Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Como os imperialistas norteamericanos salvaron os industriais nazis
26/10/2010


The Marxist-Leninist Daily
Nº 173 – 15 de outubro de 2010
Publicación do Partido Comunista de Canada (Marxista-Leninista)



Cando coa fin da Segunda Guerra Mundial se decidiu que os principias criminais nazis debían ser procesados por un Tribunal Internacional, a opinión pública mundial agardaba que os industriais alemáns estivesen entre os acusados, xa que a súa responsabilidade era evidente. Eles financiaron a toma do poder por Hitler, financiaron o Partido Nazi, armaron a Wehrmacht, saquearon os países ocupados, explotaron o traballo escravo de millóns de prisioneiros, expandiron o seu imperio e obtiveron moitos beneficios. Mais os industriais nazis non só sobreviviron á guerra coas súas fortunas intactas, senón que apenas sufriron castigo polos seus terríbeis actos. Coa axuda dos norteamericanos e do Vaticano, recuperaron rapidamente a súa influencia e pronto reconstruíron os seus imperios para voltar a se situaren entre as persoas máis ricas do mundo. Como foi posíbel? A principal razón foi que os americanos, quen emerxeran practicamente indemnes da guerra e cuxo empresariado foi de feito parte integrante da máquina nazi, fixeron un grande esforzo para borraren dos industriais alemáns calquera tipo de responsabilidade por causar a guerra e para evitaren que fosen xulgados polo Tribunal Internacional.

O fascismo é a forma que toma o poder burgués cando o poder económico se concentra no poder político e o Partido Nazi representaba a forma política da concentración do poder económico dos grandes empresarios alemáns. O Partido Nazi de Hitler endexamais tería podido tomar o poder ou librar unha guerra tan longa e cruel contra os pobos do mundo de non estar representado e apoiado pola industria alemá. Malia seren os industriais os organizadores, os que puxeron os cartos e os que obtiveron os beneficios da guerra, ficaron impunes. O obxectivo da guerra en Europa dos industriais era eliminar pola forza toda a súa competencia, facéndose coas súas empresas ou eliminándoas. Friedrich Flick e outros industriais continuamente confiscaban os recursos e as fábricas dos novos territorios que ocupa o exército nazi , a saquearen as plantas industriais dos países ocupados para estenderen os seus imperios, tanto dentro como fóra da Alemaña nazi.

Os industriais, parte integrante dos dirixentes nazis, asesoraban os nazis sobre onde atacar e a quen matar para se beneficiaren a si propios. Alfried Krupp era ministro de Armamento e Produción de Guerra con Hitler e entrou no goberno para planificar o saqueo organizado dos países que ían ser atacados. O biógrafo de Krupp, William Manchester (The Arms of Krupp1587-1968), describe un relato de Rumann, un vendedor de pinturas que estivo presente na reunión do 10 de maio de 1949 en que Hitler decide invadir Bélxica, Holanda e Luxemburgo. Krupp e outros cinco empresarios están a ollar o mapa de Europa. «Os catro cabaleiros sinalaron cos seus dedos certo lugar de Holanda. El escoitounos murmurar excitados: “Aquí está a cidade de ---. Está Müller; é voso”, e “Está Schimidt, ou Húber, que ten dúas plantas, debemos arrestalo”. Nun momento dado, Alfried comentou ao resto: “Esta fábrica é vosa” (p. 465). En maio de 1941, un mes antes da invasión da Unión Soviética, decidiuse que a compañía mineiro-metalúrxica BHO (Mitglied des Verwaltungsrats der Berg- und Hüttenwerksgesellschaft Ost) se apropiaría da infraestrutura e dos recursos naturais de Ucraína; Alfried Krupp era o director de BHO.

