Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Nace o Partido Comunista de Porto Rico
23/06/2010
Proclamación da Constitución do Partido Comunista de Porto Rico

Por canto: Refundación Comunista ten a satisfacción de culminar o proxecto de refundación do partido revolucionario da clase obreira.

Por canto: Pasaron nove anos de formación e consolidación dos sólidos cimentos cos que hoxe, sábado 19 de xuño de 2010, irrompemos no seo da loita de clase do proletariado como Partido Comunista de Porto Rico (PCPR).

Por canto: A intensificación da crise capitalista xa irreversíbel e as consecuencias, cada vez máis severas sobre as masas traballadoras, desposuídas e explotadas, fai hoxe máis necesaria que nunca a existencia activa do principal instrumento revolucionario nas mans da clase social que ten a misión histórica de derrocar e enterrar o capitalismo.

Por tanto: Os militantes de Refundación Comunista de Porto Rico asumen esa indelegábel responsabilidade política como guía orientadora e organizadora das e dos traballadores, das masas desposuídas e oprimidas que espertan e gravitan cada vez máis as loitas reivindicativas e revolucionarias contra o capitalismo e todo réxime de explotación, pola revolución socialista e o triunfo do comunismo.

Por tanto: Proclamamos hoxe 19 de xuño de 2010, ás 6:00 PM a constitución do Partido Comunista de Porto Rico, na cidade de San Juan, Porto Rico.


----------------------------


Entrevista con Miguel Cruz Santos, voceiro do Partido Comunista de Porto Rico

5 Comments:
  • At 6/23/2010 07:56:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Agardo teñan sorte co proxecto, tan necesario para a clase obreira.
    Sorte e moito traballo.

     
  • At 6/24/2010 09:37:00 da manhã, Anonymous Roca said…

    Pareceume un vídeo moi esclarecedor, no que se tratan moitos temas interesantes que debíamos plantexar nosoutros tamén na nosa pátria.
    Fala da desindustrialización, e polo tanto de que non hai tantos obreiros industriais. Pensades que aquí pasa iso tamén? Porque xa dende incluso antes da crise había sectores que falaban da desaparación do clásico obreiro industrial do que falaba Marx, e mesmo Lenin. Qué pensades que hai de certo nisto?
    Realmente, de ser así, penso que a conciencia de clase mudaría moito, porque hai unha diferencia moi importante entre os traballadores que producen e os que non. Se produces podes poñer á burguesía máis en xaque-mate que se non.
    Parece que se pretende mesturar todo nunha masa moito máis ampla non dándolle tanta importancia ao obreiro industrial, algo co que sinceramente non concordo, pois é o motor da sociedade.
    Mais ben parece unha forma de xustificarense os propios dirixentes das organizacións existentes que pouco ou nada teñen que ver co mundo das fábricas.
    Penso que este sería un debate interesante.
    Quen é hoxe parte do proletariado e quen non?
    Fundamental a importancia que lle dan ao estudo do marxismo-leninismo e á formación de cadros políticos. Teñen razón cando din que os PCs actuais deixaron de lado esa laboura, algo polo que a bueguesía debe estarlles moi agradecida, e podemos constata-lo tamén en Galicia.

    Todo o meu apoio ao novo Partido Comunista de Porto Rico.

     
  • At 6/24/2010 07:03:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Boas. Ao que se pregunta Roca sobre a desindustrialización e a composición de clase de Galiza, aínda que non teño os datos diante, o que é seguro é que nunca foi tan alta a porcentaxe de proletariado no noso país, clase maioritaria sen dúbida.
    Pasou tempo desde o nacemento a finais dos 60 e principios dos 70 de organizacións soberanistas de inspiracións marxista. Daquela o campesiñado era maioría e, se cadra, pódese entender algunhas análises que había. Mais hoxe, a situación é ben distinta e, loxicamente, as análises teñen que ser ben distintas.
    A clase obreira debe dirixir o combate polo socialismo. Xa, sen fases intermedias que non teñen razón de ser. A loita nacional debe ser unha póla máis deste combate, sempre rumbo ao socialismo. A independencia se non está integrada na loita polo socialismo, se non está dirixida pola clase obreira galega, se non vai dirixida cara a unha républica socialista onde mande a ditadura revolucionaria do proletariado, non vale nada.
    Un saúdo.

     
  • At 6/28/2010 07:13:00 da tarde, Anonymous Roca said…

    Estou totalmente dacordo co Anónimo que intervíu sobre as cuestións que plantexei.
    Pero e que vexo que hoxe fálase de proletariado moi á lixeira, por iso lanzaba a pregunta ao aire: Quen é proletario hoxe e quen non?
    Parece que cada vez máis dende distintos sectores quérese confundir e diluir a importancioa do proletariado de toda a vida nalgo máis difuso.
    Sería interesante poñer os datos dos que fala Anónimo, para cerrar moitas bocas.
    Saúde.

     
  • At 6/28/2010 11:36:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Antón.

    Folleando os traballos do Instituto Galego de Estatística, no tocante ao tema da porcentaxe de traballadores dedicados á agricultura, os datos do 2008, falan de, sumándolle tamén a pesca, de 96 mil. Só na construción o número chegaba ese ano a 132 mil. Só na provincia de Lugo, as persoas dedicadas á agricultura e á pesca superan ás que traballan na construción. Por outra parte, no conxunto da industria, as persoas ocupadas eran 215 mil. E o sector servizos era o maioritario, con 756.
    Evidentemente, estes datos non abondan. Habería que destripalos moito máis.
    O que si aparece é o número de empresarios e membros dalgún tipo de cooperativos fronte ao número dese termo tan impreciso como é o de asalariados. Pois ben, os primeiros ascendían hai dous anos a 257 mil, fronte a 923 mil dos últimos. Repito que isto non chega. Loxicamente hai asalariados e ...asalariados.

    A Axencia Tributaria dá uns datos lixeiramente distintos. Fala de 1.142.000 asalariados cun soldo medio anual de 16.743.

    Eu tamén agardo por mellores datos sobre a composición de clase de Galiza.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com