Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Que clase de país liberaron do fascismo os nosos pais e avós en 1945? Carta aberta ao Sr. Medvedev
19/07/2010


Galina Savchenko

Northstar Compass
Xuño 2010


Komsomolec Deni e eu, Galina Savchendko, tenente do Exército Soviético, fomos a Moscova desde Kiev o 9 de maio de 2010, con fin de render tributo aos grandes líderes -Lenin e Stalin- que están cerca do gran Kremlin, debaixo do Muro da Praza Vermella, na que o 9 de maio de 1945 os nosos pais e avós tiraron os estandartes alemáns capturados ao derrotado inimigo.

Abraiounos o discurso do Presidente ruso Medvedev: «Loitaron polo noso país», «o noso país libre», «a nosa Patria libre»! Mais nin unha soa vez o Sr. Medvedev dixo que en 1945 os nosos pais e avós liberaron a Unión Soviética!

Tamén nos sorprendeu a maneira coa que foi decorada a Praza Vermella. O Mausoleo de Lenin estaba cuberto coas cores branquiazuis da traidora bandeira de Vlasov1. Foi baixo esta bandeira e as súas cores como Vlasov* e os seus traidores serviron a Hitler e á Alemaña fascistas contra o seu propio pobo! O Muro do Kremlin onde están soterradas as cinzas dos heroes soviéticos, estaba a propósito cuberto con butacas para os convidados estranxeiros, coas bandeiras de Vlasov ondeando sobre as súas cabezas. O Sagrado Símbolo da Vitoria que os heroes do Exército Soviético portaban na Praza Vermella no Desfile da Vitoria en 1945, estivo en segundo plano durante o desfile, detrás das traidoras bandeiras de Vlasov.

Após 65 anos da Vitoria, a actual clase capitalista “está a celebrar a Festa Soviética”? Eles non son quen de achegarse á dedicación dos nosos pais, que cando tiñan 20 anos defenderon a URSS e Europa do fascismo. Estes luzmegos e falsificadores da nosa historia están a tentar luxaren a nosa Bandeira Roxa, símbolo da nosa grande vitoria!

Nin na Rusia, nin na Ucraína, nin inclusive os medios de comunicacións estatais lembran os heroes soviéticos como Zoya Komsomolskaya, ou a heroica Xove Garda Roxa, ou Alexei Matsieva, ou Alexander Matrosov, heroes da admirados e seguidos polas novas xeracións soviéticas. Non se mencionan aos millóns de comunistas e membros do Komsomol que inzaban a Praza Vermella durante o Desfile da Vitoria en 1945! Iso si, o Sr. Medvedev afirmou que: «todos os partidos de Rusia son iguais ante os medios de comunicación rusos»!

Alegrámonos moito cando a xente da Praza Vermella viu o retrato de Stalin e o Chamamento aos verdadeiros comunistas dos Amigos Canadenses do Pobo Soviético e da Northstar Compass: “VOLVER AO FUTURO! VOLVER Á URSS!”

No Teatro Bolshoi reuníronse todos os veteranos da guerra. Fronte a un retrato de Stalin, había coladas grandes flores. Os veteranos de guerra, a primeira liña de loitadores, foron un a un até o retrato de Stalin para bicalo sinceramente, ofrecer o seu respecto e honrar o seu Comandante en Xefe! Vivimos soportando a histeria anti Stalin de Khrushchev, Gorbachev e Yakovle! A pérfida posición de Putin e Medvedev a respecto da traxedia de Katyn, atribuíndoa á URSS e a Stalin, non vai triunfar! Stalin para nós é o símbolo da nosa Grande Vitoria sobre o fascismo e do renacemento da URSS após 1945. Canto máis sabemos de Stalin, máis o honramos como un líder honesto e ao servizo da Unión Soviética. Foi Stalin quen nos uniu a todos na grande URSS e no Pobo Soviético. Foi a época da colectivización, da industrialización e tamén da construción da Liña de Ferrocarril Baikal-Amur. Stalin fixo da Unión Soviética a nación máis poderosa fronte aos inimigos externos e internos.

Os corazóns e as almas de todos os Soldados do Exército Roxo e de todos os soviéticos que deron as súas vidas na batalla por esta grande VITORIA, poden estar certos: Loitaron e morreron pola nosa Grande Patria -a URSS-, que renacerá como baluarte da paz, o progreso e o Socialismo!



*Andrey Vlasov, covarde traidor que desertou do Exército Roxo para se pasar ao bando nazi, liderando ese esperpento creado pola Alemaña Nazi, o Exército de Liberación Ruso. Como tantos outros nazis, coa fin da guerra e a vitoria soviética, foxe a Arxentina. Mais é capturado, xulgado e axustizado na forca. Co chegado dos revisionistas liderados por Khrushchev ao poder, os antigos colaboracionistas do Exército de Liberación Ruso son perdoados.

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com