Os poucos industriais xulgados e encarcerados após a guerra foron liberados o 1 de febreiro de 1951 (durante a guerra de Corea). As súas xa curtas condenas foron rebaixadas a só tres anos polo Alto Comisionado dos EUA para Alemaña, John J. McCloy, quen mantiñan unha vella relación cos Rockfellers e foi coñecido como o “Presidente do establishment norteamericano”. As accións de McCloy confirmaron que aos imperialistas estadounidenses pouco lles importaban os crimes nazis e, de feito, substituíron os nazis como os novos líderes en cometer calquera tipo de crime contra os pobos do mundo no nome do anticomunismo. Enormes riquezas comezaron a volver ás mans dos industriais alemáns; moitos deles tiñan diñeiro agochado en países estranxeiros como Arxentina ou en distintas partes de Europa. En 1985, a revista Fortune publicou un listado coas cen persoas máis ricas do mundo e na parte alta había millonarios que foran prominentes membros do círculo íntimo de Hitler.

Os que financiaron o nazismo puideron reconstruír rapidamente os seus imperios industriais porque todas as decisións sobre a desnazificación feitas polas potencias aliadas non eran máis que mera retórica para tapar o seu programa de rehabilitación dos nazis. Por exemplo, as demandas relativas á desnazificación das potencias aliadas tamén incluían xuízos aos industriais alemáns que cometeran crimes de guerra. Despois do xuízo de 24 criminais nazis en Nuremberg, en tres dos doce seguintes xuízos de Nuremberg estaban implicadas algunhas das principais industrias nazis: os xuízos a I.G. Farben e a Krupp. Mais aínda que algúns dos acusados foron declarados culpábeis de algúns cargos, os seus xuízos foron unha farsa e os seus castigos insignificantes. Por exemplo, o banqueiro nazi Kurt von Schroeder, que canalizara diñeiro norteamericano ás organizacións nazis, foi sentenciado a só tres meses de prisión por crimes contra a humanidade.

Os industriais alemáns acusados tiñan vínculos moi fortes, mais ocultos, cos monopolios anglo-americanos, os cales ficaban cada ano máis expostos. Uns cantos exemplos demostran as estreitas relacións políticas e económicas entre os nazis e Henry Ford (Hitler concedeulle un premio a Ford e lucía unha fotografía súa no seu escritorio); a produción do equipamento militar alemán pola General Motors e pola ITT, a través das súas empresas subsidiarias Opel e Focke-Wulf respectivamente; o acordo secreto entre o Rockefeller's Standard Oil, Dupont e I.G. Farben, que permitía a Farben producir petróleo sintético para os militares alemáns; a colaboración dos irmáns Dulles co Banco Schroeder para ocultar activos bancarios dos nazis; e o amplo apoio que recibiron os nazis de Henri Deterding, o fundador da Royal Dutch Shell (Hitler e Goering asistiron ao seu funeral).

O avó de George W. Bush, o senador Prescott Bush, foi director e accionista de empresas estreitamente relacionadas cos patrocinadores financeiros dos nazis alemás, incluíndo a Thyssen e I.G. Farben. Inclusive após a entrada dos EUA na guerra, estas relacións continuaron até que os activos das súas empresas foron confiscados en virtude do Trading with the Enemy Act en 1942. Bush foi tamén director da Union Banking Corporation que representaba os intereses de Thyssen nos EUA. Participou tamén como conselleiro de cando menos unha empresa da rede internacional empresarial de Thyssen, o que lle permitira mover activos por todo o mundo. Prescott Bush tamén tiña vencellos coa Consolidated Silesian Steel Company (CSSC), a cal empregaba traballadores escravizados dos campos de concentración nazis, como por exemplo Auschwitz.

Moitos outros monopolios estadounidenses tiveron relacións estreitas coa Alemaña nazi. Torkid Rieber, o presidente da Texaco, proporcionou primeiro apoio material a Franco e despois a Hitler. Quixo actuar como un emisario de Goering ante Roosevelt, e financiou actividade a prol dos nazis nos EUA. Continuou a enviar petróleo a Alemaña despois do comezo da guerra, a desafiar o bloqueo británico no Atlántico. As actividades de Rieber finalmente foron interrompidas polo servizo de intelixencia británico MI.6.

