradas, não esqueçam também de falar do que escreveu Estaline, dos contributos que deu ao marxismo-leninismo, como na obra Materialismo Dialéctico e Materialismo Histórico,por exemplo.

     
  • At 3/17/2010 06:05:00 da tarde, Anonymous PC said…

    http://www.pceml.info/2010/02/08/homenaje-municipal-a-stalin-en-raszakovo-rusia/

     
  • At 3/19/2010 06:23:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Amadeu, tomamos nota da túa suxestión. En breves publicaremos a obra Materialismo Dialéctico e Materialismo Histórico do camarada Stalin.

    Un saúdo e grazas pola colaboración.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com