Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Sobre os últimos acontecementos en Quirguicistán
30/05/2010
A. Deninsyuk
Partido Comunista Bolxevique de Toda a Unión


En Quirguicistán os máis fortes sentimentos estouparon, provocando a caída do réxime de Kurmanbek Bakiyev. Os disturbios propagáronse con rapidez por todo o país após os sucesos do 6 e 7 de abril en Talas, onde máis de dez mil persoas se reuniron no centro da cidade, asaltando a comisaría de policía e o edificio da administración rexional, no que se refuxiara o gobernador.

O 7 de abril encetou unha verdadeira batalla na capital de Quirguicistán, Bixkek, na que os manifestantes asaltaron a Casa Branca. Os enfrontamentos acadaron proporcións sen precedentes, o que foi unha sorpresa inclusive para a oposición. Os rebeldes, armados con escopetas de ar comprimido, porras, escudos e outros materiais antidisturbios tomados á policía, arrasaron armarías, atacaron e cercaron a Casa Branca, devastaron e queimaron o edificio da Oficina do Fiscal Xeral e tomaron a central de televisión. Houbo máis de 80 mortos e máis de 1600 feridos (a meirande parte deles por armas de fogo).

A acción contra o clan de Bakiyev foi orquestrada pola “ignorada” oposición (os ex “socios” de Bakiyev na “Revolución dos Tulipáns” de 2005, despois excluídos por el do poder e, por tanto, dos negocios lucrativos), e inclusive eles non pensaban nunha confrontación de semellante intensidade. O malestar foi alimentado polo descontento da xente común por causa do repetido aumento en 2010 das tarifas dos servizos públicos, electricidade, auga e calefacción, e a “privatización”que o clan de Bakiyev levou a cabo sobre importantes proxectos industriais. A prohibición do Kurultay (asemblea tradicional) previsto para o 7 de Abril, e o arresto de líderes opositores, foron só un pretexto para os disturbios.

A riqueza do clan de Bakiyev era aínda maior que a do deposto presidente en 2005, Akayev. O fillo do presidente, de 35 anos, Maxim Bakjev, convertido na persoa máis rica da República de Quirguicistán, dirixía a Axencia Central para o Desenvolvemento, Investimento e Innovación. Todas as finanzas do país pasaban pola súa axencia que, a diferenza dos funcionarios gobernamentais, tiña un poder real. Non é raro que moita xente se referise á axencia como o “goberno na sombra”. Maxim Bakiyev tiña baixo o seu control todas as entidades financeiras do país e maior parte da economía de Quirguicistán (coa axuda do seu máis próximos colaboradores, Yevgeny Gurevich, Mikhail Nadel e outros).

Como consecuencia do golpe, a “oposición” toma o poder. Os dirixentes da oposición forman un “goberno de confianza nacional” liderado pola “socialdemócrata” Rosa Otunbayeva, e afirman que terá unha vixencia de seis meses, até as novas eleccións presidenciais e parlamentares. O exército e os servizos de intelixencia xa prometeron lealdade ao novo réxime e están restabelecendo a “orde” no país. O novo goberno prometeu reducir as tarifas dos servizos públicos e a volta ao “estado” das empresas de importancia estratéxica para o país “privatizadas” polo clan de Bakiyev.

En Quirguicistán hai unha continúa loita entre os distintos clans burgueses, atentos servidores dos seus amos -os EUA-, polo reparto do poder e a propiedade do sangue do pobo. A xente, máis unha vez, como en 2005, serán enganada por unha oposición que, hipocritamente, proclama que vai defender “os intereses do pobo”, cando o que buscan é unha redistribución da propiedade no seu propio beneficio.

Após fuxir ao sur do país, Bakiyev, agardando o apoio do Occidente, declarou que non abandonaría os seus “poderes presidenciais”. No entanto, Estados Unidos e Europa Occidental, malia “condenaren” a violencia por motivos de imaxe, están preparados para “recoñecer” o novo goberno (co que tamén teñen boas conexións). Os EUA non esqueceran facilmente a “precipitada” decisión de Bakiyev de pechar a base militar norteamericana de Manas (mais abondou que os EUA levantaran o dedo para que se retirase a decisión e a base fose “reemprazada” nun centro provisional). A “oposición” que chegou ao poder xa declarou, a través de Rosa Otunbayeva, que «o goberno provisional de Quirguicistán ten a intención de ampliar o contrato de permaneza, que expira en xullo, da base militar no aeroporto de Manas, nas aforas de Bixkek». A resposta de Washington non se fixo agardar. «Son optimista sobre as medidas que tomará o Goberno Provisional, as cales xa se están poñendo en marcha», afirmou o vicesecretario norteamericano para o Sur e o Centro de Asia, Robert Blake. Os Estados Unidos están listos para axudar.

Os líderes da “oposición” nunca se enfrontarán contra os seus amos occidentais e non permitirán que a xustificada ira popular poña en perigo o sistema capitalista e a “democracia liberal occidental”. As medidas “sociais” postas en marcha polo novo goberno non son máis que unha maneira de tranquilizar á xente, até conseguir apagar as protestas populares. A liberación dos traballadores de Quirguicistán da pobreza e a escravitude, así como a de todos os traballadores dos outros países da antiga Unión Soviética, só é posíbel mediante a erradicación da ditadura da burguesía e a devolución dos bens roubados á propiedade pública, no camiño cara á reactivación do poder Soviético e o restabelecemento da cooperación e amizade fraternas entre todas as nacións da antiga URSS!

Abaixo o poder burgués!

Todo o poder para o pobo traballador!

Ler máis
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com