Un grupo encabezado por James Mooney, da General Motors, presionou a Roosevelt para suspender os envíos de armas a Inglaterra e “mellorar” as relacións coa Alemaña nazi. Este grupo incluía a IT&T, Ford e Eastman Kodak.

Os bancos de Wall Street sempre apoiaron e financiaron os nazis, obtendo enormes beneficios destes tratos. Entre eles estaban J.P. Morgan Bank, Guaranty Trust, Chase Manhattan Bank e e cando menos tres compañías de Wall Street (Dillon, Read; Harris, Forbes; e National City Company).

Os socios norteamericanos e ingleses dos círculos financeiros e industriais alemáns non podían permitir expoñerse e ficar ao descuberto de as verdadeiras maquinacións detrás da guerra saíren á luz. Eran tamén conscientes de que participaren en “grandes negocios” responsábeis da guerra podía ser perigoso para o futuro, xa que estes golpeaban á propiedade privada, o auténtico corazón do sistema capitalista. Isto tiña que se evitar a calquera prezo. Ademais, era preciso satisfacer á opinión pública mundial.

Para enmascarar as verdadeiras razóns do branqueo de diñeiro de industriais nazis, os americanos presentaron diversos argumentos falsos. Estes resúmense na carta escrita o 13 de maio de 1946 polo fiscal xeral dos EUA, Robert Jackson, ao Presidente Truman. Jackson di que os xuízos serían demasiado caros e os industriais poderían saír absolvidos. Afirmaba que existía o risco de dar a impresión de que os industriais estaban sendo xulgados só polo feito de ser industriais, engadindo que isto era o máis probábel por os Estados Unidos «estaren asociados cos comunistas soviéticos e os esquerdistas franceses». Aconsellou que un ataque público á industria poderían desalentar unha futura cooperación en materia de armamento co goberno dos EUA. Ocultábase que este armamento sería dirixido no futuro contra a URSS e calquera outro país que representase unha ameza ao poder dos monopolios e á dominación do mundo por parte dos EUA. Jackson propuxo que só houbese un xuízo dos industriais e que de haber outros xuízos estes tiveran lugar nos respectivos estados, fóra do control internacional. Non era casualidade que a maioría dos industriais estivesen nas mans dos americanos.

Fronte a unha considerábel oposición das elites, o fiscal Telford Taylor logrou finalmente levar a cabo os xuízos contra Flick, I.G. Farben e Krupp. Cales foron os resultados? Por poñer un exemplo, no xuízo de Krupp, os anglo-americanos manobraron para evitaren que Gustav Krupp estivese no Xuízo Internacional de Nuremberg, onde sería procesado con Bormann e Goering, alegando “problemas de saúde”. En troca, o seu fillo Alfried foi xulgado, xunto con once dos seus directivos, polos norteamericanos nun xuízo separado, controlado absolutamente. Neste xuízo ningún acusado foi declarado culpábel de planificar, preparar, iniciar e levar a cabo guerras de agresión. Por crimes de guerra, saqueo e delitos relacionados co traballo escravista -non se fixo mención ás actividades dos acusados no territorio da URSS- os once foron condenados a penas de prisións de só tres a doce anos, e despois liberados prematuramente por McCloy. Os tribunais norteamericanos chegaron á conclusión de que os pobres industriais nazis merecían indulxencia especial, xa que actuaran nunha situación de “alta necesidade”.

