Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A ideoloxía das FARC é gañar ou morrer, como dixo Che Guevara
22/06/2010

Teresa Bo
Aljazeera
20/06/10


As FARC representarán o maior reto para o candidato que gañe as eleccións presidenciais do país.

En Cauca, Colombia continua en guerra. Vostede encontrará en todos os recunchos trincheiras, tanques, helicópteros Blackhawk e centos de soldados. Os combates teñen lugar case todos os días e a xente xa se afixo a eles. É máis, están seguros de que o día das votacións haberá ataques.

Malia tanta presenza militar, damos cos rebeldes esquerdistas das FARC, que loitan contra o goberno colombiano. Conducimos até a cidade de Toribio, no medios das montañas, e é alí onde os vimos. Estaban preparados para atacar os militares. Portaban RPG e AK-47. Apareceron das montañas, dos sumidoiros, de todas partes. Dixeron que se aveciñaba un combate cos militares.

Vímolos outra vez máis tarde. Estabeleceran un retén na estrada. Centos de vehículos estiveron retidos durante horas. O comandante Dúber, quen estaba ao mando, respondeunos a unha entrevista nas vésperas das eleccións presidenciais en Colombia.

«O noso principal inimigo é o presidente Uribe e as forzas armadas. Queremos dicirlle á xente que aínda estamos vivos, e aínda somos moi fortes. Hai eleccións en Colombia. O pobo pode votar por quen queira. Mais nós continuaremos a loitar. A ideoloxía das FARC é gañar ou morrer, como dixo Che Guevara», díxonos Dúber.

Desde que o presidente Álvaro Uribe asumira o cargo, este combateu contra os rebeldes de esquerda, a organización guerrilleira máis antiga de América Latina. Empurrounos fóra das principais cidades, mais en Cauca a loita aínda está viva.

«O presidente Uribe ofrece diñeiro e coches a eses guerrilleiros que se entregan. Eses que se venden non son guerrilleiros. Deben dar ese diñeiro ás persoas que morren de fame neste país. Nós non o necesitamos.»

O comandante Dúber uniuse á organización cando tiña 16 anos. Díxonos estar orgulloso de sobrevivir á presidencia de Álvaro Uribe.

«A nova Colombia é un lugar onde os pobres teñen traballo, onde hai igualdade social, sanidade e educación gratuítas. Non como agora; non hai igualdade aquí. Non hai saúde nin educación para os pobres, só para os ricos», comenta.

O goberno acusa as FARC de tráfico de droga. De feito, algunhas das áreas onde se cultiva coca están controladas por eles.

«A xente aquí nos axuda, recibimos axudas dos países veciños. Ti non ves ás FARC nun pequeno avión levando cocaína aos Estados Unidos. Nós non somos o problema. Os cultivos ilegais son a única maneira que teñen os agricultores para se alimentaren. O goberno non ofrece ningunha alternativa.»

Dúber di que as FARC non buscan influír na xente para que voten por un ou por outro candidato nas eleccións. Para as FARC, todos os candidatos son o mesmo. Mais a organización manda unha mensaxe a Juan Manuel Santos, que podería converterse no novo presidente colombiano o próximo domingo.

«Se Juan Manuel Santos quere continuar a guerra, entón nós estamos dispostos a loitar. De se daren condicións para as conversas de paz, poderíamos sentar e falar. Mais é difícil. Santos matou a moitos inocentes tentando matarnos a nós.»

Canto a entrevista remata, as FARC abren o punto de control e enfían cara ás montañas. Semellan preparados para outro combate.
1 Comments:
  • At 6/23/2010 06:41:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Antón.

    Estes comunistas non che son como o Saramago. A estes non lles fai as beiras o grupo PRISA.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com