Como está a situación económica en Grecia?Desde que os socialdemócratas do PASOK chegaron ao poder, medraron os ataques contra os traballadores en Grecia até un nivel que non se vira despois da Segunda Guerra Mundial. Calquera simple dereito de calquera traballador, tanto do sector público como do privado, está a ser abolido. Os salarios estanse a reducir un 50%, e outro tanto sucede coas pensións no sector público e privado.
De canto diñeiro estamos a falar?Antes a media salarial era de 740 euros, agora son 500, especialmente nos novos traballadores. A media das pensións estaba en 660 euros, despois baixou a 360. A respecto da seguridade social, a pasada semana acordouse unha nova reforma das pensións en Grecia co visto e prace da Unión Europea. Aprobarase este mes no Parlamento. Para accedermos a unha pensión completa haberá que cotizar 40 anos, prolongándose a vida laboral até os 70 anos. Poucos poderán acceder a unha pensión. Instauraron o despido libre, para todos. Calquera empresario pode despedir a un traballador cunha indemnización que se reduciu nun 50%. Xeneralizouse o traballo flexíbel e privatizáronse a Educación e a Sanidade. Aumentaron o imposto do IVE aos traballadores do 19 ao 23% , reducindo o dos empresarios dun 45% a un 20%. Os beneficios empresariais cotizan só ao 10% e os traballadores soportamos unha presión fiscal do 35%.
Quen menos ten máis sofre?Medran as axudas para empresas e bancos, mentres todo se privatiza. Grecia está á venda. A pasada semana (hai dez días), asináronse axudas do Goberno grego e a UE que entregaron 380.000 millóns aos bancos. Saquean os nosos salarios e eles obteñen financiamento sen problemas. Outro dos trocos supuxo que haxa axudas á contratación de novos traballadores, que poden chegar á totalidade do salario e as cotizacións sociais pagadas polo Estado; pódelles saír gratis. Os traballadores con máis antigüidade van ser despedidos porque van contratar xente nova con menos dereitos laborais. Practicamente todo o salario vai ser pagado polo Estado grego segundo o novo modelo de contratación.
Farán folga de se aprobar a reforma das pensións?Calculo que sobre o 20 ou 21 de xuño convocaremos unha folga de un ou dous días. Ademais, a PAME está a planear novas folgas para o verán. Será a oitava ou novena folga xeral desde decembro.
Europa sempre presumiu de modelo social, mais a primeiras de cambio empeza a se descompoñer; como se pode terminar con este sistema que fortalece o neoliberalismo?Estas medidas foron decididas hai xa uns anos. A crise é a oportunidade para as implantaren, mais non a súa orixe. Foron decididas cos Tratados de Maastricht e Lisboa, e foron apoiadas polos conservadores, os socialdemócratas e os partidos políticos oportunistas. Son medidas apoiadas no Parlamento grego polos conservadores de Nova Democracia, os socialdemócratas do PASOK e a coalición chamada de esquerdas, un conglomerado de reformistas e oportunistas, os que apoiaron o eurocomunismo. Estas medidas van xeneralizarse en toda Europa.
No Estado español e en Portugal van nesa dirección, os recortes esténdense a Alemaña, Gran Bretaña, Estado francés...Non van ser só para paliaren a crise e só neses países, senón que se imporán en todos e para as próximas xeracións. Son estruturais, que non haxa dúbidas.
Como se poden frear?Chamamos a todos os traballadores a se alzaren, a levantarse, porque a situación será dramática nas próximas décadas. Os próximos anos van ser duros e haberán moitos sacrificios, mais en calquera caso, desde PAME coidamos que a loita supón moitos sacrificios. Por exemplo, por participaren nas folgas estase a despedir a traballadores, mais son sacrificios necesarios porque coa nosa forza somos quen de cambiarmos a situación. Non aceptamos que nos digan que nos sacrifiquemos polo país na redución do déficit das políticas que practicaron os poderosos. En calquera caso, o sacrificio que supón a loita sempre será mellor que o sometemento que pretenden facer coa clase traballadora.
