Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A FPLP saúda a resistencia militar en Al-Khalil e pide que medre
07/09/2010

PFLP

A Fronte Popular pola Liberación de Palestina eloxiou a operación militar da resistencia palestina contra os colonos racistas en Al-Khalil o 1 de setembro de 2010, afirmando ser esta unha acción heroica que demostra que a resistencia do Pobo Palestino á ocupación e contra os crimes dos colonos contra Palestina é firme, e que evidencia que a resistencia é o principal camiño para restaurar os dereitos e liberar a Terra, fronte ao camiño das negociacións, as concesións e a liquidación dos dereitos nacionais palestinos.

Outrosí, a FPLP condenou enerxicamente as accións do aparello de seguridade da Autoridade Palestina, actuando coordinadamente cos ocupantes para deter a centos de palestinos, en particular, os activistas e membros da resistencia, despois desta operación. A FPLP esixiu a fin desas detencións, a liberdade dos detidos e confirmou que a resistencia -non a negociación- é a única opción para manter a firmeza e a unidade na confrontación coas forzas de ocupación.

O camarada Abdel-Alim Da'na, lídera da FPLP en Khalil, afirmou nunha entrevista radiofónica que a operación contra os colonos -na que catro colonos racistas foron asasinados en Bani Naim- representa «a reacción normal e agardada» dun pobo exposto a constantes asaltos violentos dos colonos racistas e fascistas. Falou do medre da violencia racista e fascista dos colonos en Al-Khalil coa acuda da policía fronteiriza israelí.

A comentar sobre o impacto desta operación nas negociacións da Autoridade Palestina cos ocupantes, o camarada Da'na dixo que «estas negociacións fracasaron, foron rexeitadas polo pobo e as faccións palestinas, e son unha imposición ao noso pobo». Animou as persoas a participaren nos actos e manifestacións convocados polas forzas palestinas de esquerda contra as negociacións, e condenou o ataque das forzas de seguridade da Autoridade Palestina nunha conferencia contra as negociacións realizada a pasada semana, chamando os atacantes “banda de matóns”.

O camarada Emad Abu Rahma, do Comité Central da FPLP, pediu unha maior resistencia á ocupación militar, chamando a todas as forzas militares da resistencia palestina, particularmente ás Brigadas Abu Ali Mustafa, para aumentaren as operacións de resistencia. Dixo que esta é «a nosa responsabilidade fronte á farsa política das negociacións e concesións». Durante un discurso nunha protesta masiva en Gaza convocada polo Comité Preparatorio da Conferencia Nacional contra a Negociación, o camarada Abu Rahma afirmou que as negociacións son parte dunha plan de Israel e os Estados Unidos para liquidar a causa palestina.

Dixo que o presidente palestino, Mahmoud Abbas, demostrou a súa total adhesión á vía da negociacións e a submisión aos ditados israelís, un camiño absurdo que non conduce a ningún sitio ao Pobo Palestino. As negociacións son un gran perigo para os dereitos nacionais dos palestinos, dixo o camarada Abu Rahma, advertindo que os que asinaron os Acordos de Oslo están dispostos a ofrecer calquera tipo de concesións e asinaren acordos aceptando as condicións israelís e liquidando os dereitos palestinos.

As negociacións directas deben ser combatidas, por seren unha ameaza directa á causa nacional, con todas as formas de loita popular. Debe ficar claro, dixo o camarada Abu Rahma, que a maioría do Pobo Palestino non aceptará ningunha concesión nos seus dereitos. Concluíu subliñando que o movemento nacional palestino debe depositar a súa confianza, non nas promesas falsas do goberno dos EUA e a administración Obama, mais na firmeza e resistencia do pobo palestino.
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com