Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Paquistán: Hashtnagar, unha terra esquecida
09/06/2010
Ammar Aziz*
The Marxist-Leninist
06/06/2010

O traballo de investigación sobre o meu filme levoume a visitar hai pouco un territorio que, malia o seu importante significado histórico, foi terribelmente ignorado nas páxinas da historia. Arrodeado pola fronteira afgá, por áreas que conservan as tradicións feudais e tribais que tan presente estiveron ultimamente nos medios de información por mor dos talibáns, este territorio non é outro que Hashtnagar, un exemplo na historia da loita de clases en Paquistán. Formada por un grupo de oito aldeas, Hashtnagar é unha das dúas divisións do distrito de Charsadah, na Provincia Fronteiriza do Noroeste, unha das rexións máis fértiles, coñecida pola súa produción de cana de azucre. A militancia armada en loita polo socialismo é un elemento que diferenza Hashtnagar co resto do movementos de esquerda en Paquistán.

As bandeiras roxas ondeando nos tellados, a simboloxía socialista nos muros, os retratos de revolucionarios, o activismo cultural de esquerda e, sobre todo, a vida diaria dos campesiños e dos obreiros reflicten a liberación que se sente en todos os ámbitos deste territorio. Esta liberación é o resultado dunha loita polo socialismo de moitas década que xogou un importante papel na conformación das vidas e mentes da poboación nativa.

Para comprendermos esta cambio revolucionario, é importante coñecermos a historia da loita campesiña nesta rexión.

O movemento campesiño estivo sempre activo nesta zona inclusive antes da división entre a India e Paquistán. Por mor das expulsións ilegais de campesiños e da inxustificada distribución dos beneficios obtidos da terra, creouse o Kissan Jirga baixo o liderado de Khan Abdul Jabbar Khan (o irmán pequeno de Khan Abdul Gaffar Khan). Entre os principais obxectivos da Kirsa Jabbar estaba a protección dos campesiños fronte os desaloxos e a opresión dos señores feudais.

O campesiñado resistiu contra as políticas ilegais dos gobernantes e levaron a loita polos seus dereitos a toda a rexión. Este movementos de masas foi gañando popularidade en moitos distritos da rexión.

Após a partición, o movemento sufriu un pequeno debilitamento por mor da migración da maioría dos campesiños hindús ao outra lado. No entanto, en 1948, os Khan (señores feudais) comezaron os desaloxos masivos dos campesiños das súas terras, provocando a reorganización do campesiñado en toda a provincia e as protestas polos desaloxos ilegais. Para protexer os dereitos do campesiñado e loitar pola redistribución da terra, en 1948 nace unha nova organización, Movemento Hashtnagar, baixo os lemas de “A Terra para quen a traballa” e “Abolición total do feudalismo”. No curso dese ano, o goberno do Khan Qayum reprimiu esa loita.

Despois de dúas décadas, a finais dos anos 60, coas reformas agrarias do ditador militar Ayub Khan, o movemento entrou nunha nova etapa histórica de axitación contra os terratenentes e as políticas das elites. Foi a época na que naceu o Partido Mazdoor Kissan (Partido Obreiro e Campesiño -MKP-), con Afzal Bangash como líder e cun masivo apoio na provincia, especialmente en Hashtnagar. O MKP proporcionou ao campesiñado unha clara liña política con base no socialismo científico. Así o explicaba Afzal Bangash:

«O movemento que xurdiu e continúa activo en Hashtnagar non é nada novo. En todo o mundo, o campesiñado puxo en pé estas loitas pola súa liberación. Estes movementos tiveron suceso cando foron dirixidos pola clase obreira e pola súa filosofía». (Afzal Bangash speaks: Class Struggle Not a Tribal War).

O movemento de Hashtnagar obtivo un amplo apoio de toda a esquerda paquistaní. Algúns dos principais obxectivos do movemento eran a organización rural do campesiñado, creando bases rurais de poder campesiño, a eliminación da explotación e a escravitude social, política e económica do campesiñado, a creación de tribunais populares, o incremento dos salarios do proletariado rural, a distribución das terras de cultivo entre os traballadores rurais e acabar coa violencia e o acoso dos señores feudais.

O máis importante é que a loita deu lugar a varios acontecementos positivos. Creáronse organizacións Kissan baixo a influencia do MKP, sementando a consciencia política do pobo. O campesiñado comezou a aceptar a ideoloxía marxista. Instauráronse tribunais populares e promulgáronse leis. Erradicouse o traballo forzoso, os desaloxos e outras obrigas feudais. Déuselles vivendas as traballadores rurais, os salarios medraron e a resistencia armada campesiña obrigou a fuxir para sempre a moitos terratenentes, deixando as súas terras que foron distribuídas entre os campesiños sen terra, e que aínda manteñen esas propiedades.

