Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Declaración da Asemblea Nacional do Poder Popular da República de Cuba
13/03/2010


Declaración da Asemblea Nacional do Poder Popular da República de Cuba

11/03/10

Após unha campaña concertada por poderosas empresas mediáticas, fundamentalmente de Europa, que atacaron ferozmente a Cuba, o Parlamento Europeo ven de aprobar, despois dunha sucio debate, unha resolución de condena contra o noso país que manipula sentimentos, terxiversa feitos, esgrime mentiras e agocha realidades.

O pretexto empregado foi a morte dun recluso, sancionado primeiro por delito común e despois manipulado por intereses norteamericanos e a contrarrevolución interna, quen por vontade propia se negou a inxerir alimentos malia as advertencias e a intervención dos especialistas médicos cubanos.

Este feito lamentábel non pode ser utilizado para condenar a Cuba aducindo que puido evitar unha morte. Se nun campo o noso país non ten que defenderse con verbas, pois a realidade é irrefutábel, é no da loita pola vida dos seres humanos, xa sexan nacidos en Cuba ou noutros países. Un só exemplo é a presenza dos médicos cubanos en Haití, desde once anos antes do terremoto de xaneiro, silenciada pola prensa hexemónica.

Detrás desta condena hai un profundo cinismo. Cantas vidas de crianzas se perderon nas nacións pobres pola decisión dos países ricos, representados no Parlamento Europeo, de non cumprir os seus compromisos de axuda ao desenvolvemento. Todos sabían que era unha sentencia de morte masiva, mais optaron por preservar os niveis de estrago e ostentación dun consumismo suicida.

Ofende aos cubanos tamén este intento de darnos leccións, nuns momentos nos que en Europa se reprime a inmigrantes e desempregados, mentres aquí o pobo libremente, en reunións de veciños propón aos seus candidatos para as eleccións municipais, libremente e sen intermediarios.

Non teñen moral aqueles que participaron ou permitiron o contrabando aéreo de detidos, o estabelecemento de cárceres ilegais e a práctica da tortura, para avaliar a un pobo agredido e brutalmente bloqueado.

Condena tan discriminatoria e selectiva, só pode explicala o fracaso dunha política incapaz de axeonllar a un pobo heroico. Nin a Lei Helms Burton, nin a Posición Común europea, xurdida no mesmo ano, nas mesas circunstancias e con iguais propósitos, as dúas lesivas á nosa soberanía e dignidade nacionais, teñen o máis mínimo futuro, pois os cubanos rexeitamos a imposición, a intolerancia e a presión como norma nas relacións internacionais.

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com