Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Se as quenllas fosen homes, Bertolt Brecht
25/03/2010

- Se as quenllas fosen homes -preguntou ao señor K. a filla pequena da súa señoría- serían máis amábeis cos peixiños?

Certamente -dixo el-. Se as quenllas fosen homes, construirían no mar grandes gaiolas para os peixes pequenos, con todo tipo de alimento, tanto animal como vexetal. Coidarían de que as gaiolas tivesen sempre auga fresca e tomarían todas as medidas sanitarias.

Se, por exemplo, un peixiño mancase unha aleta, sería atendido de contado, para que non morrese antes de tempo. Para que os peixiños non padecesen de saudade, habería grandes festas acuáticas de cando en vez, pois os peixiños ledos saben mellor que os tristeiros. Naturalmente habería tamén escolas nas gaiolas. Nesas escolas os peixiños aprenderían como nadar cara ás fauces das quenllas. Precisarían saber xeografía, por exemplo, para localizar as grandes quenllas que con preguiza nadan polo mar. O máis importante sería, naturalmente, a formación moral dos peixiños. Aprenderían que non hai nada máis belo e máis sublime que un peixiño que se sacrifica contento; tamén que todos debían ter fe nas quenllas, sobre todo cando lles dixesen que eles coidarían da súa felicidade futura. Os peixiños saberían que este futuro só estaría asegurado se aprendían a obedecer. Por riba de todo, os peixiños deberían evitar toda inclinación ás baixas paixóns, materialistas, egoístas e marxistas; e avisar de contado ás quenllas se algún deles amosase tales tendencias.

Se as quenllas fosen homes, naturalmente farían guerras entre si, para conquistar gaiolas e peixiños estranxeiros. Nesas guerras farían loitar aos seus peixiños, ensinándolles a enorme diferenza entre eles e os peixiños das outras quenllas. Aínda que os peixiños son mudos, proclamarían, o certo é que calan en idiomas moi distintos e por iso endexamais conseguirán entenderse. Cada peixiño que na guerra matase a outro, a un inimigo, deses que calan noutra lingua, sería condecorado cunha pequena medalla de argazo e recibiría unha título de heroe.

Se as quenllas fosen homes, naturalmente existiría a arte entre elas. Habería fermosas pinturas nas que se representarían os dentes das quenllas en marabillosas cores, e as súas fauces como verdadeiros xardíns para brincar. Os teatros do fondo do mar mostrarían fermosos peixiños valorosos nadando con entusiasmo cara ás gorxas das quenllas, e a música sería tan bela, que ao son dos seus acordes, extasiados polos pensamentos máis deliciosas, como nun soño, os peixiños se precipitarían nas gorxas das quenllas.

Tampouco faltaría unha relixión se as quenllas fosen homes. Esta ensinaría que a verdadeira vida dos peixiños só comeza no bandullo das quenllas.

Ademais, se as quenllas fosen homes, racharían coa idea de que os peixiños son iguais entre si. Algúns deles ocuparían altos cargos, o que os poría por riba dos demais. Aqueles lixeiramente maiores poderían incluso comer aos menores. Iso sería agradábel para as quenllas, pois poderían comer frecuentemente bocados maiores. E os peixiños maiores detentores de cargos, coidarían da orde entre os peixiños, converténdose en profesores, oficiais, construtores de gaiolas, etc. En suma, se as quenllas fosen homes habería unha civilización no mar.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com