Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Chile, 11 de setembro de 1973: As imaxes do Golpe
12/09/2010
Tomado de Terra Chile


No amencer do 11 de setembro as Forzas Armadas toman a cidade de Santiago. O subdirector de Carabineiros, Xeneral Jorge Urrutia, é avisado desde Valparaíso que a infantería de Mariña estás nas rúas e comezou a tomar posicións de combate. Urrutia telefona o Presidente, quen se atopa na súa residencia de Tomás Moro. Allende, sereno, pide localizar a Pinochet e a Leigh, mais é imposíbel. Ás 7:15 horas Allende, no seu automóbil Fiat 125, e o GAP saen cara á Moneda, a chegaren vinte minutos despois... Enceta así o derradeiro día na vida do Presidente.



Allende viste unha chaqueta e un pantalón marengo. Carga cun fusil Kalashnikov AK-47, agasallo de Fidel Castro, e o GAP introduce na Moneda dúas metralladoras e tres RPG-7, ademais das súas armas persoais... Allende tenta obter información sobre os golpistas. Non podendo contactar con Pinochet exclama, «Pobre Pinochet, debe estar preso».



Ao mesmo tempo, Pinochet chega ao comando de telecomunicacións, en Peñalolén, con capacidade para anular as comunicacións dalgunhas emisoras de radio. Organízanse alí as redes de comunicacións coas demais seccións das Forzas Armadas, especialmente con Leigh e con Patricio Carvajal, que será o coordinador de todo o golpe.



Ás 9:55 os tanques penetran no perímetro da Moneda e comeza o ataque.



Francotiradores apostados nos altos edificios veciños tentan repelelos, comezando un tiroteo. Mais o Palacio da Moneda aínda non era atacado.



Ás 10:15, a través de Radio Magallanes (a única pro-gobernamental aínda non silenciada), Allende emite a súa última e histórica mensaxe á Nación: «Quizais sexa esta a derradeira oportunidade de me poder dirixir a vostedes...»



ÁS 10:30 os tanques e os soldados disparan contra o Palacio da Moneda, fogo que ten resposta nos membros do GAP e nos francotiradores.



Palacio da Moneda en chamas. Ás 11:52 as avións Hawker Hunter inglesas inician o seu ataque á Moneda, disparando catro veces os seus foguetes Sura 3 sobre a casa do goberno. O dano é devastador, como o testemuñan as filmacións feitas polas canles de televisión desde a solaina do hotel Carrera, fronte ao lado oeste da Praza da Constitución.



O ataque ao edificio do goberno continúa con gases lacrimóxenos, mais vendo que o palacio non se rendía, o xeneral Javier Palacios decide tomalo e envía a un grupo de soldados a derrubaren a porta . Son as dúas e media da tarde. Dentro bérranlle a Allende: «Presidente!, o primeiro piso está tomado polos militares! Din que deben baixar e rendérense!



Entón, segundo o testemuño dun dos seus doutores, Patricio Guijón, Allende berra: «Allende non se rende, milicos de merda!», para, a seguir, dispararse na mandíbula* co fusil AK-47 regalado por Fidel Castro**



Os bombeiros apagaron o lume da Moneda entre as 14:30 e as 16 horas...



Ás 18 reuníronse e saudáronse na Escola Militar os catro comandantes máximo das Forzas Armadas. A Junta toma o poder.



A Unidade Popular e o seu presidenta finaran. Comezaban os 17 anos do réxime militar encabezado polo Comandante en Xefe do Exército, Augusto Pinochet.


* Outras fontes, como esta ou esta, negan o suicidio.

** Hai quen nega que o fusil que tiña Allende fose o agasallado por Fidel.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com