Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

AXUNTÉMONOS TOD@S!! A Loitar contra a crise e o capital
28/09/2010

Xa son dous os anos de crise capitalista profunda e xeral, como foi a de 1873, da que xurdiría o imperialismo e a colonización e saqueo de África, ou a de 1929, que provocou o nacemento do fascismo e a II Guerra Mundial.

As súas causa non son outras que a inevitábel superprodución, especialmente nos sectores económicos refluxo que serven de contrapeso á tendencia inevitábel no descenso na taxa de ganancias, e a especulación financeira, creadora dun espellismo encargado de inflar o globo virtual da economía máis ala da realidade produtiva até estoupar e provocar a desaparición de millóns de postos de traballo, arrastrando á miseria a amplos sectores das clases traballadoras.

A grande burguesía europea deseñou un camiño sen retorno a unha condicións laborais máis propias do século XIX que do XXI: precariedade do emprego co abaratamento do despido, medre da explotación salarial aos colectivos de traballadores máis febles e desorganizados, ampliando as xornadas e os ritmos de traballo até a extenuación e a privación do descanso e o lecer, desmantelamento da seguridade social e dos servizos públicos para aforrar custes aos empresarios ao tempo que crean novas oportunidades de negocio a unha patronal sedenta de beneficios.

A oligarquía do Estado, e a súa fracción galega, seguidoras destes plans, suman aínda máis esixencias co obxectivo de limitar a xa pouca capacidade de defensa dos intereses inmediatos da clase obreira, liquidando a negociación colectiva e mesmo os dereitos políticos e sindicais básicos.

A socialdemocracia do PSOE no poder, seguindo as ordes da burguesía financeira e dos seus órganos, como o FMI, a Unión Europea ou o Banco Mundial, pretende aplicar unha serie de medidas e reformas económicas e legais que só benefician a patronal e os capitalistas. O cinismo e a demagoxia populistas do parlamento español onde se debateu e aprobou a Reforma Laboral, as medicas económicas antiobreiras recollidas nos orzamentos ou a reforma das pensións, amósannos, outra vez, que nada podemos agardar deles por mor da composición de clase e política dos representantes duns intereses alleos á clase traballadora galega e á do resto do Estado.

O proletariado e o resto de traballadores asalariados debemos responder contundentemente a esta agresión do capital, temos de reaccionar e emprendermos o camiño da organización, temos que perseguir a unidade de toda a clase obreira ao redor duns obxectivos claros definidos na loita que está por vir.

Para a burguesía non existe nada sagrado con tal de manter o seu sistema e garantir os seus beneficios económicos: as leis, as constitucións, os mínimos dereitos concedidos, as pensións, a sanidade e a educación públicas ou até a mesma existencia da propia democracia burguesa como sistema político. Cando a burguesía ve ameazada a súa existencia como clase social dominante sempre bota man do fascismo como forza de choque contra o crecente movemento revolucionario da clase obreira.

Recentemente o presidente da UE, o socialdemócrata portugués Durão Barroso, afirmou nunha reunión con sindicatos europeos que só existían dúas alternativas posíbeis: ou aceptar as reformas ou a ditadura militar. Dicímoslle a Durão Barroso que se engana, que as súas ameazas non atemorizan á clase obreira, senón que sinalan o camiño que debemos tomar, o único camiño dos traballadores e dos pobos, o socialismo. E o único medio para conseguilo é a revolución.

Este 20 de setembro temos que amosar estarmos dispostos a loitar até as últimas consecuencias para frear a Reforma Laboral e todas as medidas que nos queren impoñer. Esta folga debe ser o primeiro paso dun longo camiño inda por andar.

CONTRA A DITADURA DO CAPITAL!!

ADIANTE A LOITA DA CLASE OBREIRA!!



2 Comments:
  • At 9/30/2010 02:24:00 da manhã, Anonymous Rodri said…

    Grata sorpresa levei en Lugo cando recibín esta mesma folla na manifestación. Moi boa iniciativa, seguireina con interese.

     
  • At 9/30/2010 09:10:00 da tarde, Anonymous A CHISPA ! said…

    Desejamos que se cumpram com êxito todos os objectivos politicos e ideológicos a que se propõe o colectivo a FORXA e que o aprofundar das suas análises contribuam para o esclarecimento da traição revisionista não só em relação às revoluções proletárias em particular a União Soviética, bem como a degenerescência de todo o MCI,incluindo o movimento M-L iniciado na década de sessenta.
    Um forte abraço e Saudações Comunistas.

    "achispavermelha.blogspot.com"
    A CHISPA!
    jotaluz@gmail.com

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com