Que se debe facer?O máis importante para nós é cambiar a forma de pensar dos traballadores, que superen o medo aos despedimentos. Debemos ser conscientes da nosa habilidade e capacidade para cambiarmos as cousas, porque somos maioría na sociedade, producimos todo e os capitalistas nada. Queremos ter o dereito de nos facermos co que producimos. Coidamos que os sindicatos deben se dirixir aos traballadores e pularen para que non voten a eses partidos que apoiaron estas medidas regresivas para a clase traballadora. Cómpre golpearmos estas políticas e estes partidos políticos que as apoian, alí onde se produciren, nas elección xerais, as municipais e, especialmente, golpearmos os sindictaos que apoian estas medidas.
Por que triunfou o PASOK nas últimas eleccións?Ao PASOK déronlle o visto e prace os capitalistas e os empresarios porque sabían que controlaba os sindicatos, o conglomerado que forma o GSEE [Confederación Xeral de Traballadores de Grecia]. A socialdemocracia é a que fai o traballo sucio do poder económico. Na PAME estamos a impulsar folgas que si que están inquietando o poder. O que hai que ten presente é que o ataque é xeralizado en toda Europa. O poder apóaise no papel que xogan os sindicatos conciliadores, como a CES [Confederación Europea de Sindicatos] europea, para avanzar na agresión contra os traballadores.
Para a PAME, u-la saída?O noso obxectivo é continuarmos nesta loita, sostela no tempo. Os traballadores e os sindicatos deben decidirse a loitar por un novo modelo de desenvolvemento social, de socialización das empresas estatais gregas e avantar nunha economía planificada e controlada polos traballadores, Este momento de crise é unha oportunidade para o movemento de orientación de clase para conseguir con maior rapidez eses logros.
Xa que a crise grega se estende pola UE, podemos dicir que os gobernos se renderon aos poderes económicos?Os gobernos non fracasaron, senón que un dos seus obxectivos era implantar estas políticas para que a UE sexa tan competitiva como os EUA e China. É un vello problema que o capital europeo está obrigado a resolver agora a costa dos traballadores. Na PAME temos claro que a crise non está costeada polos capitalistas, senón polos salarios dos traballadores. O diñeiro público non vai aos salarios nin á Seguridade Social, senón que se destina neste momento ás empresas. Así, as empresas obteñen beneficios mentres se empobrecen os traballadores. A clase traballadores será a grande vítima do capitalismo en todos os países se non é quen de reaccionar ante estas continuas agresións.
Os traballadores deben ser as vítimas?Non. O noso principal reto é mudar esa situación, porque de non o facer, será dramática para os traballadores. É o momento de radicalizar a loita, de que os traballadores e sindicatos discutan, debatan e aposten por un novo modelo de desenvolvemento e outro poder político dirixindo os Estados.
A PAME ten o apoio do Partido Comunista?O KKE, Partido Comunista de Grecia, apoia a PAME. Mais a nosa organización non é só de comunistas. Os nosos detractores atacan a PAME para atacaren o KKE. Isto demostra que o Estado e o capital temen a capacidade dos traballadores que loitan por un novo modelo socioeconómico. Falan xa de debilitaren as liberdades sindicais e sociais, de modificaren a lexislación sobre as folgas para a endurecer. Queren golpear os folguistas e enxuizar os da PAME e os nosos delegados. Teño tres ou catro xuízos pendentes.
Enquanto na Grécia já são várias as greves gerais, contra as medidas anti-sociais e de recuperação económica capitalista promovidas pelo governo do capital,em Portugal e ao contrário da PAME, a "grande" bandeira das direcções sindicais reformistas (CGTP)e das que são afectas ao governo e à classe capitalista como é o caso da UGT,não é oporem-se com determinação ao Plano de Austeridade,como à redução dos custos de produção, com o rebaixamento dos salários,concentram a sua acção na "exigência" de uma distribuição mais EQUITATIVA dos custos da crise,para que não sejam sempre os mesmos a pagar as crises do capital,numa indicação clara, que se o governo taxar um pouco mais o grande capital,estes estarão dispostos, não só a refrear a luta,como mesmo trabalharem para convencerem os trabalhadores a sacrificarem-se ainda mais.
Aliás, o mesmo tem acontecido e acontece em Espanha com as CCOO e UGT.
Comparando as politicas sindicais anti-capitalistas da PAME,com as defendidas pelos revisionistas e outros oportunistas,tanto em Portugal (CGTP e UGT)como em Espanha com as centrais CCOO e UGT,chegamos à conclusão que existe uma diferença,como do DIA para a NOITE.
"achispavermelha.blogspot.com"
A CHISPA!