Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Carta de Pepita Seoane Vaz aos periodistas de Informe Semanal
13/05/2010


SOLIDARIEDADE
Xornal do Comité de Solidariedade coas Presas e Presos Políticos

Disque o ser humano é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra… e iso foi o que me pasou a min, unha vez máis, cos medios de comunicación. Mira que me dá noxo a maneira que teñen de traballar cando fan reportaxes ou dan as noticias! Terxiversan, manipulan e vailles o morbo cousa mala. Claro que servindo a quen serven… E logo queren facernos crer que neste país hai liberdade de expresión, democracia e todo o demais… xa, xa… risa me dá tanta palabrería.

O día 1 de Maio emitiuse no programa Informe Semanal, da TVE, unha reportaxe de pretendido “xornalismo de investigación” titulado “El ocaso de los GRAPO”. Unha reportaxe onde os xornalistas que interviñeron ademais manipular, deformar e intoxicar todo o que quixeron, erixíronse en xuíces ao afirmar que o meu fillo Carlos Cela tiña xa “un pé no cárcere”. Si, en prisión, onde teño xa dous fillos, presos políticos, dos que me sinto moi orgullosa.

Os señores periodistas antes de lanzar afirmacións desa envergadura deberían documentarse un pouco máis. Carlos, como case todo o mundo sabe, foi detido xunto con outras catro persoas nunha operación que tivo máis de circo que de outra cousa. Estas cinco persoas estaban facendo, antes de aplicarlle a lei antiterrorista e metelos presos, unha vida do máis normal. Traballando honradamente para que outros moitos vivan a todo luxo sen dar pancada.

Mirade que “comando” que até se levaron por diante a Luís, “O Che”, que esta en cadeira de rodas dende hai máis de 25 anos a causa dos balazos que lle meteu a policía pola costas! E grazas que o contou porque o seu compañeiro Abelardo Collazo alí quedou morto…

Iso de que a familia Cela Seoane esteamos no ollo do furacán non é novo. Expliqueino diante e detrás da cámara pero, claro, hai cousas que é mellor calar non sexa que se vaian espertar algunhas conciencias. Choca moito que sendo eu filla, viúva e irmá de Gardas Civís, decantárase por outra maneira de pensar… Mais foi precisamente esta, a Garda Civil, quen me fixo ver as cousas obxectivamente.

Crieime nos cuarteis da Ditadura, onde vin toda clase de tortura, malleiras… O meu pai estivo a piques de ser expulsado “del Benemérito cuerpo” por falta grave ao non ter o valor de fusilar a homes e mulleres cuxo único delito foi defender a República usurpada polos fascistas. Os meus fillos medraron nos cuarteis da “democracia” aínda que, máis ou menos, víñanse facendo as mesmas cousas.
Pero, claro, nese momento, para min tanto a policía como a Garda Civil eran os “bos”, os que se dicía que cumprían co seu deber.

Cando deteñen deteñen aos meus fillos Paco e Suso como membro do PCE(r) e dos GRAPO, e saen nos medios de comunicación, e se verquen sobre eles tal cantidade de mentiras, tano o seu defunto pai como eu dixemos que os nosos fillos non eran eses monstros que pintaban. E foi nese momento cando a familia Cela Seoane colle conciencia. De aí a miña entrega aos meus fillos e as súas ideas de loitar por un Socialismo de verdade.

Señores periodistas: a próxima vez procuren ser máis consecuentes co que din. Por que nunca falades do outro terrorismo? Porque dende a chamada Transición até os nosos días foron máis de trescentas persoas asasinadas pola guerra sucia. Chámeselle “Hijos de Cristo Rey”, chámeselle “Triple A”, “Batallón Vasco-Español”, chámeselle GAL. Ou chámeselle directamente Policía Nacional, Garda Civil, Ertzantza…

Tampouco falades do terrorismo patronal: cantos obreiros morren todos os días por falta de seguridade ou por estar sometidos a xornadas de traballo extenuantes? Estes traballadores tamén deixan mulleres, fillos… Vítimas do terrorismo son tamén as persoas mortas pola droga, onde están os narcos? Son vítimas tamén os parados, os que morren de frío nas rúas.

E que dicir das cadeas? Nos cárceres españois morren día si día non os presos por falta de asistencia médica. Presos e presas as que sonlle violados todos os dereitos: restrinxido e censurada a correspondencia, as visitas e un longo etcétera de vulneracións dos dereitos humanos máis elementais.

Recordaredes, os xornalistas que estiveches na miña casa gravando para o Informe Semanal, que vos dixen que entrarades nas cadeas para que o pobo vira o que alí se coce. Contestaredes que Institucións Penitenciarias nos vos daba permiso… Hai señores: cando non se poden ensinar as cadeas e porque hai moito que ocultar! Aínda que se cadra, visto o visto en Informe Semanal, sexa mellor así…

Atentamente.
Pepita Seoane Vaz.
2 Comments:
  • At 5/15/2010 03:36:00 da tarde, Anonymous Moncho said…

    Cantas verdades di esta muller.
    É a coraxe personificada.
    A necesidade e o amor polos seus fillos levouna a formarse e pensar como pensa hoxe.

    Quero enviarlle un forte abrazo e manifestarlle a miña máxima admiración.

    Hurra por Pepita!!

     
  • At 5/15/2010 07:53:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Tes razón, Moncho. Sen dúbida, a señora Seoane é un exemplo para calquera de nós.
    Un saúdo.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com