Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Grande suceso da folga da PAME
05/07/2010


KKE

Contra os métodos máis sucios do capital, a experiencia da dura loita de clases é valiosa.


A masiva folga da Fronte Militante de Todos os Traballadores (PAME) o 29 de xuño reviste moita importancia xa que se enfrontou a unha as operacións máis sucias contra o movemento obreiro. A 11ª folga das forzas clasistas nun período de seis meses paralizou fábricas, centros de traballo, portos, estacións de tren e aeroportos en todo o país. Os folguistas participaron nas gardas de folga e formaron fortes piquetes en numerosos centros de traballo.

No entanto, máis unha vez, a atención estivo focalizada na dura loita de clases no porto do Pireo. Os sindicatos clasistas das tripulacións de motor e de enxeñeiros e as forzas da PAME protexeron con valor a súa folga. Malia a intimidación por parte do goberno socialdemócrata, dos armadores e dos demais partidos burgueses, a folga tivo moito suceso, embora enfrontar os métodos máis sucios como:

  • Sentencias xudiciais que declaraban a folga ilegal.
  • Ordes de detención contra dos sindicalistas da PAME e os dirixentes dos sindicatos dos mariñeiros.
  • Bomba terrorista na casa do líder da PAME en Tesalónica co gallo de intimidar ás forzas clasistas na véspera da folga.
  • Intimidación, represión e uso de gases químicos polas forzas de represión da policía e do corpo de policía portuaria, que non conseguiron impedir que as forzas clasistas entraran no porto e protexeran a súa folga. As forzas da PAME lograron impedir a saída da grande maioría dos barcos. Algúns barcos saíron do porto “coa pistola apuntando á cabeza dos membros da tripulación” mais sen pasaxeiros nin vehículos. De feito, as forzas de represión facilitaron a súa fuxida e feriron a varios traballadores. . As propias tripulacións dos barcos xogaron un crucial papel malia a chantaxe da patronal.
  • Mentiras dos medios de comunicación sobre que o PAME e as folgas son quen prexudican o turismo e non o medro da pobreza por mor das medidas gobernamentais.

As forzas clasistas protexeron con determinación e disciplina a folga na que participaron decenas de miles de traballadores.

Decenas de miles de persoas participaron na concentración da PAME fóra do Parlamento en Atenas, así como nas concentración en 60 cidades gregas contra as medidas que aumentan a idade de xubilación, recortan os salarios e as pensións, liberalizan os despedimentos, aumentan os impostos e impulsan a flexibilidade laboral mentres promoven para os próximos tres anos a conxelación dos salarios e a abolición da 13ª e 14ª pensións.

Na concentración, Yiannis Tasioulas, presidente do Sindicato de Traballadores da Construción de Atenas, dixo: «Lexitiman os crimes fronte aos nosos dereitos de seguridade. Lexitiman o crime do roubo de grande parte dos nosos ingresos e despois os ladróns acusan as súas vítimas por reaccionaren fronte aos roubos, os ladróns e os criminais.

Nós respondemos a esta lexitimidade que lei é o que é xusto para os traballadores e non os beneficios dos capitalistas. Por iso sempre nos van ter enfronte.»

A concentración da PAME en Atenas dirixiu unha chamada clasista, obreira e internacionalista á clase obreira e aos sindicatos militantes de Europa, a todos os sindicalistas europeos que loitan contra a ofensiva antiobreira feroz para a coordinación da loita e o rexeitamento da CES pactista e destas forzas que desarmaron o movemento obreiro mediante a política de conciliación co capital, da política de colaboración de clases, da submisión.

A experiencia desta dura loita de clases fai que a loita por trocos radicais sexa máis necesaria. A clase obreira produce a riqueza e debe reclamala. Os medios de produción, a riqueza, debe pasar a ser propiedade do pobo. Este obxectivo pode dar un novo impulso á loita.
2 Comments:
  • At 7/05/2010 10:15:00 da manhã, Anonymous Comunista said…

    Exemplar a loita dos traballadores gregos.
    E mentres, no estado español xa falan da "necesidade" dunha lei de folga ao calor dos conflictos do Metro en Madrid.
    Isto é unha vergonza, e é intolerábel. A clase obreira temos que posicionarnos encontra disto, emáis nestes tempos nos que a FOLGA XERAL tornase imprescindíbel.
    O que pretenden con esta Lei que están preparando é descafeinar e limitar de tal maneira as folgas que non sirvan para nada. Queren facer que sexan meras comparsas que non afecten a ninguén, en especial á producción capitalista.
    O obxectivo das folgas, coma no caso do Metro de Madrid, non é coaccionar ou afectar a outros traballadores, coma nos quere facer ver o goberno. Isto que fique moi claro!
    Mesmo o resto de traballadores, ainda que nos vísemos afectados indirectamente por unha folga, deberíamos apoiar activamente as reivincicacións dos folgistas.
    Demostrarlle á burguesía e ao seu goberno en funcións que somos coma unha piña. Que se agreden ás condicións de vida dun só traballador nos agreden a todos e todas.

    NON Á LEI DE FOLGA PROMOVIDA DENDE O GOBERNO!!

     
  • At 7/05/2010 06:00:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Abofé que si. Como di unha folla que circula pola internet: Se gañan os traballadores do Metro de Madrid, gañamos todos os traballadores.

    Exemplar a loita dos comunistas gregos.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com