Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Novo xuízo farsa na Audiencia Nacional
07/07/2010
SOLIDARIEDADE

Petición de 29 anos de cárcere para o vigués Xurxo García Vidal, militante dos GRAPO, nun xuízo no que non se lle permite declarar asistido de intérprete en galego.

Segundo informan os Comités por un Socorro Roxo Internacional a través da súa paxina web http://www.presos.org.es/ os membros dos Grupos de Resistencia Antifascista Primeiro de Outubro (GRAPO), Israel Clemente e Xurxo García Vidal reivindicaron ante a Sección Cuarta da Sá do Penal da Audiencia Nacional o ter expropiado un banco en Murcia en 2007 tras secuestrar ao seu interventor. Por contra, os militantes antifascistas negaron rotundamente ter entregado os cartos ao terceiro procesado neste xuízo, Manuel Ramón Arango, quen negou ser parte dos GRAPO e identificouse coma membro do Partido Comunista de España (reconstituído), PCE(r).

O fiscal considera que os feitos son constitutivos dun delito de integración en organización terrorista (polo que solicita 10 anos de cárcere), outro de detención ilegal (12 anos) e un terceiro de roubo con finalidade terrorista (7 anos), que atribúe a Clemente e García Vidal. A Arango impútalle só este último delito, do que é imposíbel a súa participación.

Xurxo García Vidal explicou que, xunto ao seu compañeiro Israel, recompilaron información de CAJAMAR, e elixiron o día 7 de marzo de 2007 para “executar a expropiación dos fondos desa entidade bancaria”. Para iso, abordaron o interventor da caixa no portal da súa casa e levárono no seu propio vehículo ao banco, do que lograron levarse 34.666 euros. Mesmo recordou que á entrada da entidade bancaria había un mendigo, ao que referiu como “unha das múltiples persoas que o sistema capitalista deixa na indixencia”.

García Vidal recoñeceu que foi unha “operación militar” que estaba “moi prevista” e explicou que o diñeiro obtido se entregou á organización para sufragar gastos de “infraestrutura”, comprar armas, municións, ferramentas e ordenadores e para “comer”. “Porque hai que comer tamén”, afirmou.

O militante dos GRAPO negou en todo momento que ese diñeiro se entregase a Arango, ao que desvinculou coa organización. “Sempre intentan meter algún membro do PCE(r) nas causas nas que estou imputado”, afirmou Xurxo, para despois insistir en que non entende “por que está aquí Manuel Arango, sendo un militante doutra organización, que é política e non armada,”.

“Enténdeselle moi ben”

García Vidal quixo declarar en galego, polo que o xuízo tivo que ser interrompido para que puidese acudir unha intérprete, cuxa intervención foi solicitada, porén, en contadas ocasións. “Enténdeselle moi ben, asegurou a presidenta do tribunal”, Angela Murillo.

Pola súa banda, Arango negou ter participado nestes feitos e tamén rexeitou que os GRAPO teñan algunha relación orgánica co PCE(r), do que forma parte dende 1975 e en cuxo comité de propaganda se encontraba cando foi arrestado. “Son un loitador antifascista e revolucionario”, dixo.

O xuízo quedou visto para sentenza.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com