Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Os traballadores non deben facer ningún sacrificio por causa da crise (KKE)
24/06/2010
Aleka Papariga
Secretaria Xeral do KKE


Quérolles pedir que recorden que hai xa algúns meses o Comité Central do Partido Comunista da Grecia (KKE) publicou a Declaración para as eleccións ao Parlamento Europeo. Ese texto tivo que ser actualizado, xa que entre medias rebentou a crise. O texto final da Declaración Electoral foi publicado como suplemento do «Rizospastis» do día 29 de Marzo de 2009.

Tamén me permito recordarlles que a Declaración Electoral non se limita a expor a nosa análise nin apenas un exame dos acontecementos ou das posicións do KKE. Inclúe tamén obxectivos específicos e frontes de loita, como a posición do Partido fronte a cuestións xerais que afectan ás cuestións específicas. Por iso, quen ler a declaración poderá ter, simultaneamente, unha visión xeral e específica a un tempo dos obxectivos e propostas do KKE para a clase obreira e para os outros sectores populares.

Quería destacar algúns asuntos xerais que determinan a nosa posición ante as cuestións máis importantes e específicas. As eleccións ao Parlamento Europeo (PE) deben ser consideradas como indisociabelmente ligadas á crise en Europa e máis en Grecia. Especialmente agora, cando a crise afecta a Europa e a Grecia, o KKE debe ser aínda máis forte na súa mobilización, na loita, nas urnas. Este Partido é un partido firme, experimentado e que foi posto á proba a nivel nacional e europeo.

A CLASE OBREIRA non debe FACER ningún SACRIFICIO POR CAUSA DA CRISE

Todos nós debiamos ter en conta que, contrariamente ao que nos vén dicindo, a União Europea (UE) non pode evitar a crise nin conseguiu a converxencia ao nivel do desenvolvemento entre os pobos, nin tampouco asegurou un rumbo ascendente do nivel de vida. Tampouco pode garantir a paz, a democracia, o desenvolvemento cultural – que tamén mellora a vida de todos nós –, a seguranza no presente nin evitar a incerteza no futuro.

Non hai posibilidade ningunha de saír da crise nunha Grecia onde os monopolios, e o capital en xeral, son dominantes, nin nunha Europa dos monopolios. Os outros partidos e gobernos dos Estados membros da UE defenden que hai unha saída para a crise que serve simultaneamente os intereses dos capitalistas e os intereses do pobo. Isto non é realista. Realista é a posición do KKE: os traballadores non deben facer sacrificio ningún por causa da crise; dentro da UE non pode haber unha saída favorábel aos traballadores. Para encontrar esa saída ten que existir unha fronte de loita favorábel á clase traballadora e ao pobo, a nivel nacional e a nivel europeo. Os pobos débense enfrontar á UE e aos gobernos nacionais, ora estes sexan liberais, socialdemócratas ou do chamado centro-esquerda.

Na nosa opinión, a UE só merece un nome: o de xendarme europeo dos lucros monopolista en toda a Europa e en cada un dos países que a conforman. A UE non é mais do que a cooperación entre países, e a fin de coordinar os intereses da burguesía e dos monopolios con sede nos seus países para estender a súa acción a toda Europa e para alén dela. Baixo este punto de vista, os que queren loitar contra a UE, condenala e mesmo defender que Grecia nela non ten futuro e que debería escoller o camiño da ruptura e a separación, teñen de se expresar a través do KKE. Deberían castigar a ND, o PASOK e non confiar nos partidos que critican de xeito mol a UE, como é o caso do SYRIZA. Cando o movemento mingua e amaina o descontentamento popular eles apoian totalmente a UE. Cando o pobo se levanta reforzan as críticas, limitadas a unha fraseoloxía de esquerda. O mesmo sucede co LAOS, que promove no seo do pobo posicións conservadoras. O LAOS non aceita ningunha medida, nin sequera a imposición de impostos ás empresas. En calquera caso, non aceita ningunha redución dos seus lucros. É un partido racista, nacionalista, un partido que representa o pasado.

