En maio de 1943, Harold King, correspondente en Moscova da Axencia Reuter, dirixiu unha carta a Stalin solicitándolle a súa opinión sobre a disolución da Internacional Comunista. A seguinte é a resposta do dirixente bolxevique. Estimado Sr. King, recibín a súa solicitude para responder a unha pregunta relativa á disolución da Internacional Comunista. Envíolle a miña resposta. Pregunta: Inglaterra opina que la decisión de disolver a Komintern foi moi oportuna. Cal é o punto de vista soviético sobre este asunto e cal pode ser a súa incidencia no futuro nas relacións internacionais?Resposta: A disolución da Internacional Comunista é acaida e oportuna, xa que facilita a organización dunha acometida común de todas as nacións amantes da liberdade contra o inimigo común -o nazismo. A disolución da Internacional Comunista é acaida porque: a) Deixa en evidencia a mentira dos hitlerianos de que "Moscova" ten a intención de intervir na vida doutras nacións para "bolxevizalas". Ponse fin a esta mentira desde agora. b) Deixa en evidencia a calumnia dos adversarios do Comunismo no movemento obreiro de que os Partidos Comunistas nalgúns países non traballan supostamente para os intereses do seu pobo, senón que o fan seguindo ordes exteriores. Ponse fin tamén desde agora a esta calumnia. c) Facilita o traballo dos patriotas de todos os países para unir ás forzas progresistas dos seus respectivos países, sen o importar o partido ou as crenzas relixiosas, nunha única forza de liberación nacional que leve a cabo a loita contra o fascismo. d) Facilita o traballo dos patriotas de todos os países para unir a todos os pobos amantes da liberdade nunha única forza internacional para a loita contra a ameaza de dominación mundial do hitlerismo, despexando o camiño para a futura posta en marcha dunha coalición de nacións en pé de igualdade. Considero que todas estas circunstancias se traducirán nun maior fortalecemento da Fronte Unida de Aliados e outras nacións na loita pola vitoria contra a tiranía hitleriana. Coido perfectamente oportuna a disolución da Internacional Comunista, xa que precisamente agora, cando a besta fascista emprega as súas últimas forzas, é necesario organizar o ataque común dos países amantes da liberdade para acabar con esa besta e liberar ao pobo da opresión fascista. 28 de maio de 1943. Atentamente, (Asinado) I. Stalin. |
Es muy interesante, ¿podríais traducirlo al castellano?.