Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Historiadores destacan o papel fundamental da URSS na derrota xaponesa
17/08/2010
Slobodan Lekic
The Oakland Tribune
14/08/10



Cando os Estados Unidos guindaron as bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki en agosto de 1945, máis de millón e medio de soldados soviéticos lanzaron un ataque sorpresa contra o exército xaponés que ocupaba o leste de Asia. Aos poucos días, o exército de un millón de homes do Emperador Hirohito caeu.

Foi un xiro transcendental no campo de batalla do Pacífico da Segunda Guerra Mundial, no entanto, eclipsado nos libros de Historia polas bombas atómicas que caeron sobre Hiroshima e Nagasaki esa mesma semana hai 65 anos. Nos últimos anos, algúns historiadores sosteñen que a acción soviética foi tan efectiva -ou, posibelmente, máis- que as bombas para poñer fin á guerra.

Agora, un novo traballo histórico dun profesor da Universidade de California, Tsyuoshi Hasegawa, tenta reformar esta posición, alegando que o medo á invasión soviética levou aos xaponeses a optaren por se render aos americanos, pensando que os tratarían con máis xenerosidade que os soviéticos.

As forzas xaponesas no nordeste de Asia tiveron o seu primeiro choque cos soviéticos en 1939, cando o exército xaponés tentou invadir Mongolia. A súa derrota na batalla de Khalkin Gol levou a Toquio a asinar un pacto de neutralidade que mantivo á URSS á marxe da guerra no Pacífico.

Toquio trocou de albo para se confrontar coas forzas norteamericanas, inglesas e holandesas, provocando o ataque a Pearl Harbor o 7 de decembro de 1941.

Porén, após a rendición alemá do 8 de maio de 1945 e as súas derrotas nas Filipinas, Okinawa e Iwo Jima, Xapón mirou para Moscova para mediar un final da guerra do Pacífico.

Mais o líder soviético, Iosif Stalin, xa prometera a Washington e Londres que atacaría Xapón tres meses despois da derrota de Alemaña. Xa que logo, ignorou a súplica de Toquio e mobilizou a máis de un millón de soldados na fronteira de Manchuria.


A Operación Tormenta de Agosto comezou o 9 de agosto de 1945, cando foi lanzada a bomba atómica sobre Nagasaki, e provocou a morte de 84.000 soldados xaponeses e 12.000 soviéticos durante dúas semanas de combates. Os soviéticos terminaron a só 50 quilómetros da principal illa do norte de Xapón, Hokkaido.

«A entrada soviética na guerra tivo un papel moito maior do que as bombas atómicas na rendición xaponesa, por facer entender a Xapón que non existía ningunha posibilidade de rematar a guerra a través da mediación de Moscova», di Tsuyoshi Hasegawa, autor do libro Racing the Enemy en que se analiza a fin da guerra do Pacífico baseándose en arquivos soviéticos ultimamente desclasificados así como documentación norteamericana e xaponesa.

«O Emperador e o goberno apresuráronse a poñer fin á guerra agardando unha maior xenerosidade dos estadounidenses con Xapón que dos soviéticos», afirmou Hasegawa nunha entrevista.

A pesar da cifra de mortos polos bombardeos atómicos -140.000 en Hiroshima e 80.000 en Nagasaki, o Mando Militar Imperial coidaba posíbel resistir unha invasión aliada de manter o control sobre Manchuria e Corea, que proporcionaban a Xapón os recursos para a guerra, segundo Hasegawa e Terry Charman, un historiador da Segunda Guerra Mundial do Museo da Guerra de Londres.

«O ataque soviético cambiouno todo», afirma Charman. «Os dirixentes de Toquio decatáronse de que agora non tiñan ningunha esperanza e, nese sentido, a Tormenta de Agosto tivo un efecto maior na decisión xaponesa de se render que o lanzamento das bombas atómicas».