O CRITERIO PRINCIPAL debe SER A posición DOS PARTIDOS FRONTE AO TRATADO DE MAASTRICHT

Para os partidos o criterio principal terá de ser a súa posición fronte ao Tratado de Maastricht. Os traballadores non poden considerar o Tratado de Maastricht como unha cuestión do pasado nin argumentar que estamos a regresar a 1992 cando o debatemos. A situación actual en toda Europa non é só unha consecuencia do tratado de Maastricht, é o propio Tratado de Maastricht en si mesmo e todos os tratados que seguiron desenvolveran as súas directrices xerais. Permítanme que lles recorde que o KKE foi o único partido que, baixo condicións durísimas, non seguiu a corrente dominante en Europa. Estamos orgullosos diso, orgullámonos de ter votado contra o Tratado de Maastricht. En xullo de 1992, o Parlamento grego ratificou o Tratado de Maastricht, que estabeleceu as bases do mercado común interior. As fronteiras interiores da UE foron abolidas para favorecer os intereses das transnacionais monopolistas. No entanto, apenas foron abolidas de palabras, e só para o capital. As rivalidades entre as burguesías alemá, francesa e inglesa continúan a existir. Mais «catro liberdades» están estabelecidas, isto é, a libre circulación de persoas, a libre circulación de servizos, a libre circulación bens e a libre circulación capital.

Que dixeran daquela os representantes da ND, do PASOK e do SYNAPISMOS? Kostas Mitsoakis, entón Primeiro-Ministro, dixo: «Volvo feliz e orgulloso. En Maastricht conseguimos o que queriamos. En primeiro lugar, a seguranza garantida pola unidade política de Europa e a nosa participación na UE, que atinximos malia a un grande número de reaccións adversas.»

O pobo de Iugoslavia podería responder a isto! Porque cando falamos de seguranza non nos podemos referir apenas á seguranza dun fato de países, senón á de todos. Desde logo, cando falamos de seguranza falamos da seguranza das persoas, que non se deben sentir ameazadas polo desemprego, pola pobreza, polo deterioro dos seus dereitos e do seu nivel de vida.

Andreas Papandreou, que entón era presidente do PASOK e estaba na oposición, dixo: «O PASOK votará a ratificación do Tratado de Maastricht. Naturalmente, os principios orientadores propostos constitúen a visión de quen dirixa o Banco Central Europeo, mais malia a iso votaremos a prol do Tratado de Maastricht». Noutras palabras, facemos as críticas para lle tirar area nos ollos ao pobo, mais despois votamos o tratado!

Idéntica foi a posición do SYNAPISMOS. Mais vexamos o que di hoxe o presidente do SYNAPISMOS, supostamente mais responsábel: «entón, o importante para nós», ou sexa cando o SYNAPISMOS votou a prol do Tratado de Maastricht, «era escoller entre rexeitar totalmente a unificación, a integración en Europa, ou mostrármonos tolerantes con esa unificación, criticando a forma en como ela se ía producir. Escollemos a segunda vía.»

O camiño fácil! Voto a favor, despois fago as críticas e acredito en que dese xeito aínda podo conseguir algunha indulxencia. A conclusión é que a ND e o PASOK contribuíron e participaron activamente en todas as decisións da UE.

Debemos aquí deixar as cousas claras. A UE non impón as súas políticas pola súa propia conta. Trátase de decisións de mutuo acordo, eis o máis importante. Definitivamente, ninguén lle pode impor a ninguén o que este non quere. Son decisións bilaterais.

Gustaríanos engadir algunha cousa máis. A UE non é só un mercado común. Existe o Euro Exército, que é o piar europeo da OTAN. Esta é unha cuestión crítica. A ND e o PASOK estiveron de acordo na fundación e reforzo do Euro Exército, tanto no goberno como na oposición. O SYNASPISMOS ofreceu un apoio substancial ao Euro Exército desde o primeiro momento. De acordo co SYN, «a fundación do Euro Exército é importante, na medida en que se relaciona coa integración política e a independencia de Europa».

