AO POBO DE MÉXICOAOS POBOS DO MUNDOAOS ORGANISMOS NON GOBERNAMENTAIS DEFENSORES DOS DEREITOS HUMANOSÁS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS, POLÍTICAS E REVOLUCIONARIASIRMÁS, IRMÁNS, CAMARADAS!Este 25 de maio cúmprense tres anos da detención-desaparición dos nosos compañeiros Edmundo Reyes Amaya e Gabriel Alberto Cruz Sánchez na cidade de Oaxaca, crime de lesa humanidade polo cal non foron castigados os autores materiais e intelectuais; tres anos de busca incesante, dor, sufrimento, de transitar polos labirintos da insensíbel burocracia; tres anos de impunidade, cinismo e arrogancia do goberno de Ulises Ruiz e de Felipe Calderón. Tempo no que tres secretarios de gobernación, cómplices e perversos, encubriron aos autores materiais e intelectuais, teimudos entorpecedores do loábel labor da Comisión de Mediación (COMEDE). Comisión de Mediación cuxa voz se apagou momentaneamente coa prematura e dura morte do insigne mestre Carlos Montemayor; acontecemento que malia nos sorprender, non fixo que perderamos a confianza na actividade que continúan desenvolvendo quen nela permanecen, conducíndoa colectivamente, enfrontando un mar de corrupción e o encubrimento deste vil delito de lesa humanidade, práctica recorrente do Estado mexicano desde a guerra sucia até hoxe. Embora silenciar unha voz, o seu legado fortaleceunos para continuar loitando con máis firmeza e decisión contra os crimes e impunidade do Estado e dos seus aparellos represivos.
A ausencia dos nosos compañeiros irmandounos aínda máis coa dor de fillos, pais, mais, familiares e amigos de todos os detidos-desaparecidos do priismo e agora o panismo, reforzou o noso compromiso de endexamais deixarmos de loitar pola súa presentación con vida e en liberdade, exixindo o castigo aos autores intelectuais e materiais, até dar co seu paradoiro e unidos ao pobo, as súas organizacións e todos os organismos defensores dos dereitos humanos nacionais e internacionais berremos xuntos EUREKA!
Referendamos o noso compromiso coa Comisión de Mediación que continúa co seu nobre labor e demandamos que a simulación de autismo gobernamental remate e ceda ante o clamor da xustiza do noso pobo e de quen durante este tempo se solidarizaron cos familiares dos nosos compañeiros e de todos os detidos desaparecidos do país para que sexan presentados xa con vida e en liberdade.
A exixencia da presentación con vida e en liberdade de todos os detidos-desaparecidos é unha demanda de todo o pobo; demanda impostergábel desde o pasado e do presente, e exiximos que esta práctica abxecta sexa erradicada do país e a humanidade.
LEVÁRONOS VIVOS, QUERÉMOLOS VIVOS! A EXIXIR A LIBERDADE DE TODOS OS PRESOS POLÍTICOS E DE CONSCIENCIA DO PAÍS! POLA PRESENTACIÓN DE TODOS OS DETIDOS DESAPARECIDOS!
POLA REVOLUCIÓN SOCIALISTA! VENCER OU MORRER! POLOS NOSOS CAMARADAS PROLETARIOS! DISPOSTOS A VENCER! COA GUERRA POPULAR! O EPR TRIUNFARÁ!
COMITÉ CENTRAL DO PARTIDO DEMOCRÁTICO POPULAR REVOLUCIONARIO PDPR COMANDANCIA XERAL DO EXÉRCITO POPULAR REVOLUCIONARIO CG-EPR
Ano 46 República Mexicana, 24 de maio de 2010. Ler máis |
...EUREKA!!
Solidariedade cos camaradas proletarios de México!!