Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Informe de Suso Cela, preso político galego dos GRAPO, sobre a vulneración de Dereitos na Prisión de Badajoz
27/04/2010
Informe remitido ao COMITÉ por Suso Cela Seoane

Apuntes autobiográficos

Chámome Suso Cela Seoane. Nacín en A Xironda (Ourense) o 13 de decembro de 1964 e son veciño de A Coruña. Son un preso político, militante comunista, encarcerado por pertencer aos Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro (GRAPO).

Fun detido por primeira vez en outubro de 1985, sendo posto en liberdade o 23 de xaneiro de 1990. O día que saín levaba 53 días en folga de fame pois estaba a participar na folga que o Colectivo de presos políticos do PCE(r) e dos GRAPO viñan levando contra a política de Dispersión do Goberno do PSOE.

Á semana de ser posto e liberdade, nun episodio de guerra sucia, fun secuestrado por un comando do GAL Verde (Garda Civil) que me retivo durante un día. En xullo dese mesmo ano, volvín a incorporarme aos GRAPO, sendo detido en outubro de 1990. Nas dúas detencións fun torturado.

Secuestrado leGALmente

Dende outubro de 1990 estou no cárcere, secuestrado “leGALmente”. Teño que dicir que me foi imposta unha condena de 30 anos segundo estabelecía o Código Penal de 1973. Condena que rematei de cumprir en outubro de 2007. Malia ter cumprida a miña condena conforme as súas leis, sego retido ilegalmente en base a “Doutrina Parot”, invento xurídico creado para alongar a prisión de numerosos presos políticos.

Durante estes anos, pasei polas cadeas de Carabanchel, Soria, Alcalá Meco, Sevilla, Topas e Badajoz, na que me atopo dende hai quince anos. Áchome con outros doce presos políticos vascos que ao mesmo tempo están dispersos de dous en dous polos todos os Módulos do cárcere. Nun deses Módulos estou eu en compañía de dous deles.

Actualmente, atopámonos nunha dinámica de loita contra os cacheos humillantes aos familiares que se lle veñen esixindo aos familiares antes de entrar ás visitas. Levamos dende outubro de 2009 sen poder comunicar vis a vis nin íntimo nin familiar.

Réxime de Vida

En canto ao réxime de vida, estamos clasificados en Primeiro Grao. Nesta cadea para non ternos a todos os presos políticos xuntos no Módulo de Illamento, téñennos en Módulos de “vida normal” mais con horario restrinxido. Saímos de 9 da mañá a 1 da tarde, e o resto do tempo pasámolo na cela. Temos prohibidas as saídas deportivas, a cursiños o calquera outro tipo de actividade. Só podemos saír do Módulo para as visitas e o médico. Resulta case imposíbel poder ver aos presos políticos doutros Módulos.

Comunicacións

Nos últimos tempos as comunicacións víronse reducidas á mínima expresión. Temos as comunicacións intervidas o que supón que che lean a correspondencia e escoiten o que dis por teléfono e nos locutorios. A intervención implica a retención das cartas durante 15-20 días. O que dificulta o contacto con familiares, amigos e xente da rúa en xeral. Máis aínda porque tamén están limitadas a dúas as cartas que se poden escribir.

Quero reparar nisto da limitación das cartas porque na práctica ven a supor a imposibilidade de comunicarte con moita xente da rúa. Íllate de maneira brutal. Antes podías escribirlle a unha persoa unha vez ao mes. Agora, se tes sorte, poderás manter a correspondencia regularizada con esas persoa cada seis ou máis. As relacións con colectivos, amigos e demais, fanse practicamente imposíbeis. Coa familia dificúltancho tanto como poden. Todo isto agudiza, loxicamente, o illamento derivado da Dispersión.

O cupo de amigos a comunicar reduciuse a 10, que teñen que ser revisados por II.PP cada seis meses. Desta forma incúmprense numerosos autos xudiciais que estabelecían ilimitación das comunicacións con amigos e o dereito a poder ter vis a vis con eles.

Chamadas telefónicas

Aos demais presos dánselle dez chamadas telefónicas á semana mentres aos presos políticos unicamente oito. Ao ter familiares encarcerados na teoría correspóndenche dúas chamadas ao mes con ese familiar. Deberían de ser dúas a cada un pero só conceden a metade. Chamadas de cinco minutos que na meirande parte das veces se quedan limitados a dous ou a ningún polas dificultades que che poñen para estabelecer a chamada.

Nos últimos seis meses, nos que me correspondían doce chamadas de cinco minutos, só puiden realizar tres de tres minutos co meu irmán Paco, preso na cadea de Villanubla (Valladolid).

“No Procede”

Esta é a realidade das comunicacións intercarcerarias. Coas novas tecnoloxías tería que abrirse o abano de posibilidades, facilitándose, como xa se fai con outros presos, o uso da vídeo-conferencia. Aos presos políticos contéstasenos que non reunimos os requisitos para este tipo de comunicacións.

Asemade, co Regulamento Penitenciario na man, correspóndenos comunicar vis a vis cos nosos familiares presos. Porén, cando solicitas o poder comunicar intercarcerariamente respóndenche cun escueto “No Procede”.

Autos xudiciais que non se cumpren

Todo este tipo de cousas, repito, veñen recollidas no seu Regulamento Penitenciario. O mesmo que o da ilegalidade que supón a intervención das comunicacións de maneira intemporal: levamos máis de dez anos con ela de maneira ininterrompida!

Temos tamén nesta cadea outra serie de autos xudiciais que se incumpren:

-Sobre as (catro) saídas semanais ao campo de fútbol ou polideportivo.

-Sobre o dereito a asistir a Actividades e Cursos

-Sobre o dereito a comunicar vis a vis con familiares e amigos

-Sobre o respecto a intimidade nas comunicacións vis a vis.

Dez anos sen asistencia odontolóxica

Tivemos que agardar case dez anos para poder ter asistencia odontolóxica na prisión. Entre todos os presos políticos tivemos que “contratar” a un dentista da rúa e ir facéndonos as reparacións necesarias. Un montón de intervencións debido precisamente ao desleixo de todos estes anos. No meu caso levo gastado máis de 2,500 euros.

Reflexións finais

Este é un pouco o Informe da situación de acó. Dicirvos, para que non se esqueza, que todo isto ten o súa orixe na Política de Dispersión que se iniciou no 87, coa que se racharon as Comunas de Presos Políticos malia a forte resistencia que lle opuxemos. As Comunas garantían o cumprimento dun mínimo de dereitos e podíamos realizar un modo de vida en prisión acorde a nosa militancia revolucionaria. Coa Dispersión, a indefensión dos presos políticos acrecéntase.

Suso Cela Seoane

Preso Político dos GRAPO

Prisión de Badajoz, abril de 2010
1 Comments:
  • At 5/31/2010 12:51:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Totalmente inadmisíbeis estes atropellos de dereitos na prisión de Badajoz.

    Máximo apoio e solidariedade con Suso Cela Seoane.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com