Nos Estados Unidos, as bombas atómicas continúan a ser vistas como o último recurso contra un inimigo que semellaba decidido a loitar até morrer. O presidente Harry Truman e os líderes militares dos EUA coidaban que unha invasión a Xapón custaría centos de miles de vidas estadounidenses.

Neste sentido, o historiador americano Richard Frank argumenta que, malia o terríbel das bombas atómicas, estas salvaron de morreren a centos de miles de soldados norteamericanos e a millóns de xaponeses de a guerra durar até 1946.

«Nas coñecidas palabras do Secretaria de Guerra Henry Stimson, (as bombas) foron a “opción menos abominábel” dunha serie de terríbeis alternativas que barallaron os líderes estadounidenses», afirmou nunha entrevista. «As alternativas ás bombas atómicas non tiñan garantías de acabar a guerra e compartían un prezo moito maior en mortes e sufrimento humano».

Richard Frank, que está a escribir a historia da guerra do Pacífico en tres volumes, dixo estar en desacordo con Hasegawa a respecto da importancia da intervención soviética na rendición xaponesa.

Mais afirmou que estaban de acordo en que a última responsabilidade do sucedido foi do goberno xaponés e de Hirohito, quen decidiron en xuño chamar a filas a toda a poboación, homes e mulleres, para loitar até a morte.

«Por non estar previsto uniformar a estas persoas, as tropas aliadas invasoras non poderían distinguir entre combatentes e non combatentes, convertendo cada vila xaponesa nun obxectivo militar», dixo Richard Frank.

O impacto do rápido avance soviético deixouse sentir nas palabras durante a guerra do primeiro ministro xaponés, Kantaro Suzuki, instando ao seu gabinete a se renderen.

Verbas que aparecen no libro de Hasegawa: «Se perdemos (a posibilidade) hoxe, a Unión Soviética tomará non só Manchuria, Corea e Sakhalin, senón tamén Hokkaido. Debemos poñer fin á guerra mentres poidamos tratar cos Estados Unidos».

O V-J Day (Victory in Japan Day), o día que Xapón deixou de loitar, foi o 15 de agosto (14 de agosto nos EUA), e a rendición formal de Xapón o 2 de setembro.

Dominic Lieven, profesor de historia rusa no London School of Economics, afirma que o sentimento antisoviético no Occidente axudou a minimizar os logros militares soviéticos.

Ademais, «moi poucos anglo-americanos viron a ofensiva soviética no Oriente cos seus propios ollos, e os arquivos soviéticos non estaban abertos aos historiadores occidentais».

Aínda máis sorprendente foi que incluso na Rusia a campaña fora amplamente ignorada. Malia a magnitude da vitoria soviética, 12.000 mortos contra Xapón pouco poden facer contra os 27 millóns de soviéticos que pereceron a loitaren a vida ou morte contra a Alemaña nazi.

«A importancia da operación foi enorme», afirma o xeneral retirado Makhmut Gareyev, presidente da Academia Rusa das Ciencias Militares, quen tomou parte na campaña en 1945. «Entrando na guerra co Xapón militarista... a Unión Soviética precipitou a fin da Segunda Guerra Mundial».
2 Comments:
  • At 8/24/2010 08:34:00 da tarde, Blogger Juche said…

    ¡Un saludo, camaradas!

    Recientemente hemos presentado el blog Corea Socialista, un blog de información sobre la RPD de Corea.

    En estos momentos estamos publicando unas crónicas que Juan Nogueira (Secr. de Comunicaciones de la KFA y Secr. Gral. de los CJC) ha preparado tras haber realizado un viaje a Corea durante 16 días.

    Os recomendamos la lectura de las crónicas puesto que son muy interesantes y hablan de la situación de Corea del Norte y de países de su entorno como China.

    Esperamos que no sea una molestia publicarlo en sus comentarios.

    Un saludo

    http://coreasocialista.blogspot.com

     
  • At 8/25/2010 07:58:00 da manhã, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    Grazas pola información. En breve, daremos publicidade ao blog e á crónica do compañeiro Nogueira.

    Un saúdo comunista.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com