Un Euro Exército que promova a integración e a independencia de Europa. Independencia con respecto a quen? Aos Estados Unidos. Mais a Europa é independente dos Estados Unidos! A pesar diso, non é ideolóxica e politicamente independente do imperialismo. Mais ese é outro asunto. Daquela, para que queren o Euro Exército? Para ameazar os Estados Unidos na loita polos mercados. Alén de meteren o Euro Exército na política de integración. O Euro Exército é imperialista, iso está claro. E o que na realidade continúa a ser é o piar europeo da OTAN. A propia UE estabelece: «non é necesario para a OTAN ir a todas as partes, nós podemos ir no seu lugar». Xa vimos na práctica este papel, non é necesario perdermos tempo con miudezas.

Alén diso pensamos que a batalla das eleccións ao Parlamento Europeo debería ter o mesmo contido cá batalla das eleccións nacionais. Hai diferenza entre as dúas batallas? Se existe diferenza, na nosa opinión ela non é determinante. A primeira batalla é para a elección do Parlamento nacional e a segunda para a elección do Parlamento Europeo. En ambos os casos é preciso condenar a política da UE. tamén nas eleccións nacionais é preciso condenar a política da UE. É importante condenar a ND e o PASOK. E os partidos que tentan tornar mais conservadora a consciencia popular ou previr a súa radicalización, non deben ser contemplados como unha alternativa.

A UNIÓN EUROPEA É unha ALIANZA DEPREDADORA

A condena da UE é un «camiño sen retorno». Mais queremos destacar a cuestión seguinte: os mitos que foron postos en evidencia nos últimos anos. Hoxe non hai desculpa que valla. Hai uns anos era explicábel a fe nalgunhas das promesas falsas e nos mitos. Hoxe xa non hai explicación ningunha. A UE é un camiño sen retorno, mais só para os intereses da plutocracia dos Estados membros e dos partidos que os serven. É evidente que a desvinculación de Grecia con respecto á UE lle crearía problemas ao capital grego, que se vería privado de todo ese arsenal, concretamente da lexitimación e do apoio da UE. Por iso eles a cualifican como o «camiño sen retorno» para a defensa dos seus intereses, como se fose un camiño sen retorno para o pobo.

A nosa posición é realista: Grecia e o pobo grego poden encontrar o seu propio camiño a través da loita que comeza, desde xa, na desobediencia e na indisciplina, e que culmina na ruptura substancial coa propia UE. Acreditamos en que a cooperación europea só será beneficiosa cando non houber plutocracia no maior número posíbel de países da UE e, naturalmente, cando ela acabar en toda a Europa. E cando Europa for socialista, poderemos entón falar de Europa da cooperación, da unión voluntaria dos pobos de Europa e polo poder das armas e dos mitos de fondo. Nesa altura, os pobos entrarán voluntariamente, porque unha Europa así servirá os seus intereses e non apenas os acordos financeiros.

A Unión Europea non é unha irmandade, senón unha alianza depredadora. Cando foi criada a Comunidade Económica Europea, as forzas que nela confluíron xuntáronse na base da súa oposición, da súa loita, do seu odio ao sistema socialista. Hoxe en dia, bátense, conxuntamente, para aumentar a explotación dos pobos e o fortalecemento da UE á custa dos pobos, para reclamaren o seu botín fora de Europa, en América Latina e noutros lugares, contra os EUA, mais tamén contra o crecente poder dos capitais rexionais.

A Unión Europea é unha fraternidade cando toma decisións comúns contra os pobos. Por exemplo agora, no marco desta crise, Francia concorre coa Alemaña, a Alemaña lévase ben con Rúsia e a Gran Bretaña «chíscalle o ollo» aos EUA. Malia a nun primeiro momento os antigos países socialistas, agora membros da Unión Europea, suplicaren a adhesión á mesma, agora procuran o apoio dos EUA co fin de obteren máis fondos para os seus empresarios, para a súa propia clase.

