Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Afganistán e Colombia 2002-2010
16/09/2010

ANNCOL

No curso dos últimos anos escoitamos até a fartura aos medios de desinformación, ao servizo do gángster goberno narcoparamilitar de Uribe Vélez, diciren, ao mellor estilo de Joseph Goebbles, que a 'seguridade democrática' liquidou á insurxencia colombiana.

Como vulgares servos do imperio coreaban: «Está agochada na selva fuxindo», «Están a comer raíces», «En desbandada e fuxindo», «Está incomunicada dos seus xefes», «Atacan desde o outro lado da fronteira». (Risos e risos escoitábanse diariamente de fondo ás audicións radiais).

Diante deste inminente triunfo, o único que pode facer é renderse incondicionalmente. Que ilusos os joseobdulios!

A examinarmos as cifras oficias vemos que existe outra realidade. As mesmas non enganan. De compararmos o conflito colombiano coa guerra de invasión dos EUA e aliados, vemos que as baixas militares que padeceu a 'seguridade democrática' en enfrontamentos armadas durante estes oito anos son o DOBRE dos que padeceu EUA, a ISAF e outras variantes paramilitares. Nunca poderemos esquecer que o excremento de Uribe celebrou esta guerra de saqueo e, sen ningún escrúpulo, ofreceu aos seus paras para matar afgáns.

Repasemos as cifras oficiais:


Colombia: 2002-2010 (Fonte: FF.MM)

'Seguridade democrática' = 'Terrorismo de Estado'

Baixas mortais de soldados, policías, axentes do DAS: 4752
Soldados, policías, axentes do DAS feridos: 15184
Baixas Totais: 19936

Afganistán: 2001-2010 (Fonte: icasualties.org)

Guerra de invasión a Afganistán liderada polos EUA

Baixas mortais invasoras: 2071
Militares invasores feridos en combate: 7266
Baixas totais: 9337


Os números en Colombia evidencias que o goberno da “motoserra” e os seus aduladores levan tempo encubrindo o fracaso da política imperial en Colombia. A de exterminar a insurxencia e o movemento popular.

A loita dos pobos, pola liberdade, a soberanía nacional, a democracia, a paz con xustiza social NUNCA poderá ser silenciada nin moito menos vencida polos opresores.

A Nova Colombia avanza polos campos e cidades, impregnada de pobo, que divisa un novo amencer de liberdade para Colombia.
1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com