Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Estado francés: Declaración da ROCML e da JCML
28/10/2010

ROCML (Agrupación Organizada dos Comunistas Marxista-Leninistas)
JCML (Mocidade Comunista Marxista-Leninista)

23 DE OUTUBRO

Comprometido desde antes do verán, o movemento de rexeitamento da reforma das pensións demostra unha mobilización que non se está desvanecendo. As mobilizacións reúnen a centos de miles ou millóns de persoas. A entrada do movemento xuvenil, a aplicación de formas máis radicais de loita como os bloques das refinerías de petróleo e o transporte (ferrocarril, transporte por estrada, aviación civil, autobús, metro) constitúe un fortalecemento do movemento.

Porén, malia as mobilizacións, despois dos días de accións e de manifestacións dos meses de setembro e outubro, unha cousa é clara: o equilibrio de poder mantense fixo. O poder político do capital despreza a vontade do pobo e está decidido a aprobar a reforma. Utilízase o discurso da “legalidade republicana”, e agora a provocación e a violencia policial. Pola súa parte, aos dirixentes sindicais e dos partidos políticos de esquerda semella faltarlles imaxinación e non propoñen nada que permita inclinar a balanza do poder a prol dos traballadores. Por que?

O certo é que non é a imaxinación o que lles falla, senón a vontade de enfrontar o poder coa consigna da retirada do proxecto de reforma. Os dirixentes reformistas que lideran os sindicatos e os partidos de esquerda non teñen este obxectivo. O seu é un escenario diferente centrado nas eleccións presidenciais e parlamentares de 2012, cun goberno de esquerdas (é dicir, socialista) como obxectivo.

Desde esta óptica, abóndalles con debilitar politicamente a Sarkozy e aos seus ministros apoiando (e nalgúns casos alimentando) o descontento popular, mentres sosteñen os parafusos da “legalidade republicana”, para que cando chegaren as eleccións, os traballadores non teñan outra forma de expresar o seu descontento que votando os partidos de esquerda, co resultado dun presidente e un goberno socialistas. De ter éxito este escenario, que pasaría co sistema de pensións imposto pola dereito en 2010?

Os traballadores non debemos facernos ilusións. Os dirixentes socialistas nunca ocultaron as súas intencións: todos están de acordo en que hai que traballar ou contribuír máis para obter unha pensión completa. E de gañaren no 2012, non van derrogar a reforma. No mellor dos casos, farían algún axuste. A Confederación Europea de Sindicatos (CES), á que pertencen a CFDT (Confederación Democrática Francesa do Traballo) e a CGT (Confederación Xeral do Traballo) tamén están de acordo con isto.

Esta é a razón do consenso de colaboración de clases feito entre os sindicatos e os partidos de esquerda para non esixir a retirada pura e simple do proxecto de reforma das pensións e por non poñer en práctica os medios para lograr este obxectivo.

Por iso Sarkozy e o seu goberno poden darse o luxo de permanecer impávidos na súa negativa a cederen ante as mobilizacións.

Conseguirán os seus fins?

A resposta está na mobilización e organización dos traballadores para facer fronte a un estado que non dubida en usar a forza e a provocación para defender os intereses do capital.

Temos que desprazar o equilibro de forzas a favor dos traballadores. Con este fin, a ROCML (Agrupación Organizada dos Comunistas Marxista-Leninistas) e a JCML (Mocidade Comunista Marxita-Leninista) chaman os seus militantes, simpatizantes, revolucionarios e sindicalistas combatentes a consolidar, ampliar e reforzar a mobilización nas súas seccións sindicais, sindicatos locais e departamentais, na Asemblea Xeral e demais asociacións populares e tomar as medidas necesarias para se opoñer á violencia policial e apoiar as vítimas da represión.

POLA RETIRADA TOTAL DA REFORMA

LOITEMOS CLASE CONTRA CLASE!

UNIDADE NA BASE E NA ACCIÓN!

BOTEMOS DO PODER AOS INIMIGOS DO POBO!

É A CLASE OBREIRA QUEN TEN QUE DIRIXIR A SOCIEDADE!


0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com