Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Grecia: Outra Folga Xeral, e van 13
10/07/2010



KKE


Folga Xeral: Os traballadores dan unha resposta militante directa contra o desmantelamento do sistema da Seguridade Social.


Na quinta feira 8 de xullo, a Fronte Militante de Todos os Traballadores (PAME) realizou unha grande folga e unha das concentracións máis multitudinarias en Atenas e noutras 63 cidades.

Paralizáronse literalmente as fábricas, as obras, os centros de traballo, os portos, os aeroportos, o transporte público e os medios de comunicación. A presenza de gardas de folga nas inmediacións das fábricas facilitou aos traballadores vencer a intimidación dos patróns e a súa chantaxe. En moitas cidades da provincia leváronse a cabo ocupacións simbólicas de edificios públicos. A 13ª folga no últimos sete meses tivo lugar o día en que se aprobou no Parlamento o proxecto de lei para a Seguridade Social que promociona o traballo a tempo completo durante 40 anos, incrementa a idade de xubilación aos 65 anos para homes e mulleres, elimina certos empregos da lista de pesados e insalubres e entrega ao gran capital os activos existentes dos fondos de seguros, mentres promove o emprego de traballadores menores de 25 anos con salarios moi por debaixo dos estabelecidos nos convenios colectivos.

Este proxecto de lei supón a implantación directa da directiva do Libro Verde da Unión Europea sobre os sistemas de pensión segundo a Estratexia 2020. Así, os obreiros están obrigados a traballaren até a morte e os que sobreviviren van recibir pensións de fame.

O proxecto de lei foi votado polo PASOK socialdemócrata así como pola ND neoliberal e o LAOS nacionalista que de maneira hipócrita votaron a prol dunha serie de artigos e en contra doutros. O KKE denunciou esta monstruosidade antiobreira e votou en contra.

Ao mesmo tempo, estáse a intensificar o anticomunismo a través do ataque ás finanzas do partido. Promóvese ademais, segundo o novo proxecto de lei verbo das eleccións locais, a prohibición aos partidos políticos do uso de cupóns de apoio financeiro. Este é o método que o KKE emprega, constituíndo o seu principal medio de apoio financeiro.

No debate que se deu no Parlamento, a Secretaria Xeral do Comité Central do KKE, Aleka Papariga, respondeu ao ataque anticomunista e ás medidas da burguesía contra da actividade e independencia económica do KKE dicindo que: «A guerra contra o KKE é absolutamente normal. Sería raro de non ser así baixo condicións de crise. Mais o anticomunismo é outra cousa. Sabemos moi ben que van atacar ao KKE. Teñan en conta unha cousa. Non temos medo, sabemos quen son os que tomar parte destas reunións. O importante non é isto, senón que a través disto estáse a demostrar que novas medidas están por chegar, que queren atacar o movemento e por iso piden a contribución doutros partidos. O noso partido non vai ser dependente do estado. Non vai ser un partido ao servizo do sistema nin do estado».

No marco das diversas actividades que non se restrinxen ás folgas, a PAME organizou un grande concerto no centro de Atenas. O concerto realizouse dous días antes da folga en cooperación coa Asociación Panhelénica de Música e a Asociación de Actores Gregos, e nel participaron cantantes e actores famosos. Milleiros de amigos da PAME asistiron ao concerto e uniron as súas voces coas dos folguistas, os traballadores e os artistas.

A actividade da PAME continúa en todos os sectores, con loitas nos centros de traballos, a través da creación de miles de comités en fábricas de todo o país, respondendo aos despedimentos e á intimidación patronal.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com