Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

ADIANTE apoia a cadea humana do 24 de Xullo
22/07/2010


Desde ADIANTE, organización xuvenil comunista e independentista, apoiamos a convocatoria de cadea humana lanzada de novo polo organismo antirrepresivo Ceivar para este próximo 24 de Xullo en Compostela. Por terceiro ano consecutivo, a cadea humana popular terá lugar ás 19:00 horas na Praza de Galiza da nosa capital nacional.

Como organización xuvenil que somos, e a raíz dos debates da nosa 2ª Asemblea Nacional, nestes últimos meses estamos a chamar a atención sobre a situación de moitas/os mozas/os das clases populares nos chamados Centros de Menores, que na maioría dos casos non se distinguen moito das prisións convencionais feitas para os adultos.

Reivindicamos a liberdade para as/os presas/os políticas/os galegas/os independentistas, comunistas e antifascistas Maria Xosé Baños, Uxio Caamanho, Aurora e Carme Cayetano, Francisco e Xesús Cela, Iolanda Fernández, David Garaboa, Xurxo García, Vitoria Gómez, Olga Oliveira, Mónica Refoxos, Xurxo Rodríguez, Xaime Simón e Inacio Varela, así como a liberdade definitiva para os independentistas Xosé Manuel Sánchez e Santi Vigo, aos que se lles quere obrigar a voltar a prisión en breve malia ter cumprido xa cadea.

Cómpre lembrar que algún/has destas/es antifascistas e patriotas galegas/os levan entre 20 e 25 anos en cautividade, e que a outras/os se lles están a aplicar subterfuxios represivos políticos que non son outra cousa que penas de cadea perpetua encuberta. Paralelamente, asasinos de homosexuais, de migrantes, de mulleres, de obreiras/os, de antifascistas,... -moitas veces membros de corpos policiais ou militares- gozan de absoluta e insultante impunidade.

Denunciamos, logo, ao Sistema Penitenciario Español e a todos os Centros que se expanden polo noso País e polo EIE, incluíndo tamén como diciamos, aos Centros de Menores ou Prisións de Menores, paraugas baixo o que o EIE se permite todo o tipo de vulneracións da súa propia legalidade e do dereito internacional: torturas físicas e psicolóxicas sistemáticas, réximes inhumanos de incomunicación, castigos corporais, desasistencia médica e psicolóxica, provocacións á violencia e cadea perpetua encuberta (condenas de longa duración).

Entendemos que este Sistema Penitenciario devora e engole única, exclusiva e insistentemente ás clases populares. Tentando facer desaparecer do escenario social a máis mínima amosega ou proba de conflitividade, rebeldía e resistencia popular que poida remover os alicerces do sistema capitalista e do imperialismo español.

Para alén e como mostra de hipocrisía, o Estado Imperialista Español -que mantén o réxime FIES, a doutrina Parot e a dispersión- e os seus medios de comunicación empresariais negan a existencia de persoas presas por motivos políticos no seu Estado e, ao mesmo tempo, bombardean coas "aventuras e desventuras" dos mercenarios "cubanos" pagados pola CIA para desestabilizar á Revolución da illa caribeña.

Dende ADIANTE, coma en ocasións anteriores, esiximos:

- A resposta férrea contra a impunidade que están a desfrutar os/as torturadores/as nas prisións españolas, onde a práctica sistemática da tortura nas súas diferentes manifestacións é despregada polos corpos militares, policiais e demais corpos con funcións de policía (carcereiros/as, psiquiatras, médicos/as de prisións, educadoras/es…). Estes feitos están avalados por organismos tan pouco sospeitosos de "antisitema" ou "revolucionarios" como Amnistía Internacional.

- O recoñecemento do status de preso/a político/a a todos/as aqueles/as que permanecen en prisión por mor da actividade represiva do estado contra todo tipo de acción
política.

- Como mínimo, o achegamento a Galiza de todas as presas e presos galegos, sexan políticos, sexan sociais, xa que a práctica da dispersión é ilegal mesmo á luz do tan loado polos “demócratas” Dereito Internacional.

- O recoñecemento ao conxunto do colectivo en reclusión dos seus dereitos fundamentais, esencialmente ao traballo (abofé, non submiso), á atención sanitaria digna, ao desfrute dos seus permisos sen cortapisas e ás prestacións correspondentes sen que a Administración Penitenciaria siga a practicar o latrocinio que leva anos realizando.

- A paralización dos diferentes procesos políticos abertos en vía civil, penal e administrativa contra compañeiras e compañeiros (con especial actualidade os procesos abertos contra os folguistas do metal).

Por último, queremos lembrar a memoria do comunista galego Henrique Álvarez Abalde, recentemente finado e que estivo preso por volta de nove anos. A mellor homenaxe é continuar a loita.

O 24 de Xullo todas/os a Compostela!
AMNISTÍA TOTAL!
1 Comments:
  • At 7/22/2010 07:50:00 da tarde, Anonymous Aministía Total said…

    Parabéns á organización da mocidade revolucionaria e comunista galega por mollarse co tema dos presos e as presas políticas.
    Que tomen boa nota outras organizacións, que parece que o tema non vai con eles, pois a defensa dos loitadores e loitadoras do proletariado é un deber irrenunciábel de todo comunista e de todo revolucionario.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com