É un mito que os fondos comunitarios salvasen a Grecia. Se Grecia non estivese comprometida coa UE, se fose unha Grecia de poder popular, de poder obreiro, coa economía e a sociedade organizadas de acordo coas necesidades humanas e non en función dos lucros, non tería ingresos? non tería diñeiro? Concentraría a riqueza e esta pertenceríalle ao pobo.

INDISCIPLINA E DESOBEDIENCIA

Naturalmente, podemos preguntar: «é posíbel que Grecia sexa auto-suficiente e viva pechada en si mesma»? Pensamos que isto non é posíbel neste mundo. En todo caso, Grecia podería loitar por relacións de igualdade e mutuamente vantaxosas con outros países, tirando vantaxes das contradicións entre países capitalistas e utilizando os resultados positivos que, progresiva e gradualmente, se irán dando en Europa e no mundo, xa que Grecia non será o único país a confrontarse coa UE. Tais confrontos, de maior ou menor profundidade, desenvolveranse durante os próximos anos en Europa e fóra dela. Saír de Europa será moi malo para o capital, mais moi bo para o pobo grego.

Este é o principal punto que imos tentar deixar ben claro durante a campaña electoral. Imos ilustrar isto con dous exemplos.

Primeiro: as subvencións aos agricultores, que tiveron vida curta, fóronlles concedidas para que lles vendesen os seus produtos a baixos prezos aos fabricantes e outros industriais.

O segundo exemplo: os programas sociais para «servizos de asistencia a domicilio», «coidados escolares» ou programas que empregaban a mulleres como policías de tráfico. As persoas foron empregadas neses programas con fondos europeos, e cando os fondos se acabaron a responsabilidade foi asumida polos municipios. Estes dixeran que non tiña diñeiro, non pagaron os salarios e alá foron os servizos.

Por todo isto, facemos un chamamento a se uniren connosco, mesmo aqueles que non coinciden connosco nos temas do poder popular, da economía popular ou da ruptura. É preciso mostrarmos a vontade de contraataque, de reorganización do movemento de condena deste sistema.

Permítanme que, unha vez máis, diga que non é necesario estar de acordo connosco en todo. Alén diso, non podemos manipular as persoas, mais podemos estar de acordo na indisciplina e na desobediencia.

Un exemplo máis: que é que vai pasar co aumento da idade de reforma da muller para os 65 anos? O que acontece é noxento. O PASOK e a ND, os seus voceiros da GSEE (Confederación xeral de Traballadores de Grecia) e a ADEDY (Administración Grega Superior de Sindicatos de Funcionarios) e outros procuran fórmulas legais para saír do impase. Esta cuestión está relacionada coa política, a loita de clases e a sociedade. A tendencia xeral é que as pensións cheguen aos límites de 65, 67, 71 anos. Isto non ten nada que ver coa igualdade entre homes e mulleres. Pola contra, esta equiparación entre os sexos constitúe un indicador de desigualdade. Hai razóns biolóxicas e sociais que a prohiben. Diminuír a idade de reforma para homes e mulleres non é a mesma cousa. Haberá, e debe haber, unha diferenza de 5 anos na idade de reforma dos homes e das mulleres.

Indisciplina e desobediencia para que medidas coma estas non sexan aplicadas. É iso o que dicimos. E esta posición é mais realista que dicir que hai de aguantar e procurar camiños alternativos para gañar tempo. Por último, isto é o que o PASOK tamén reclama, que os dereitos das persoas, particularmente os que están preto da idade da reforma, non se vexan afectados. Ao dicir isto o PASOK está a tentar eludir o feito de que a idade xeral da reforma xa é para todos os 65 anos. Pensamos que as nosas teses lle interesan ás persoas. As nosas posicións, que constitúen as nosas armas, serán amplamente debatidas deica as eleccións.

------------
Tirado da páxina web de ADIANTE, este texto é o discurso de apertura pronunciado por Aleka Papariga na conferencia de prensa de lanzamento da campaña electoral ás últimas eleccións europeas, o 30 de Marzo de 2009.

Ler máis
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com