Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Morreu Enrique Álvarez Abalde, ex-preso político galego do PCE(r)
16/07/2010



SOLIDARIEDADE

Faleceu Enrique A. Abalde, expreso político vigués do PCE(r) durante 9 anos.

Enrique levaba 11 anos hospitalizado e aínda se atopaba en situación de liberdade condicional depois de enfermar en prisión de esclerose múltiple.

Enrique Álvarez Abalde, militante comunista e expreso político do PCE(r), morreu esta madrugada do 16 de xullo de 2010. Tiña 50 anos e era veciño do combativo barrio obreiro de Teis, en Vigo. Abalde empezou a militar dende moi novo na solidariedade cos presos e presas políticas sendo detido en outubro de 1980 nunha macrooperación contra o PCE(r), na que o detiveron e encerraron xunto a outros 14 militantes comunistas, entre elas a súa compañeira.

En 1985, tras cinco anos de cárcere, empezou a sufrir continuos desmaios e tras as moitas probas correspondentes, os médicos confirmaron en 1987 que sufría unha esclerose múltiple moi avanzada, "unha enfermidade desmielinizante do sistema nervioso". Esta enfermidade é consecuencia da destrución da mielina, unha substancia graxa que envolve a medula espiñal e os centros nerviosos. Ao mesmo tempo, outros dous presos políticos comunistas, Mercedes Herranz e Ernesto Fernández Portillo, foron diagnosticados de tan fulminante enfermidade. Tendo en conta que hai uns 20.000 afectados por esta grave enfermidade, os casos que se deron en prisión neses anos en varios militantes antifascistas, fixo dicir a varios médicos que "é unha taxa demasiado alta de incidencias no mesmo colectivo de persoas para que non influísen outros factores".

Tras nove anos en prisión, acusado de militar no Partido Comunista de España (reconstituído), non foi até 1989 que lle foi aplicado o artigo 60 por enfermidade grave e incurábel. A finais dese ano foi excarcerado e posto en liberdade condicional. Tras constantes recaídas, a finais dos 90 tivo que ingresar nun hospital xa de forma permanente. A súa excompañeira Marisol González acudía a diario puntualmente a visitar a Enrique e xa nestes últimos días encontrábase en coma vexetativa.

Recordemos que en marzo de 2010 se creou unha enorme polémica e mobilizacións en Galiza cando a Cruz Vermella quixo pechar o hospital en Vigo por intereses especulativos e económicos. No hospital atopábanse 70 enfermos graves, 6 dos cales, incluído Enrique, se negaron a abandonar o hospital creando unha importante protesta en favor da sanidade pública. Marisol González Cambeiro tamén expresa política e militante da solidariedade.

Precisamente a Marisol, excompañeira sentimental de Enrique, veñen de cortarlle todo contacto co seu actual compañeiro, o preso político do PCE(r) Paco Cela Seoane, negándolle as comunicacións e as chamadas de teléfono, nunha nova presión contra a solidariedade combativa e nunha especie de vinganza macabra na actual situación de perda deste íntegro revolucionario.

Dende a súa absoluta inmobilidade, Enrique, como comunista enorme, chamounos á solidariedade coas e os represaliados políticos. Á solidariedade dedicou os seus mellores anos da vida e a súa saúde, á loita e a procura de apoio de todo tipo para os homes e mulleres encarcerados por loitar por un mundo mellor e máis xusto. Enrique abandonounos nesta madrugada coas palabras que sempre luciu por bandeira: "Amor e Forza, Venceremos".

Si, hai persoas que loitan un día e son boas, pero os que loita toda a súa vida, até o seu último suspiro, eses seguen sendo os imprescindíbeis.

Renderáselle homenaxe popular nos próximos días.

Comités por un Socorro Roxo Internacional
1 Comments:
  • At 7/17/2010 02:06:00 da tarde, Anonymous A CHISPA ! said…

    A familia de Henrique, ao PCE(R) e a todos os companheiros que com ele conviviam e lutavam, enviamos as nossas sinceras condolências.

    A CHISPA!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com