Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Breve información sobre bombas nucleares
25/06/2010
Juan Nogueira López
Secretario de Comunicacións da Asociación de Amizade con Corea no Estado español



De cotío aparece na prensa occidental a “ameaza nuclear norcoreana”, a “chantaxe atómica” e outras acusacións cínicas. E son cínicas porque as armas nucleares norcoreanas se desenvolven a partir do ano 2003, mentres que Estados Unidos ten despregado en Corea do Sur un arsenal atómico desde hai varias décadas, así como diversos mecanismos de lanzamento (lanzadeiras, mísiles, submarinos nucleares, ...).

Todos os anos, os exércitos norteamericano e surcoreanos realizan varios exercicios militares que involucran a varias decenas de soldados dos dous países, nos que ensaian o que eles chaman “accións de autodefensa”, mais entre as que están o bombardeo nuclear.

E a ameaza nuclear non é unha brincadeira. Sabíamos dabondo que en 1951, Douglas MacArthur -xeneral norteamericano- foi destituído polo seu teima en utilizar armas nucleares contra China e Corea. Agora tamén sabemos que os seus sucesores non desbotaron tal idea.

Segundo a axencia norteamericana AFP, entre os arquivos desclasificados de 1969, está o 'Freedom Drop' (Gota de Liberdade), un plan para Estados Unidos usar armas nucleares tácticas para destruír centros de mando militares así como bases aéreas e navais norcoreanas.

As baixas civís cifraríanse “entre uns centos e varios milleiros”, segundo unha nota daquela clasificada e dirixida ao asesor de Nixon para a seguridade, Henry Kissinger, polo secretario de Defensa, Melvin Laird. En 1969, a RPD de Corea derrubou un avión espía estadounidense que sobrevoaba as súas augas territoriais. Os 31 membros militares da tripulación morreron. Foi entón cando se consideraron varias opcións e, entre elas, o ataque nuclear.

Se en plena Guerra Fría e co campo socialista en pé, Estados Unidos pretendía o bombardeo atómico sobre Corea do Norte, que non faría hoxe? Hoxe, máis que nunca, cómpre sermos solidarios coa paz en Corea, a retirada das tropas ianquis de Corea do Sur e a reunificación.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com