Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Privatizar e máis privatizar a sanidade pública
02/09/2010
CIG Saúde

O PP non para de privatizar a Sanidade Pública galega. Sobre o novo hospital de Vigo o último esperpento é que a Xunta contratou a unha xestoría privada para que decida cal das ofertas das empresas privadas, para construír o novo hospital, resulta mellor. Con isto e tendo "bos amiguete$" o pastel ten bo reparto e os favores se pagan pola porta de atrás.

Outra mais, a privatización do servizo de citas do SERGAS custará 2 millóns de euros anuais A empresa que leve este servizo 902 recibirá chamadas desviadas dos centros sanitarios e utilizará a propia rede corporativa da Xunta.

A licitación saíu no DOG o 30 de agosto, a empresa privada que leve este servizo empregará as ferramentas informáticas que lle proporcione a Xunta, así como a rede corporativa de telefonía do Goberno galego, que aportará tamén os medios telefónicos necesarios para a prestación do servizo e asumirá os custes de instalación da solución telefónica e da facturación do servizo.

Os contratos que se fagan serán temporais e a media xornada. Todos eles son a tempo parcial, cunha xornada de 28 horas semanais no mellor dos casos e de ata só seis horas. Este é o modelo que a Xunta quere levar a toda Galicia para mellorar a atención na sanidade pública e potenciar a austeridade, en lugar de empregar traballadores propios do Sergas.

A Xunta estima que recibirá uns 2,6 millóns de peticións de citas médicas nun ano, e pagará cada cita que dea a empresa privada a un prezo de 0,75 euros, de aí o orzamento de licitación de case dous millóns de euros, xa que as instalacións de telefonía e a rede xa será aportada pola propia Xunta.

Con eses dous millóns de euros poderíanse contratar uns 140 PSX para aliviar as xa de por sí abondosas cargas d@s actuais ou, tal e como esixía e esixe CIG-Saúde desde hai moito tempo, levar a cabo a contratación deste persoal estatutario para facer ese servizo desde o propio SERGAS, centralizando as chamadas nun número de teléfono que sería atendido por persoal da administración pública. É dicir: unha central de chamadas pública, útil, que funcione as 24 hs do día os 365 días do ano e que libere das excesivas cargas de traballo e da precarización ao actual persoal dos centros de saúde. Moito máis racional e austero que o método empregado pola señora Farjas, non?

E isto non quedará aí, tamén a alta tecnoloxía será privatizada, co que o desmantelamento da sanidade pública impulsado polo PP (Partido Privatizador) estase a converter nunha prioridade para estes yupis engominados da dereita extrema en Galiza.


NON Á PRIVATIZACION DA SANIDADE PÚBLICA
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com