Baixo unha forte presión da opinión pública dos seus propios países, os imperialistas anglo-americanos víronse forzados a entregar os políticos e xenerais nazis ao Tribunal Internacional. Mais seguiron afastando os industriais dos tribunais manténdoos en “prisión preventiva”, agardando o paso do tempo e atopar a oportunidade de estreitar as relacións con eles. O informe final de Telford Taylor ao Secretario do Exército nos Xuízos de Nuremberg (1949) desenmascara os incesantes esforzos por liberar os industriais nazis, os auténticos organizadores da agresión nazi, da responsabilidade de causar a guerra e por evitar que fosen xulgados polo Tribunal Internacional. Como evidenciou o informe de Taylor e outros documentos, estas manobras para salvar os industriais nazis da xustiza demandada polos pobos do mundo, foi deliberadamente ideado de antemán polo imperialismo anglo-americano.

No tocante aos industriais norteamericanos, moitos deles partidarios dos nazis, non só proporcionaron os nazis apoio material senón que tamén se beneficiaron enormemente dos seus negocios. Nunca ningún deles foi xulgado.


Os tres xuízos a industriais

1. O Grupo Flick foi un dos principais produtores de armas de Hitler e un importante explotador de man de obra escrava. No xuízo de Flick (de 19 de abril a 22 de decembro de 1947), o propio Flick e cinco directivos foron acusados de crimes de guerra, de crimes contra a humanidade e pertenza ás seguintes organizacións criminais: Partido Nazi e Círculo de Amigos de Himmler e as SS. Flick foi sentenciado a sete anos de prisión, dous dos seus directivos a 5 e dous anos e medio respectivamente, e os tres restantes foron absolvidos. Despois de ser liberado anticipadamente por McCloy en 1951, Friedrich Flick reedificou o seu imperio industrial, incluíndo unha participación en Daimler-Benz, converténdose nun dos individuos máis ricos do mundo. A lista de Forbes sinala o seu fillo e herdeiro, Friedrich Flick, como un dos cen multimillonarios máis ricos do mundo.

2. I.G. Farben elaborou o Zyklon B, o pesticida de cianuro empregado nas cámaras de gas do campos de execución e foi un imporante explotador de man de obra escrava. Chegou a construír unha fábrica cerca do campo de concentración de Auschwitz. No xuízo de I.G. Farben (de 27 de agosto de 1947 a 30 de xullo de 1948), 24 directivos foron acusados de planificar, preparar, iniciar e levar a cabo unha guerra de agresión e invadir outros países, crimes de guerra e crimes contra a humanidade; participación nunha organización criminal, as SS. Trece directivos recibiron condenas de prisión de até oitos anos, dez foron absolvidos e un non foi xulgado. I.G. Farben foi dividida en Bayer, BASF, Hoeschst e Agfa. As catros novas compañías prosperaron rapidamente e, despois dunha anticipada liberación por parte de McCloy en 1951, algúns dos antigos directivos de I.G. Farben pasaron a ser os seus líderes. Outros antigos directivos de Farben convertéronse nos líderes doutros monopolios alemáns como Telefunken.

3. O Grupo Krupp era o maior consorcio industrial de Alemaña e o principal fabricante de armamento. En 1943, Hitler nomeou a Alfried Krupp, que se unira ás SS en 1931, o seu ministro de Armamento e Produción de Guerra. Durante a guerra, as empresas Krupp utilizaron cerca de cen mil traballadores escravos en Alemaña e noutras fábricas roubadas en territorio ocupado. No xuízo Krupp (de 8 de decembro de 1947 a 31 de xullo de 1948), o propio Alfried Krupp e once directivos foron acusados de crimes contra a paz, crimes contra a humanidade e participación nun plan común para cometer crimes contra a paz. Alfried Krupp foi sentenciado a doce años de presión e dez directivos de tres a doce anos. Alfried Krupp foi liberado en1951 por McCloy e moitas doas súas antigas propiedades volveron ás súas mans. Aos dous anos, Krupp estaba de novo á cabeza das compañías europeas e, en 1963, Alfried Krupp foi outra vez o empresario máis rico e poderoso de Europa. Morto en 1967, a súa copia persoal do Mein Kampf de Hitler aínda permanecía na súa mesa de cabeceira.

Ler máis
0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com