Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Asemblea nacional de delegados/as da CIG para debater sobre as consecuencias da reforma laboral e a convocatoria de folga xeral
03/07/2010
CIG

A CIG celebrou este xoves, no Pazo de Congresos de Compostela, unha asemblea nacional de delegados e delegadas para analizar polo miúdo o alcance e as consecuencias da reforma laboral e a necesidade da convocatoria da folga xeral. O secretario xeral, Suso Seixo, e o secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara, foron os encargados de abordar estas cuestións, a partir das que se deu paso ao debate dos/as asistentes.

Por primeira vez na historia, as nosas fillas e os nosos fillos herdaran un futuro laboral peor do que nos recebemos ao incorporarnos ao mercado laboral.

A CIG xa ten manifestado o seu total rexeitamento á reforma laboral, coa que o único que se pretende é abaratar e facilitar o despedimento sen que se resolven problemas tan graves como a grande temporalidade que existe no mercado laboral español ou a fraude que se rexistra na contratación.

Para a central sindical tamén é especialmente grave a ampliación da cláusula de descolgue, que apunta ás reformas que se queren introducir na negociación colectiva, ao trasladar unha problemática protexida polos convenios de sector ao ámbito da empresa, promovendo que sexa neste ámbito en exclusiva onde se decida se se aplican ou non as subas salariais pactadas no convenio colectivo. Esta ampliación é especialmente grave en Galiza, cunha estrutura empresarial onde o 90% das empresas teñen menos de cinco traballadores/as, o que provocará que practicamente no 90% dos casos non se apliquen os incrementos acordados.

Outro dos aspectos negativos que contén a reforma é o novo intento de privatizar a intermediación no mercado laboral a través de axencias de colocación, ao que hai que engadir a utilización do FOGASA para facilitar o despedimento no canto de servir para garantir o emprego.

Para a CIG tamén son preocupantes o conxunto de políticas que se están a propor dende o poder, que día si día tamén vai anunciando toda unha serie de reformas que ten en carteira como a do sistema de pensións, as prestacións sociais ou a negociación colectiva.

Diante desta situación, a CIG vén facendo, nos dous últimos anos, constantes chamamentos á necesaria mobilización social, como único mecanismo que ten a clase traballadora para defender os seus dereitos e impedir que se continúe afondando nestas políticas neoliberais. A central sindical xa manifestou que fará todos os esforzos necesarios para que a folga xeral do vindeiro 29 de setembro sexa un éxito.

Material Informativo en Descarga:
Cartaz da Folga Xeral
Tríptico da Folga Xeral
Análise da reforma e alternativas da CIG
1 Comments:
  • At 7/09/2010 08:16:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Moi ben, ainda que sigo agardando unha correcta análise sobre a crise por parte da CIG e o resto de organizacións galegas "de esquerdas".
    Haberá que comezar por iso...

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com