Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A secreta alianza militar entre Israel e Suráfrica
15/06/2010
Stephen Gowans

What's left
24/05/10



Israel foi chamado un Estado de apartheid. Agora saen á luz as súas ligazóns co estado de apartheid orixinal. Nun libro novo, The Unspoken Alliance, Sasha Polakow-Suransky, editora principal no Foreign Affairs, a principal revista norteamericana sobre política exterior, cita documentos desclasificados de Suráfrica que revelan que Israel forxou unha alianza militar secreta con Suráfrica nos anos 70, e ofreceuse a vender armas nucleares ao estado do apartheid. (1)

Desde a fundación en 1948 e até mediados dos anos 70, Israel criticou o apartheid de Suráfrica, e procurou aliados entre os novos estados independentes da África negra. Mais para moitos países africanos, Israel era a réplica en Palestina dos modelos coloniais europeos con quen combateran para se liberaren. Non se ían converter en aliados dunha potencia colonial.

O daquela ministro de defensa de Israel (e hoxe presidente), Shimon Peres, acompañou o primeiro ministro de Suráfrica, John Vorster, un admirador de Hitler que fora encerrado durante a guerra por apoiar os nazis e pertencer á fascista Ossewabrandwag, nunha visita en 1975 ao memorial do Holocausto. Peres asinou un acordo co goberno de Vorster para estabelecer unha alianza militar secreta, e ofreceuse a vender armas nucleares a Pretoria.

Suráfrica, un estado racista branco, mostrouse moi disposto a aceptar a oferta de alianza de Israel, vendo en Israel un país afín de colonos europeos “poboando unha rexión hostil habitada por xente escura”.

Unha relación xa existente cimentou a alianza: Suráfrica xa levaba tempo enviando óxido de uranio concentrado a Israel. Nesa época, levantáronse os controis da proliferación nuclear, o que permitiu aos israelís desviar o óxido de uranio para o seu programa nuclear.

A fortaleza da nova alianza foi escenificada en 1976 pola visita a Xerusalén do primeiro ministro sudafricano, John Vorster. Acompañado por Isaac Rabin e o daquela primeiro ministro (agora presidente) Shimon Peres, Vorster visitou o memorial do Holocausto, un grotesco espectáculo considerando que o primeiro ministro de Suráfrica fora un admirador de Hitler que fora encarcerado durante a guerra por apoiar os nazis e pertencer á fascista Ossewabrandwag.

En 1975, o ministro de defensa de Suráfrica, P.W. Botha reuniuse con Peres para mercar cabezas nucleares israelís. Malia fracasar o acordo – os sudafricanos coidaban excesivo o prezo exixido-, os dous homes asinaron un acordo para estabelecer unha alianza militar secreta. Israel comprometeuse tamén a enviar a Pretoria 30 gr. de tritio, que Suráfrica utilizaría máis tarde para elaborar bombas atómicas.

Alon Liel, o antigo embaixador israelí en Suráfrica, declarou ao xornal inglés The Guardian que Suráfrica empregaba a súa riqueza mineral (con base na explotación dos oprimidos mineiros negros) no financiamento de proxectos militares conxuntos, mentres que Israel proporcionaba os seus coñecementos técnicos. Suráfrica converteuse pronto no mellor cliente de armas de Israel. Segundo Liel, «Despois de 1976, houbo unha historia de amor entre os servizos de seguridade dos dous países e os seus exércitos. Estivemos involucrados en Angola como asesores do exército [sudafricano]. Había oficiais israelís alí cooperando co exército. Foi unha relación moi estreita.»

Israel entendía a relación como algo máis que conveniencia, compartían ambos os dous a posición de opresores coloniais so a presión de movementos de liberación nacional. Os dous países compartían «firmes ideais de odio á inxustiza e... a negativa a someterse a ela», escribiu Peres ao ministro de información de Suráfrica, Eschel Rhoodie. A “inxustiza” á que non querían someterse era á fin do apartheid (Suráfrica) e á volta atrás do Nakba (Israel), dous casos de subordinación das poboacións nativas aos intereses dos colonos europeos. Rafael Eitan, daquela xefe militar israelí, e Ariel Sharon, o futuro primeiro ministro, simpatizaban coa “difícil situación” do réxime racista de Suráfrica, seguramente vendo nel o reflexo das dificultades de Israel para aplicar o seu propio réxime racista.

A fins dos 80, o réxime do apartheid de Pretoria estaba a perder apoios, e non era viábel volver a Suráfrica. Israel decidiu que Suráfrica “tiña de cambiar de branco a negro”. Os mandos de Defensa resistíronse, argumentando que Suráfrica, como principal cliente de armas de Israel, “salvara a Israel”, unha conclusión que Liel considera “probabelmente certa”.

Chris McGreal, xornalista de The Guardian que escribiu unha serie de artigos sobre as revelacións do libro de Polakow-Suranky, sinala que o feito de que Israel colaborara na proliferación de armas nucleares «mina calquera intento de Israel por facer crer que, se ten armas nucleares, é por ser un estado 'responsábel' que non fará un uso indebido delas, mentres que países como Irán non son de confianza».

Mais, que grao de responsabilidade tivo Francia? Probabelmente tivo que ver no desenvolvemento israelí de armas nucleares, transferíndolle tecnoloxía como pago polo seu papel na tentativa franco-inglesa de 1956 de facerse cargo de Exipto (a crise da Canle de Suez) (2). Cal é a responsabilidade dos Estados Unidos, que lanzou bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki durante a Segunda Guerra Mundial, malia a inminente, e coñecida por eles, rendición xaponesa, e que, aínda que non fora así, podían vencer facilmente sen utilizar armas atómicas? (3). Aínda máis, os Estados Unidos continúan a ameazar co uso de armas nucleares contra estados non nucleares (4) – terrorismo nuclear, todo un exemplo dunha potencia nuclear responsábel..

O libro de Polakow-Suransky, e os traballos de McGreal, revelan que Israel alcanzou unha alianza militar cun réxime abertamente racista -e axudou Suráfrica no seu intento de esmagar o movemento de liberación nacional de Angola-, fortalecendo os seus lazos grazas a compartiren o problema de manter un réxime opresor sobre unha maioría indíxena desposuída.


1. A maior parte deste artigo baséase nos artigos publicados por Chris McGreal en The Guardian: “Israel and apartheid: a marriage of convenience and military might”, 23 de maio de 2010; “Revealed: how Israel offered to sell South Africa nuclear weapons”, 24 de maio de 2010.
2. Ver Richard Becker, “A turning point in the Middle East balance of forces”, PSLWeb.org, 1 de novembro de 2006.
3. Ver Jacques R. Pauwels, The Myth of the Good War: America in the Second World War, James Lorimer & Company Ltd., Toronto, 2002, pp. 172-173.
4. Stephen Gowans, “Nuclear Posture Review 2010”, What's left, 10 de abril de 2010.
1 Comments:
  • At 6/21/2010 11:06:00 da manhã, Anonymous Milo said…

    Está moi ben este texto.
    E moi apropiado agora que tan de moda está Sudáfrica co tema do Mundial de Fútbol.
    Parabéns!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com