Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A RPD de Corea rexeita informe norteamericano sobre Dereitos Humanos
19/03/2010

KCNA
Pyongyang, 18 de marzo


O “Informe Anual da situación dos Dereitos Humanos”, publicado recentemente polos Estados Unidos, é ridículo. Este informe terxiversa a situación dos dereitos humanos en moitos países, incluíndo á República Popular Democrática de Corea. Por iso, estamos ante un documento carente de fundamento científico.

Se ben os EUA din que publican este informe para a “defensa dos dereitos humanos”, ningún país do mundo o recoñece, e nin moito menos lle fai caso.

O Imperio actúa como “xuíz dos dereitos humanos”, mais non foi autorizado por ninguén, o que supón unha violación das normas do dereito internacional de respectar a soberanía de terceiros países. Esta intromisión constitúe unha flagrante violación do poder estatal e dos dereitos humanos doutros países. Ademais, os Estados Unidos son os máximos violadores dos dereitos humanos, polo que non poden sen os xuíces, senón os máis cuestionados e condenados.

Neste mundo, non hai outro país onde menos se garanta a existencia e a seguridade do ser humano coma nos EUA, país no que se violan desapiadadamente os dereitos sociais elementais. Segundo os datos publicados en setembro de 2009 polo Departamento de Xustiza norteamericano, nos EUA, en 2008, reportáronse 4 millóns 900 mil crimes con violencia, con numerosas vítimas. Nese país, converteuse en algo cotián a matanza recíproca entre individuos armados, con case 30 mil mortes inocentes por esta razón ou en accidentes.

Tamén resulta moi grave nos EUA os problemas do desemprego, a pobreza e o non acceso á vivenda, e non poden ser garantidos os dereitos económicos e socio-culturais das masas traballadoras. No 2009, o desemprego acadou o máximo rexistro dos últimos 26 anos, e o número de persoas pobres chegou, a finais de 2008, a 39 millóns 800 mil, cun medre de 2 millóns 600 mil en comparación co 2007.

Ademais, os suicidios anuais chegan aos 32.000, normalmente en situacións relacionadas coa pobreza extrema. Esta cifra duplica a de persoas asasinadas.

A vivenda -que deben servir de berce para unha vida estábel e feliz das persoas- converteuse en obxecto de especulación, o que levou a decenas de miles de persoas a ficar sen fogar.

Aínda por riba, a devastadora crise económica, que comezou a raíz desa mesma especulación, acrecentou o sufrimento e a desesperación.

Esta é a situación na que vive a sociedade norteamericana. A administración norteamericana fala, por unha banda, da “liberdade de expresión” e da “liberdade de prensa”, e pola outra, reprímeas baixo varios pretextos como a “Lei antiterrorista”. A manipulación constante verbo da guerra de Iraq e outras “invasións antiterroristas”, demostra até que punto é enganosa e absurda a “liberdade de prensa” da que falan os EUA.

Desde 2003, cando os EUA invadiron Iraq, até hoxe, neste país morreron máis de un millóns de civís nas operacións militares e nos casos de violencia cometidos polas tropas norteamericanas. O nome do cárcere iraquí Abu Ghraib é o símbolo dos arrepiantes e noxentos actos de violacións dos dereitos humanos, cometidos pola tropas norteamericanas na “guerra antiterrorista”.

Os asasinatos e a violación dos dereitos humanos dos EUA non cesaron aínda en Afganistán, nin tampouco nas prisións secretas instaladas en todo o mundo.

Os EUA son o país máis atrasado na protección dos dereitos humanos e é un dos maiores violadores dos dereitos humanos a escala mundial.

Polo tanto, a intervención deste país no problema dos dereitos humanos doutros países, é semellante á conduta dun alumnos que quere dar leccións ao seu profesor.

É posíbel que unha sociedade cuxas institucións permiten a explotación do ser humano, poida ter unha concepción correcta sobre os dereitos humanos? Como van facelos reais, nun país tan reaccionario e elitista, os verdadeiros dereitos e ideais das masas populares, que aspiran a vivir de forma libre e feliz?

Desde os EUA é imposíbel imaxinarse a realidade que se vive na RPD de Corea, onde todo está deseñada pensando nas masas populares. O Estado asegura tratamento médico gratuíto, educación obrigatoria gratuíta e até as vivendas gratuítas de máximo nivel.

A sociedade coreana é socialista e nela, os ideas socialistas convértense en feitos concretos, acadando conquistas inimaxinábeis e irrealizábeis nos EUA.

Por esta razón, o pobo coreano está orgulloso da súa sociedade; ámaa tanto que entende que o valor e a felicidade individual están ligados ao traballo entusiasta pola prosperidade de Corea e o triunfo do socialismo.

Por moitos que os EUA tenten desacreditarnos, o exército e o pobo de Corea seguirán fortalecendo o réxime socialista que está centrado nas masas populares e que está consolidado fronte as arelas imperialistas grazas á nosa política de preeminencia militar.

Ler máis
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com