Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Obreiras!
08/03/2010

Lenin
Febreiro de 1920


Camaradas! As eleccións para o Soviet de Moscova teñen que demostrar que o Partido Comunista se asenta no seo da clase obreira.

As obreiras deben participaren en maior número nas eleccións. Primeiro e único no mundo, o poder dos soviets aboliu completamente todas as vellas leis burguesas, as abominábeis leis que situaban á muller nun estado de inferioridade en relacións ao home, que recoñecían ao home, para citar apenas un exemplo, unha posición de privilexio na esfera do dereito matrimonial e das relacións cos fillos. Primeiro e único no mundo, o poder dos soviets, como o poder dos traballadores, aboliu todas aquelas vantaxes que, orixinadas na propiedade, aínda hoxe son atribuídas ao home no dereito familiar nas repúblicas burguesas máis democráticas.

Onde existen latifundistas, capitalistas e comerciantes, non pode existir igualdade entre o home e a muller, nin mesmo diante da lei.

Onde non existen latifundistas, capitalistas e comerciantes, onde o poder dos traballadores constrúe unha nova vida sen estes explotadores, existe na lei a igualdade entre o home e a muller.

Mais non abonda.

A igualdade na lei non é aínda igualdade efectiva.

Cómpre que a obreira conquiste a igualdade co obreino non só na lei, senón tamén nos feitos. Por iso as obreiras deben participaren cada vez máis na xestión das empresas públicas e na administración do estado.

As mulleres farán rapidamente a súa aprendizaxe na administración e estarán á altura dos homes.

Elixide, xa que logo, para o soviet un maior número de obreiras, tanto comunistas como sen partido. Desde o momento que unha obreira é honesta, consciente e renda ben no traballo, que importa que non pertenza ao Partido? Elixídea para o Soviet de Moscova!

Máis obreiras para o Soviet de Moscova! Que demostre o proletariado moscovita que está disposta a facer todo, loitar até a vitoria, para loitar contra a vella desigualdade, contra a vella humillación burguesa sobre a muller!

O proletariado non acadará a emancipación completa se non conquista primeiro a completa emancipación das mulleres!
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com