Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O que queren é o petróleo de Venezuela
27/09/2010
Fidel Castro

CubaDebate
27/09/2010



Onte dixen o que faría de ser venezolano, expliquei que os pobres eran os que máis sufrían coas catástrofes naturais e razoei por que. Máis adiante engadín: «... onde o imperialismo domina e a oligarquía oportunista recibe unha parte dos ben e servizos nacionais, as masas non teñen nada que gañar ou perder e, ao imperio, impórtanlle un fento as eleccións» e que «Nos Estados Unidos, nin as eleccións presidenciais mobilizan máis do 50% dos que teñen dereito a votar».

Hoxe engadiría que, malia que nelas se elixe a totalidade da Cámara de Representantes, unha parte do Senado e outros importantes cargos, non logran superar esa proporción.

Preguntaba por que, en troca, empregan os seus enormes recursos mediáticos para tentaren afundir o Goberno Revolucionario Bolivariano nun mar de mentiras e calumnias. O que os ianquis queren é o petróleo de Venezuela.

O inimigo logrou unha parte dos seus propósitos: impedir que o Goberno Bolivariano contara co apoio das dous terceiras partes do Parlamento.

O imperio quizais coide que obtivo unha grande vitoria.

Penso exactamente o contrario: os resultados do 26 de setembro constitúen unha vitoria da Revolución Bolivariana e o seu líder Hugo Chávez Frías.

Nestas eleccións parlamentares a participación do electorado elevouse á máxima marca do 66.45 por cento. O imperio cos seus inmensos recursos non foi quen de impedir que o P.S.U.V., faltando 3 por adxudicaren, obtivera 95 dos 165 membros do Parlamento. O máis importante é o ingreso nesa institución dun elevado número de mozos, mulleres e outros militantes combativos e probados.

A Revolución Bolivariana ten hoxe o Poder Executivo, ampla maioría no Parlamento e un partido capaz de mobilizar a millóns de loitadores polo socialismo.

Estados Unidos non conta en Venezuela máis que con fragmentos de Partidos, ganduxados polo medo á Revolución, e groseiras apetencias materiais.

Non poderán acudir ao golpe de Estado en Venezuela como fixeron con Allende en Chile e outros países da Nosa América.

As Forzas Armadas dese irmán país, educadas no espírito e o exemplo do Liberador, que non seu seo incubou os xefes que iniciaron o procesos, son promotoras e parte da Revolución.

Tan conxunto de forzas é invencíbel. Non o vería con tanta claridade sen a experiencia vivida durante máis de medio século.

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com