Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

México: Comunicado do PDPR-EPR no terceiro aniversario das detencións-desaparicións de Edmundo Reyes e Gabriel Alberto Cruz
27/05/2010
AO POBO DE MÉXICO
AOS POBOS DO MUNDO
AOS ORGANISMOS NON GOBERNAMENTAIS DEFENSORES DOS DEREITOS HUMANOS
ÁS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS, POLÍTICAS E REVOLUCIONARIAS
IRMÁS, IRMÁNS, CAMARADAS!

Este 25 de maio cúmprense tres anos da detención-desaparición dos nosos compañeiros Edmundo Reyes Amaya e Gabriel Alberto Cruz Sánchez na cidade de Oaxaca, crime de lesa humanidade polo cal non foron castigados os autores materiais e intelectuais; tres anos de busca incesante, dor, sufrimento, de transitar polos labirintos da insensíbel burocracia; tres anos de impunidade, cinismo e arrogancia do goberno de Ulises Ruiz e de Felipe Calderón.

Tempo no que tres secretarios de gobernación, cómplices e perversos, encubriron aos autores materiais e intelectuais, teimudos entorpecedores do loábel labor da Comisión de Mediación (COMEDE).

Comisión de Mediación cuxa voz se apagou momentaneamente coa prematura e dura morte do insigne mestre Carlos Montemayor; acontecemento que malia nos sorprender, non fixo que perderamos a confianza na actividade que continúan desenvolvendo quen nela permanecen, conducíndoa colectivamente, enfrontando un mar de corrupción e o encubrimento deste vil delito de lesa humanidade, práctica recorrente do Estado mexicano desde a guerra sucia até hoxe.

Embora silenciar unha voz, o seu legado fortaleceunos para continuar loitando con máis firmeza e decisión contra os crimes e impunidade do Estado e dos seus aparellos represivos.

A ausencia dos nosos compañeiros irmandounos aínda máis coa dor de fillos, pais, mais, familiares e amigos de todos os detidos-desaparecidos do priismo e agora o panismo, reforzou o noso compromiso de endexamais deixarmos de loitar pola súa presentación con vida e en liberdade, exixindo o castigo aos autores intelectuais e materiais, até dar co seu paradoiro e unidos ao pobo, as súas organizacións e todos os organismos defensores dos dereitos humanos nacionais e internacionais berremos xuntos EUREKA!

Referendamos o noso compromiso coa Comisión de Mediación que continúa co seu nobre labor e demandamos que a simulación de autismo gobernamental remate e ceda ante o clamor da xustiza do noso pobo e de quen durante este tempo se solidarizaron cos familiares dos nosos compañeiros e de todos os detidos desaparecidos do país para que sexan presentados xa con vida e en liberdade.

A exixencia da presentación con vida e en liberdade de todos os detidos-desaparecidos é unha demanda de todo o pobo; demanda impostergábel desde o pasado e do presente, e exiximos que esta práctica abxecta sexa erradicada do país e a humanidade.

LEVÁRONOS VIVOS, QUERÉMOLOS VIVOS!
A EXIXIR A LIBERDADE DE TODOS OS PRESOS POLÍTICOS E DE CONSCIENCIA DO PAÍS!
POLA PRESENTACIÓN DE TODOS OS DETIDOS DESAPARECIDOS!

POLA REVOLUCIÓN SOCIALISTA!
VENCER OU MORRER!
POLOS NOSOS CAMARADAS PROLETARIOS!
DISPOSTOS A VENCER!
COA GUERRA POPULAR! O EPR TRIUNFARÁ!

COMITÉ CENTRAL DO PARTIDO DEMOCRÁTICO POPULAR REVOLUCIONARIO PDPR
COMANDANCIA XERAL DO EXÉRCITO POPULAR REVOLUCIONARIO CG-EPR

Ano 46
República Mexicana, 24 de maio de 2010.

Ler máis
1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com