Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Iolanda: con 29 anos leva 8 no cárcere por mlitar no PCE(r)
04/06/2010
SOLIDARIEDADE

Son filla de emigrantes. O meu pai galego e fillo de labregos e a miña nai, andaluza, filla de pescadores, casaron en Suíza onde emigraran de mozos para fuxir da extrema pobreza da España franquista. De volta ao Estado recen morto o ditador, instaláronse na Coruña, onde nacín eu o 7 de decembro de 1980. Teño 29 anos polo tanto.

Dende sempre vivimos no barrio de Monte Alto, hoxe convertido en zona turística, pero que historicamente foi un barrio moi obreiro e fortemente castigado pola droga e a delincuencia; pero tamén con moita vida social e recordo histórico (a súa prisión provincial, a campa onde fusilaron moitos republicanos…).

Alí estudei e tamén empecei a traballar. Cando me achaba estudando, os apuros económicos da familia leváronme a buscar pequenos empregos. E pódese dicir que fixen de case todo: florista, dependente dunha tenda de roupa, coidar anciáns…. Estudei auxiliar de enfermaría e tiven que deixar os de hixienista dental, para traballar nunha froitaría.

«Con 15 anos empecei a militar en Estudantes Independentistas e nas JuGA»

Comezando a traballar con 13 anos e vivindo nun ámbito onde estaban moi presentes os problemas sociais, cun certo nivel de conciencia, non é de estrañar que tamén para a militancia fose “prematura”. Con 15 anos frecuentaba os ambientes independentistas. Mentres estudaba, empecei a militar en “Estudantes Independentistas” e pouco despois nas JuGA, Juntas Galegas pola Amnistía.

Por aquel entón coñecín a militantes do PCE(r) e comecei a ler a súa propaganda, a participar en discusións políticas e pouco a pouco funme implicando máis. As miñas inquietudes políticas encamiñáranse máis ao plano nacional até entón, así que aqueles debates me estaban a achegar formulacións que resultaban da maior profundidade.

«Por aquel entón participei numerosas veces na repartición de propaganda do PCE(r) ás portas das fábricas»

Como simpatizante, empecei a participar en distintas campañas políticas, e participei tamén en varias plataformas sociais e nun intento de organizar as Xuventudes Antifascistas. Aínda sen 18 anos pasei á militancia de pleno. Na Coruña participei numerosas veces na repartición da propaganda do PCE(r) ás portas das fábricas, e foi moi ilusionante e reconfortante ver o bo grao de aceptación entre moitos obreiros.

Eses primeiros anos de actividade na Organización do PCE(r) na Coruña asentáronme maiores bases de conciencia e comprensión da loita, na vida e no traballo.

En novembro de 2000 detiveron en Francia varios camaradas da Dirección do PCE(r), entre eles ao seu Secretario Xeral: Manuel Pérez Martínez, “Arenas”, e comezamos cun extenso traballo na campaña de denuncia. Actos con obreiros, con mozos, de difusión e denuncia, etc. E por outro lado reorganizar o traballo de Organización en si, tras as importantes caídas de revolucionarios. Así que recen cumpridos os 20 anos, xunto con outros camaradas, empezamos a impulsar a Organización de Galiza e trasladeime a vivir a Vigo.

«Recén cumpridos os 20 anos, xunto con outros camaradas, empezamos a impulsar a Organización de Galiza»

O traslado supuxo ter que deixar o emprego para poder dedicarme exclusivamente a actividades políticas, que eran moitas nesa cidade, así que en 8 meses moi intensos, realizamos moita actividade de organización. Folgas obreiras, manifestacións, traballo de axitación… Pero seguía sendo necesario recompoñer estruturas organizativas debilitadas tras as detencións e a campaña de criminalización posterior. Necesitábanse mans, cada unha e un ao seu nivel, e a miña decisión foi pasar á clandestinidade para incorporarme á Comisión de Organización. Fixen o “paso” o 2 de xullo de 2002, e o 18 de xullo, 16 días despois, detéñenme xunto á camarada Aurora Caetano cando saïamos dun piso en Madrid. A miña experiencia clandestina foi “efémera” por desgracia.

«Nestes 8 anos de prisión que levo, pasei por 4 cárceres e por un par de módulos de illamento»

A de prisión está a ser algo máis prolongada. Coa lei de partidos ilegalizaron ao PCE(r) en 2003, pero xa inventáranse antes a amálgama “todo é GRAPO”, así que os militantes do PCE(r) rematamos condenados por “pertenza a banda armada”. No meu caso concreto caéronme en graza 8 anos por “pertenza” e outros 3 anos de propina por “documentación falsa”.

>Nestes 8 anos de prisión que levo, pasei por 4 cárceres e por un par de módulos de illamento. Máis de tres deles levo clasificada en Primeiro Grao, con todo tipo de restricións, limitacións, gravación de visitas, etc. Pero todo iso non me impide tratar de levar unha vida o máis organizada e produtiva posible, así que fago deporte, estudo, lectura, correspondencia… e sobre todo seguir fortalecendo as miñas ideas e militancia, malia todos os impedimentos.

Levo 3 anos e medio sen compartir módulo con ningunha compañeira. A esta dispersión intercarceraria, súmaselle a dispersión dos nosos familiares e amigos, a centos de quilómetros da nosa terra e xente querida. Coa dificultade nas visitas, polos innumerables gastos, matadas de quilometraxe… A toda esa incomunicación obrigada engádeselle o intento de total illamento coa correspondencia limitada, intervida, retida ou simplemente “perdida”. Igual pasa coas chamadas telefónicas. Máis, con todo, non poden nin poden lograr que sigamos mantendo a nosa firmeza e actividade.

Iolanda Fernández Caparrós
Prisión de Zuera
50800 Zuera (Zaragoza)

1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com