No curso da loita, os revolucionarios enfrontáronse a unha forte oposición política que sentaba as súas raíces nos intereses imperialistas que existían detrás dos ditadores militares e dos políticos conservadores. O MKP, no entanto, soubo manterse como un partido destacado entre os obreiros e os campesiños.

Afzal Bangash explicou o papel do Partido Mazdoor Kissan:

«O partido centrábase principalmente no campesiñado, inspirado polas loitas dos chineses, dos vietnamitas e dos pobos africanos. Desde o primeiro momento obtivo logros na Provincia Fronteiriza do Noroeste de Paquistán, onde xa se daban loitas espontáneas entre campesiños e terratenentes por mor da reforma agrícola de Ayub Khan e a imposición de maquinaria agrícola. O MKP proporcionou a organización e o liderado necesarios ás rebelións campesiñas e o movemento medrou moito a finais dos 60 e principios dos 70. O movemento non só se enfrontaba Aos exércitos privados dos terratenentes senón tamén aos intentos do Estado de paralos pola forza.».

Foi a forte alianza entre a dereita, os fanáticos relixiosos e os militares o que provocou que máis de 300 camaradas perderan a vida durante e centos foran torturados e encarcerados durante a loita. No cemiterio, onde as tumbas dos mártires están cubertas con bandeiras roxas, o pobo celebra todos os anos, no mes de outubro, o Kaleeza, homenaxeando aos seus soldados e tamén a Gran Revolución de Outubro que formou a URSS. Esta emotiva proximidade coa antiga Unión Soviética é sólida. De feito, delegacións soviéticas e xentes progresistas doutras partes, como o Dr. Najibullah, que foi brutalmente asasinado polos Talibáns, tamén acostumaban visitar o lugar.

O movemento socialista non se limita a producir un cambio na vida obxectiva senón tamén revoluciona o espazo subxectivo da persoa. Alén de guerrilleiros, o movemento Hashtnagar produciu moitos poetas, músicos e artistas de esquerda. O pobo non está afastado da vida social, como sucede co campesiñado doutras zonas veciñas controladas polas forzas conservadoras feudais e talibán, e está dabondo liberado como para expresar as súas emocións de diferentes formas. Esta actitude optimista ante a vida está relacionada co seu compromiso socialista e internacionalista. «Coido que o marxismo-leninismo é a única solución aos problemas da humanidade», afirmou Dost Mohammad Bahar, obreiro local, poeta, cantante e militante do Partido Comunista Mazdoor Kissan. «A miña poesía e a miña música está dedicada á causa da revolución!». Bahar recita o seu poema ‘Jenny, a Nai da Humanidade’, dedicada á Jenny VonWestphalen, muller de Karl Marx.

Sparlay, un mozo activista e pintor, dixo: «Meu pai, que tamén era comunista, chamoume Sparlay porque significa “primavera”. Vou continuar o seu camiño a través dos meus debuxos».

Segundo outra investigación, no distrito de Charsadah, é unha minoría a que envía aos seus fillos á escola, sendo a maioría deles militantes do partido ou da organización. Isto demostra que, malia a cultura dominante Pakhtun, os valores patriarcais non existen entre os cadros revolucionarios da zona. Hoxe, dous partidos están activos na zona, o MKP e o Partido Comunista Mazdoor Kissan (Partido Comunista Obreiro e Campesiño -CMPK-), fusión nos 90 entre o Partido Comunista de Paquistán e boa parte do MKP.

Hashtnagar, como sociedade que acadou a liberación social e cultural a través da loita de clases, dá un raio de esperanza á desnortada esquerda de Paquistán, esa esquerda que renegou das raíces ideolóxicas do marxismo-leninismo após a desaparición do bloque socialista no mundo. Non dubido en que chegará o día en que o eco das súas cancións revolucionarias, os versos da poesía popular e a color do tecido das bandeiras superarán os berros da violencia, da opresión e do sistema de clases en Paquistán.


*Militante comunista do CMKP e cineasta.

Ler máis
1 Comments:
  • At 6/21/2010 11:17:00 da manhã, Anonymous Milo said…

    Gracias a Estoutras por achegarnos á realidade doutros sitios lonxanos. Non tiña nin idea sobre isto....
    Un saludo!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com