Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Carta de Suso Cela Seoane
19/04/2010
Comité de Solidariedade coas Presas e Presos Políticos - A Coruña

O preso político galego Suso Cela leva seis meses sen poder realizar o vis a vis que lle corresponde.



Tal e como vimos denunciando dende o COMITÉ e dende outros Organismos Antirrepresivos, os rexistros humillantes aos que son sometidas as familias e parellas sentimentais antes de entrar a comunicación vis a vis familiar ou íntima están na base do problema. Igual que coa Dispersión, o Estado pretende con esta nova medida abundar no illamento do preso e presa con respecto a rúa, impedindo de feito, as visitas vis a vis. A continuación, o veciño da Coruña nos conta, moi por enriba, cal é a situación na cadea de Badajoz onde cumpriu máis de dez dos vinte anos que leva preso.

Compañeiros:

(…) Levamos dende outubro sen vis vis polos cacheos humillantes e intimidatorios que queren facer ás familias, e que están a empezar a facer extensible tamén aos familiares dos presos sociais. Víñanos facendo de forma a aleatoria, a unha ou dúas familias e as demais podían pasar sen problema, pero decidimos cortar todos. Hai dúas semanas os presos políticos vascos desconvocaron a loita que tiñan prevista para abril e maio en protesta por estes cacheos porque se dicía que había unha orde de Madrid pola cal se quitaban. Se isto é así, aquí parece que non se decataron porque seguimos igual, é dicir, sen os vis a vis.

Por outro lado, hai un mes houbo cambios de situación, separando aos vascos por módulos de dous a dous. Con isto tamén trouxeron outra medida. Antes tiñamos os vis a vis e as comunicacións todos xuntos, os sábados. A partir de agora, quérennos poñer os vis a vis en días distintos e as comunicacións por locutorio en horario e días diferentes. Todo isto é algo que non aceptamos e loitaremos para que volva a situación anterior.

Así que, de momento, non nos deixan facer os vis a vis nunhas mínimas condicións de dignidade e as comunicacións por cristas estase a falar para cortalas no caso de que sigan así. Polo demais, tamén se nota algunha putada menor; pero xa sabedes, de momento non teñen maior importancia. De todos os xeitos irémosvos informando (…).

Suso Cela Seoane
Preso político dos GRAPO

Prisión de Badajoz, 31 marzo de 2010
1 Comments:
  • At 4/19/2010 10:22:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Abaixo o fascismo-monarquico.Presos politicos e idioloxigos fora da cadea.Pobos do Estado espanhol rebelaros contra o reximen que nos oprime.Socialismo e Revolucion

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com