Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Chamamento da PAME á clase obreira e aos sindicatos militantes de Europa
06/07/2010

Dirixímonos a:

A clase obreira dos países europeos.

A todos os sindicatos militantes de Europa.

A todos os sindicalistas europeos combativos.

Estimados compañeiros;

Mandámoslles a resolución-chamamento que aprobaron hoxe, terza feira 29 de xuño de 2010, todos os traballadores de Atenas durante o grande mitin que a PAME realizou fronte ao parlamento grego con motivo da folga xeral.

Nós, milleiros e milleiros de manifestantes atenienses, declaramos, máis unha vez, estarmos totalmente en contra das bárbaras medidas antilaborais que está a tomar o goberno socialdemócrata. Unha medidas que están a eliminar de raíz os logros e conquistas de moitos anos para favoreceren o gran capital monopolista.

Continuamos firmemente a nosa loita clasista, apoiando os obxectivos do movemento sindical clasista do noso país, representado pola Fronte Militante de Todos os Traballadores, PAME. Unha fronte que xunta nas súas filas milleiros de traballadores en centos de organizacións sindicais de primeiro e segundo grao.

Neste período, os traballadores de varios países europeos están a loitar contra das políticas dos seus respectivos gobernos. Expresamos o noso apoio e solidariedade. De todas estas loitas, grande e cativas, podemos tirar algunhas conclusións:

  • A clase obreira en todos os países europeos está a se enfrontar cunha estratexia única, ben elaborada, por parte do capital monopolista. Unha estratexia que non só ten como obxectivo botar sobre a clase obreira todas as consecuencias da crise económica, mais tamén garantir sobre todo a rendibilidade do capital a longo prazo, coa eliminación de calquera dereito laboral e o medre da explotación. Somos testemuñas da agresión máis salvaxe coñecida a nivel europeo, e ao mesmo tempo da loita máis feroz que cada país capitalista leva a cabo para garantir a súa parte do pastel. Unha competición que traerá novas calamidades para todos os pobos.
  • Os gobernos, neoliberais ou socialdemócratas, están a implantar as mesmas medidas crueis. Están a representar os mesmos intereses.
  • Logros e dereitos fundamentais, conquistados mediante duras loitas, con sangue e sacrificios, estanse a eliminar co pretexto da “saída da crise”, unha crise provocada pola anarquía capitalista e a sobreacumulación de beneficios. Unha crise profunda, que demostra os límites históricos do capitalismo, un sistema que está a apodrecer e xera a escala masiva desemprego, pobreza, guerra e represión.
  • Estase a comprobar que a UE é unha Unión de Capitalistas. Unha Unión que, canda ao FMI e os EUA, xunto cos gobernos, forman unha coalición para o saqueo dos pobos, a prol do capital.
  • A CES está a demostrar decotío que non é unha organización sindical, mais un feixe de burócratas a apoiaren as estratexias da UE. A responsabilidade destas forzas é inmensa, por seren elas as que desarmaron o movemento obreiro, a adoptaren a política de reconciliación co capital, a política da colaboración entre clases, a submisión.

Estimados compañeiros;

Ante esta situación, hoxe é unha PRIORIDADE fundamental a coordinación de todos os sindicatos militantes a nivel europeo e de todos os traballadores europeos.
Hoxe, máis que onte, precisamos:

  • Internacionalismo e Solidariedade Obreira.
  • Coordinación Sindical Militante.
  • Loitas clasistas en común, con obxectivos comúns.

En todos os países da UE, en toda Europa.

Os ataques ao Sistema de Seguro Social, ás relacións laborais, á sanidade, á educación; as privatizacións en todos os sectores, o desemprego masivo, o recorte de salarios e pensións, non son medidas temporais, senón permanentes. A través destes ataques, o capital tenta fortalecer o propio sistema capitalista, condenando a amplos sectores de traballadores ao desemprego e á indixencia. Mulleres e mocidade van pagalo caro.

Traballadores de Europa;

Non podemos agardar máis! Temos de coordinar os nosos esforzos!

Nós, os gregos, traballadores, desempregados, inmigrantes, mulleres, mocidade e xubilados, expresamos a nosa solidariedade aos traballadores do Estado español, Portugal, Dinamarca, Italia, Romanía, Francia. Os traballadores de todos os países, que protesten nas rúas.

Expresamos o noso internacionalismo a todos os traballadores europeos, que deixen atrás ás direccións sindicais conformistas e burócratas e abran camiño con sindicatos novos, militantes, honestos, que organicen o noso contraataque.

O obxectivo destas loitas ten de ser o rexeitamento destas medidas antilaborais. Que non se implantan estas políticas.

Cómpre exixirmos medidas que satisfagan as necesidades actuais das familias populares.

Cómpre axudarmos a que a clase obreira en Europa comprenda que o noso futuro non é o capitalismo.

Loitamos para que cese a explotación do home polo home.

A PAME continuará os seus esforzos para a coordinación das nosas forzas, para loitas comúns. Propoñemos un encontro en Atenas ou en outro país europeo proximamente.


Atenas, 29 de xuño de 2010.
Praza da Constitución.
4 Comments:
  • At 7/06/2010 01:45:00 da manhã, Anonymous Internacionalista said…

    Máis claro, auga.
    Que tomen boa nota as cúpulas dos sindicatos que se digan de clase.
    Non se pode eludir este chamamento internacionalista.

    Unha vez máis, parabéns a PAME porque demostra que sigue na liña combativa correcta, e a miña máxima solidariedade!

     
  • At 7/06/2010 01:46:00 da tarde, Anonymous A CHISPA said…

    Mais claro que água, concordamos inteiramente.
    Comparando estas posições verdadeiramente de classe,anti-capitalistas e revolucionárias, com os comunicados da CGTP e UGT em Portugal que não passam de apelos ao "bom senso" capitalista e a uma melhor distribuição EQUITATIVA dos custos da crise, vai uma distância como da NOITE para O DIA.
    A denuncia do colaboracionismo existente entre os burocratas sindicais, nos orgãos de concertação social, com as forças do capital é uma longa prática com enormes prejuizos também em Portugal, apesar de estes por vezes disfarçarem os seus discursos com algum radicalismo verbal,que não só engana os trabalhadores portugueses, mas também os revolucionários de outros paises, que não estão ao corrente do que se passa em concreto em nosso país.
    Dado que a situação é idêntica, nos nossos países e para correspondermos positivamente aos apelos da PAME, é urgente que una-mos esforços e troquemos as nossas opiniões no sentido de reorganizarmos a devida RESISTÊNCIA.
    Um forte abraço e
    Saudações Comunistas
    "achispavermelha.blogspot.com"
    A CHISPA!

     
  • At 7/06/2010 01:55:00 da tarde, Anonymous A CHISPA ! said…

    Por descuido não colocá-mos o nosso endereço,no comentário anterior,as nossas desculpas.

    Jotaluz@gmail.com
    A CHISPA!

     
  • At 7/07/2010 07:55:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Magnífico texto. Hoxe, a clase obreira ten un foco de luz na península helénica.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com