Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Angelino* debe pedirlles perdón aos revolucionarios colombianos
28/06/2010
ANNCOL
28/06/10


As FARC merecen todo o respecto do mundo. Canteira de revolucionarios e que revolucionarios, como Jacobo Arenas, Manuel Marulanda, Raúl Reyes e outros miles. A lista sería longa.

«Que a guerrilla tome a decisión máis revolucionaria que é a de pedirlle perdón á poboación por todo o dano que fixo coa violencia, co terrorismo, co secuestro...», dixo Angelino.

Ten que ser un moi descomposto para situar patas arriba a verdadeira historia de Terror en Colombia. Unha Unión Patriótica liquidada polo Terrorismo de Estado, -da que fixo parte este vicepresidente-, Colombia convertida nunha fosa común por paramilitares ao servizo do Estado e os 'falsos positivos' do seu xefe actual, Santos. A vergoña tena no faiado.

E para completar o libreto santista engade, «Se tomas estas decisións desde o goberno de Juan Manuel Santos haberá toda a xenerosidade para construírmos acordos de paz e encontrarmos procesos de perdón e reconciliación».

A verdadeira reconciliación comeza coa captura e castigo de todos os responsábeis intelectuais desta sangría herdada de Santander, a devolución das terras roubadas aos campesiños, a depuración das Forzas Militares e o seu paso baixo o estandarte bolivariano. Antes non.

Este suxeito militou no PCC**, alí fixo e desfixo. Como un rei na CSTC***, dietas, comisións e unha vida de luxo que non cambiaría por unha trincheira na selva colombiana. Un intocábel “tirador de liña”, o imprescindíbel, o enviado do máis alá. Agora transformado nun miserábel traidor.


* Angelino Garzón, antigo comunista e dirixente sindical elixido polo actual presidente de Colombia, o narcoparamilitar Juan Manuel Santos, como o seu vicepresidente.
** Partido Comunista Colombiano
*** Confederación Sindical de Traballadores de Colombia
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com