Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Arenga de Valentina Tarasovna no 65º cabodano do Día da Vitoria
27/05/2010
Valentina Tarasovna Bosenko
Combatente en accións bélicas da Grande Guerra Patria



Pasaron 65 anos desde aquel día soleado de maio, cando na radio resoou a voz que informou a todo o mundo da capitulación da Alemaña fascista e do Día da Vitoria. Nas rúas persoas descoñecidas, con bagoas e risos de ledicia, intercambiaban apertas.

Compatriotas que entregastes todo o máis querido –as vosas vidas- polos ideais do Comunismo, perdoádenos, por favor, porque non soubemos, non puidemos manter a bandeira da Vitoria nas nosas envellecidas mans!

Perdoádenos por, ben cedo, darmos a oportunidade os novos burgueses e os seus lacaios de limparen os pes encol da nosa Historia e do noso Día da Vitoria.

Perdoádenos xa que, após a morte de I. V. Stalin, non soubemos formar líderes dignos do florecente país, de verdadeiros comunistas que conduciran con honra á sociedade até futuras vitorias do Socialismo e cara á construción do Comunismo.

Perdoádenos por darmos a posibilidade de que medrara o fascismo no noso país, país que entregou na loita contra o fascismo os mellores fillos e fillas da Patria.

Perdoádenos por non facermos fronte á degradación da sociedade e da cultura soviética.

Perdoádenos por darmos a posibilidade á nomenclatura e á burocracia para se desenvolveren e medrar. Lenin advertía que isto conduciría á restauración do capitalismo. Perdoádenos!

Xuramos preservar a Memoria nos corazóns.

Xuramos que non humillaremos á nosa honra, que non venderemos a nosa alma aos burgueses!

Compatriotas combatentes, herdeiros dos combatentes e todos os partidarios das ideas do Comunismo, sodes vós o albo da memoria daqueles que non regresaron da guerra. A nosa pasividade fere o corazón. Non permitamos que nosa sexa a culpa! Seica vós non sodes quen de asirdes a bandeira da Vitoria da xeración anterior? Seica tamén andades en liortas, acusacións mutuas, na censura da nosa Historia e do Día da Vitoria, en discusións e escritos estériles? Seica non sodes quen de defenderdes a honra e a dignidade da nosa Historia e do Día da Vitoria? Seica non sodes quen de superardes o capital coa súa fera avidez? Seica permitiredes aos bastardos burgueses que boten ao foso do esquecemento a nosa Historia, o noso Día da Vitoria e as heroicas fazañas dos soviéticos?

Non quixera pensar iso...

Lembro, valoro a Memoria! Sinto no corazón a lembranza daqueles que deron as súas vidas no nome da vida na Terra, no nome do Comunismo, salvándonos a todos do fascismo!

Dobro o xeonllo e inclino a cabeza diante do lume eterno da Gloria do Combatente Soviético!

-------------------
*Traducido de amistadhispanosovietica.blogspot.com

Ler máis
2 Comments:
  • At 5/27/2010 09:02:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    GLORIA ETERNA AOS COMBATENTES SOVIÉTICOS!!!
    STALIN, MARXISTA-LENINISTA EXEMPLAR!!

     
  • At 5/28/2010 11:46:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Tarasovna fai unha verdadeira radiografía dos problemas derivados da contrarevolución executada polos mandos posteriores ó lideirádego de Stalin. Caendo sobre as fauces do tempo e da historia a revolución aínda se contempla non en base de estatuas e lembranzas senón que as sensacións de que hai moito por facer manteñen vivo o propio espírito do cambio.

    Magoa que está crítica non tivera dado pé os xiros verdadeiros que o pobo soviético afirmaba daquelas.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com